Actos públicos informativos o de aperturas de ofertas

Otros Documentos Ver licitación
RESOLUCION DA ALCALDIA ASUNTO: CONVOCATORIA DA MESA DE CONTRATACIÓN PARA LICITACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DE OBRAS. EXP. 2026/C003/000005-2026/C003/000006 E 2026/C003/000007. Vistos os seguintes expedientes de licitación, mediante procedemento aberto simplificado e tramitación ordinaria, que rexerán para a:  Contratación de obras para a execución do proxecto “Mellora de rúas de acceso a Bribes”. Exp.2026/C003/000005. (POS + 2026); expediente aprobado por Resolución da Alcaldía núm.1639/2026, de 23/10/2026.  Contratación de obras para a execución do proxecto “Mellora de viarios en Padreiro de Arriba”. Exp.2026/C003/000006.(POS + 2026); expediente aprobado por Resolución da Alcaldía núm.1640/2026, de 23/10/2026.  Contratación de obras para a execución do proxecto “Pavimentación no núcleo de Mouzo do concello de Vimianzo”. Exp.2026/C003/000007.(POS + 2026); expediente aprobado por Resolución da Alcaldía núm.1643/2026, de 26/10/2026. Visto o disposto no RD 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e o establecido na cláusula 15ª do Prego de cláusulas administrativas particulares ao respecto da mesa de contratación así como o establecido no art.326 e na Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017, de contratos do sector público. Por todo o anteriormente exposto, en uso das facultades que confire a lexislación vixente en materia de réxime local, RESOLVO: Primeiro.- Designar aos membros da mesa de contratación que valorará as ofertas presentadas nos procedementos de licitación para contratar as obras que se sinalan nos antecedentes, coa seguinte composición:  Presidente: - D. Víctor Manuel Muíño Ramos, concelleiro de medio rural, medio ambiente, servizo de augas e parque empresarial. Suplente:D. Manuel Pose Tomé, concelleiro de rnato municipal, protección civil e hostalaría.  Vogais: -D. Francisco Javier Novoa Juíz, secretario do concello de Vimianzo en réxime de acumulación no concello de Vimianzo ou funcionario que legalmente o substitúa, vogal letrado. -D. Francisco Férnandez Armada, interventor ou funcionario que legalmente o substitúa, vogal interventor. -D. Julio Vázquez Rodríguez, arquitecto municipal do servizo de urbanismo. Suplente: D ª. Bielca González Ramos, técnica do servizo de urbanismo ou funcionario que legalmente a substitúa.  Secretaria: -Dª.Ivanna Vidal Domínguez, técnica de xestión da área de xestión administrativa ou funcionario que legalmente a substitúa. Segundo.- Convocar a mesa de contratación para o día 17 de novembro de 2026, ás 09:30 horas, en primeira convocatoria, e unha hora despois, en segunda convocatoria, na sala de sesións da Casa do Concello, para cualificar a documentación, e se fora o caso, avaliar as propostas achegadas ás seguintes licitacións:  Contratación de obras para a execución do proxecto “Mellora de rúas de acceso a Bribes”. Exp.2026/C003/000005. (POS + 2026); expediente aprobado por Resolución da Alcaldía núm.1639/2026, de 23/10/2026.  Contratación de obras para a execución do proxecto “Mellora de viarios en Padreiro de Arriba”. Exp.2026/C003/000006.(POS + 2026); expediente aprobado por Resolución da Alcaldía núm.1640/2026, de 23/10/2026.  Contratación de obras para a execución do proxecto “Pavimentación no núcleo de Mouzo do concello de Vimianzo”. Exp.2026/C003/000007.(POS + 2026); expediente aprobado por Resolución da Alcaldía núm.1643/2026, de 26/10/2026.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.