MEM-01-PP_2025-CON-85_HUMEDADES.pdf

Documento Adicional Ver licitación
SERVIZO DE ARQUITECTURA ORDEN DE INICIO MEMORIA XUSTIFICATIVA DO CONTRATO “SUBSANACIÓN DE HUMEDADES EN DIFERENTES ZONAS DE LA PARTE NORTE DEL PALACIO PROVINCIAL DE SAN MARCOS” 01.- OBXECTO E NATUREZA DO CONTRATO 02.- XUSTIFICACIÓN DA DIVISIÓN EN LOTES 03.- XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE. 04.- DURACIÓN DO CONTRATO 05.- XUSTIFICACIÓN DE PREZOS 06.- PREZO E ESTIMACIÓN DE CUSTOS DIRECTOS E INDIRECTOS 07 - CODIFICACIÓN CPV. 08.- CLASIFICACIÓN DO CONTRATISTA. 09.- PROPOSTA DE CRITERIOS DE PUNTUACIÓN 10.- FACTURACIÓN 11.- MEDIOS HUMANS E MATERIAIS ADSCRITOS Á EXECUCIÓN DO CONTRATO. 12.- RESPONSABLE DO CONTRATO 13.- VOGAIS NA MESA DE CONTRATACIÓN 1 San Marcos, 8 – 27001 Lugo – Tel.: 982 260 000 – Fax: 982 260 195 www.deputacionlugo.org IV76FTTJJ34CUTEM4QMCIEDOMM Fecha y Hora 08/09/2026 13:00:11 Este documento incorpora firma electrónica reconocida de acuerdo a la ley 6/2020, de 11 de noviembre, reguladora de Normativa determinados aspectos de los servicios electrónicos de confianza. Firmado por EFRÉN CASTRO CALOTO (DEPUTADO/A) Firmado por MÓNICA MARRAS MOSQUERA (RESPONSABLE SERVIZO, XEFE, COORDINADOR/A) https://etramite.deputacionlugo.org/verifirma- Url de verificación Página 1/6 lugo/code/IV76FTTJJ34CUTEM4QMCIEDOMM 01.- OBXECTO E NATUREZA DO CONTRATO O contrato de obra cuxa tramitación se propón ten por obxecto a execución das obras definidas no proxecto técnico redactado pola arquitecto, Belén López Gallego, para a subsanación de humidades aparecidas nos paramentos e falsos teitos producidas por filtracións causadas polas deficiencias nos encintados dos paramentos verticais, nos encontros coas carpinterías, ademais de a través das cornixas e da cuberta nas plantas segunda e baixo cuberta do extremo este da nave norte (sita entre Carril dos Romanos e o xardín do Palacio Provincial) do Palacio de San Marcos. 02.- XUSTIFICACIÓN DA DIVISIÓN EN LOTES. Os artigos 116.4. g) e 99.3 establecen que sempre que a natureza ou o obxecto do contrato o permitan, deberá preverse a realización independente de cada unha das súas partes mediante a súa división en lotes. Con todo, o órgano de contratación poderá non dividir en lotes o obxecto do contrato cando existan motivos válidos, que deberán xustificarse debidamente no expediente. As obras recollidas no proxecto describen as actuacións necesarias para a reparación das humidades nos paramentos e falsos teitos polo que a división en lotes non é viable. 03.- XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE A necesidade da contratación xustifícase dentro do deber xeral de uso, conservación e rehabilitación contido no artigo 135 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia que esixe que tódolos propietarios de terreos, construcións, edificios e instalacións terán que, entre outras, conservalos nas condicións legais para servir de soporte aos usos compatibles coa ordenación territorial e urbanística e, en toda caso, nas condicións de seguridade, salubridade, accesibilidade universal e ornato legalmente esixibles; realizar o traballos e as obras precisas para satisfacer os requisitos básicos da edificación establecidos nas normas legais que lles sexan esixibles en cada momento e realizar as obras adicionais por motivos turísticos ou culturais ou para a mellora da calidade e sostenibilidade do medio urbano. Esta obriga desenvólvese na actualidade na Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación e polo RD 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.