Lotes 1 y 2. Certificado Mesa Contratación 22.05.2026 Apertura sobre 1 Declaración Responsable y documentación acreditativa requisitos previos.

Otros Documentos Ver licitación
Area / Unidade Documento CONTRATACION CT0000 4301AI0317 VNB Código de verificación Expediente 851/2025/101 ²1P4P3M735K2N485R0U4Jq» ²1P4P3M735K2N485R0U4Jq» Data 29-05-2026 1P4P 3M73 5K2N 485R 0U4J Asunto CERTIFICADO MESA DE CONTRATACION DO 22 DE MAIO DE 2026. SOBRE 1 DECLARACION RESPONSABLE E DOCUMENTACION ACREDITATIVA DE REQUISITOS PREVIOS CONTRATO DE SERVIZO DE MANTEMENTO E REPARACIÓN (LOTE 1) E LAVADO E LIMPEZA (LOTE 2) DOS VEHÍCULOS DO PARQUE MÓBIL MUNICIPAL. Dona Mónica Vales Rodríguez, xefa do Departamento do Servizo de Contratación e secretaria suplente da Mesa de Contratación do Concello da Coruña, CERTIFICA: Que na Mesa de Contratación do 22 de maio de 2026 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo: 3. SOBRE UN DECLARACIÓN RESPONSABLE E DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE REQUISITOS PREVIOS 3.1.- Licitación 851/2025/101 Lotes 1 e 2 Contrato de servizo de mantemento e reparación (lote 1) e lavado e limpeza (lote 2) dos vehículos do parque móbil municipal. A Secretaria suplente informa das proposicións recibidas e do nome dos licitadores presentados ao procedemento para a licitación do servizo de mantemento e reparación (lote 1) e lavado e limpeza (lote 2) dos vehículos do parque móbil municipal. LOTE 1: mantemento e reparación Número un. – Adrián Cacharrón Gómez Número dous. – Rodi Galicia, S.L. A continuación, a Secretaria da Mesa expón que en data 22 de maio de 2026, procedeuse polo Servizo de Contratación ao descifrado e apertura dos sobres que conteñen a declaración responsable e acreditativa dos requisitos previos da licitación, de acordo coa posibilidade que ofrece a Plataforma de Contratación do Sector Público de realizar a apertura deste sobre con anterioridade á celebración da Mesa de Contratación, coa finalidade de axilizar as sesións da Mesa. Así mesmo, dáse conta aos membros da Mesa de Contratación do resultado do exame da documentación administrativa, tal e como consta na Plataforma de Contratación do Sector Público, e de conformidade co establecido no art. 140 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. Para os efectos previstos no art. 81 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, a Secretaria da Mesa de Contratación certifica neste acto que todos os licitadores presentaron de forma correcta a súa documentación administrativa. En consecuencia, a Mesa de Contratación acorda admitir a todos os licitadores presentados e publicar o resultado desta apertura na Plataforma de Contratación do Sector Público, onde se atopa aloxado o Perfil de Contratante, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares Concello da Coruña - Plaza de María Pita 1 - 981 184 200 - A Coruña 1/2

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.