Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
2026/ABSSUB/000004 Certificación do acordo Raimundo González Carballo, Concelleiro Secretario da Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra. Certifico: que a Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión Ordinaria que tivo lugar o día 26.11.2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: 2.- MELLORA DA ILUMINACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE MONTE CARRASCO (MARCÓN) MEDIANTE SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE PROXECTORES LED. APROBACIÓN DO EXPEDIENTE. 2026/ABSSUB/000004 Examinado o expediente do contrato de subministro que se menciona na parte dispositiva deste acordo, resultan relevantes os seguintes feitos: 1.- Elaborouse o prego de prescricións técnicas do contrato de subministro mencionado na parte dispositiva deste acordo. 2.- A Concellería da Área de Promoción da igualdade, do Benestar, da Saúde e da Economía acordou o inicio deste procedemento simplificado con pluralidade de criterios. 3.- Formulouse o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán este procedemento aberto simplificado. 4.- Emitiuse o informe preceptivo do Secretario da Administración Municipal (por delegación da Asesoría Xurídica). Fundamentos xurídicos Primeiro.- O artigo 131 da LCSP establece que o procedemento aberto constitúe un dos procedementos ordinarios para adxudicar os contratos, e en consecuencia pode acudirse a este procedemento neste caso. Así mesmo, de conformidade co artigo 159 da LCSP, ao tratarse dun procedemento simplificado, deberá publicarse anuncio de licitación no perfil do contratante do Concello de Pontevedra. Segundo.- O prego de cláusulas administrativas particulares que consta no expediente de contratación cumpre coas determinacións establecidas no artigo 122 da LCSP e nos apartados 2 e 3 do artigo 67 do regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas aprobado por Real decreto 1098/2001, e nel se indica o réxime aplicable a este contrato. Terceiro.- A competencia para a aprobación do expediente de contratación así como dos pregos é da Xunta de Goberno Local de conformidade cos artigos 117 e apartado cuarto da disposición adicional segunda da LCSP. Á vista do exposto, e unha vez incorporados ao expediente o correspondente certificado de existencia de crédito orzamentario ou documento que legalmente lle substitúa expedido pola oficina de contabilidade, e o preceptivo informe de fiscalización emitido pola Intervención Xeral Municipal, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acorda: Primeiro.- Aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares (N60YOXA0JXFV4YL0), o prego de prescricións técnicas particulares (LB3U85NL8WAFBI8A) e o expediente de contratación do contrato cuxos datos se mencionan a continuación: EXPEDIENTE DO CONTRATO DE SUBMINISTRO “MELLORA DA ILUMINACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE MONTE CARRASCO (MARCÓN) MEDIANTE SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE PROXECTORES LED” 1 / 2 Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:BEU3QFP5UC7BPEO1

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.