Lote 2.Certificado Mesa Contratación 12.06.2026. Apertura sobre 1 Declaración Responsable y documentación acreditativa requisitos previos.

Otros Documentos Ver licitación
Area / Unidade Documento CONTRATACION CT0000 4301AI03H0 VNB Código de verificación Expediente 851/2025/101 ²260R3D4K3L4Q453B0063-» ²260R3D4K3L4Q453B0063-» Data 18-06-2026 260R 3D4K 3L4Q 453B 0063 Asunto LOTE 2 REAPERTURA. CERTIFICADO MESA DE CONTRATACION DO 12 DE XUÑO DE 2026. SOBRE 1 DECLARACION RESPONSABLE E DOCUMENTACION ACREDITATIVA DE REQUISITOS PREVIOS CONTRATO DE SERVIZO DE MANTEMENTO E REPARACIÓN (LOTE 1) E LAVADO E LIMPEZA (LOTE 2) DOS VEHÍCULOS DO PARQUE MÓBIL MUNICIPAL Dona Mónica Vales Rodríguez xefa do Departamento do Servizo de Contratación e secretaria suplente da Mesa de Contratación do Concello da Coruña, CERTIFICA: Que na Mesa de Contratación do 12 de xuño de 2026 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo: 3. SOBRE 1 DECLARACIÓN RESPONSABLE E DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE REQUISITOS PREVIOS. 3.2. – Licitación 851/2025/101. – LOTE 2 (Reapertura) Contrato de servizo de mantemento e reparación (lote 1) e lavado e limpeza (lote 2) dos vehículos do parque móbil municipal. A Secretaria informa das proposicións recibidas e do nome dos licitadores presentados ao procedemento para a licitación do lavado e limpeza (lote 2) dos vehículos do parque móbil municipal. Número un e única. – Autolavados Mediodía, S.L. A continuación, a Secretaria da Mesa expón que en data 11 de xuño de 2026, procedeuse polo Servizo de Contratación ao descifrado e apertura dos sobres que conteñen a declaración responsable e acreditativa dos requisitos previos da licitación, de acordo coa posibilidade que ofrece a Plataforma de Contratación do Sector Público de realizar a apertura deste sobre con anterioridade á celebración da Mesa de Contratación, coa finalidade de axilizar as sesións da Mesa. Así mesmo, dáse conta aos membros da Mesa de Contratación do resultado do exame da documentación administrativa, tal e como consta na Plataforma de Contratación do Sector Público, e de conformidade co establecido no art. 140 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. Para os efectos previstos no art. 81 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, a Secretaria da Mesa de Contratación certifica neste acto que o licitador Autolavados Mediodía, S.L. presentou de forma correcta a súa documentación administrativa. Concello da Coruña - Plaza de María Pita 1 - 981 184 200 - A Coruña 1/2 En consecuencia, a Mesa de Contratación acorda admitir ao licitador presentado e publicar o resultado desta apertura na Plataforma de Contratación do Sector Público, onde se atopa aloxado o Perfil de Contratante, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares regulador do procedemento, e proceder á apertura do sobre 2, que contén as propostas suxeitas a avaliación mediante fórmula, nesta mesma sesión. E para que así conste, expido o presente certificado para os efectos oportunos e de incorporación ao expediente dixital do que trae causa. A Coruña, na data da sinatura dixital do presente documento. Visto e prace, A secretaria suplente da Mesa, O presidente suplente da Mesa, Xefa de Departamento Director da Área de Administración Xeral do Servizo de Contratación Mónica Vales Rodríguez Manuel Ángel Jove Losada Concello da Coruña - Plaza de María Pita 1 - 981 184 200 - A Coruña 2/2