PCAP Leis PLACE.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE HABERÁN DE REXER PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA DE “MELLORA DE CAMIÑOS EN LEIS”. I.-ELEMENTOS DO CONTRATO. 1) OBXECTO E DELIMITACIÓN DO CONTRATO 1.1) Obxecto do contrato. O artigo 25.2 d) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, atribúe aos municipios competencia en materia de infraestrutura viaria e outros equipamentos da súa titularidade; e o artigo 26.1 a) desta norma establece coma servizos mínimos obrigatorios que deben prestar todos os municipios, os de vías públicas. TRABALLOS A REALIZAR: Descríbense no proxecto O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forman parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. En caso de contradición entre o Prego de cláusulas administrativas particulares e o Prego de prescricións técnicas prevalecerá o primeiro. 1.2) Delimitación do contrato. Para os efectos do presente prego e da LCSP, ao tratarse dun procedemento simplificado o presente contrato non está suxeito a regulación harmonizada, posto que esta modalidade aplícase aos contratos cuxo valor estimado é inferior á cantidade que figura no art. 159 da LCSP, en relación co art. 20 da citada norma. Neste sentido nos epígrafes 4 e 4.BIS do cadro de características indícase o valor estimado do contrato 1.3) Carácter transversal dos criterios sociais e ambientais De conformidade co establecido no art. 1.3 e concordantes LCSP os criterios sociais e ambientais son recollidos no presente prego de maneira transversal, en especial canto aos criterios de adxudicación e condicións especiais de execución , e esixencia de cumprimento da normativa laboral (en especial cumprimento de convenios e obrigas de pago de salarios, así como de prevención de riscos laborais) normativa social (persoas con discapacidade, igualdade de xénero, non discriminación de persoas) e medioambiental (adopción de medidas ambientais e ecolóxicas), et 1.4) Principios. De conformidade co art. 1 LCSP a presente contratación axústase aos principios de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, e non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores; e de asegurar, en conexión co obxectivo de estabilidade orzamentaria e control do gasto, e o principio de integridade, unha eficiente utilización dos fondos destinados á realización das obras. 2) PRESUPOSTO BASE DE LICITACIÓN DO CONTRATO E TIPO DE LICITACIÓN. Sinálase como tipo de licitación o importe do proxecto que figura na epígrafe 3 do cadro de características do contrato, realizándose a mellora mediante a baixa respecto deste. )75:73:71 6202/90/32 :AHCEF( OREMOR RAS REIVAJ OCSICNARF ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.