Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
N. Expediente 124/2026 F. Apertura 16/01/2026 Serie Contratacións de obras por procedemento aberto simplificado documental Asunto Local modular prefabricado para Oficina de Turismo de Combarro Trámite Aprobación expte de contratación Visto o expediente tramitado na aplicación electrónica Gestiona 124/2026 ao que se incorpora con data Memoria Xustificativa nos termos indicados no artigo 116 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, proxecto básico e de execución redactado polo Arquitecto colexiado Jose Antonio Sueiro Sueiro, Prego de cláusulas administrativas para contratar mediante procedemento aberto simplificado a execución de ditas obras, Informe emitido pola Intervención de existencia de gasto de carácter plurianual a executar nas anualidades 2026 e 2027 na anualidade 2026 se executará obra por importe de 12.738,11€ e no exercicio 2027 obra por importe de 100.252,61€ e informe xurídico emitido polo Secretario Xeral. Coa finalidade de axilizar a tramitación debido aos prazos de xustificación do investimento aos órganos financiadores, en atención ás consideracións realizadas reflectidas que constan no expediente e de conformidade co establecido no art. 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público ao que se remite o art. 116 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases de réxime local, 61 da Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración Local de Galicia e co motivo de axilizar a tramitación do correspondente expediente coa finalidade de que non se demore o seu inicio RESOLVO: Primeiro: Avocar a competencia da Alcaldía como órgano competente segundo o disposto no artigo 21.1º.q) da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local e concordante da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, delegada na Xunta de Goberno Local segundo Decreto de 28 de xuño de 2023, para a aprobación do expediente de contratación das obras de Local modular prefabricado para Oficina de Turismo de Combarro. Segundo: Prestar aprobación ao expediente de contratación das obras de Local modular prefabricado para Oficina de Turismo de Combarro, mediante procedemento aberto simplificado con varios criterios de adxudicación e presuposto base de licitación 112.990,72 € dispoñendo a apertura do procedemento de adxudicación. Terceiro: Prestar aprobación ao compromiso de gasto correspondente a futuros exercicios coa obriga de consignar no Orzamento do exercicio 2027 o respectivo crédito estipulado para esta anualidade, a fin de dar cobertura presupostaria á parte do contrato a executar en cada unha das anualidades a que se estenda o gasto. Cuarto: Facultar ao Sr. Alcalde para os trámites sucesivos do expediente. Mándao e asínao o Sr. Alcalde, co visto e prace, do que eu, Secretario Xeral dou fe. O Alcalde O Secretario Angel Moldes Martínez Juan F. Sánchez González Concello de Poio Praza do Mosteiro, Nº1, Poio. 36995 (Pontevedra). Tfno. 986770001. Fax: 986771277 OTERCED 6Y34KQA7W7QREY7NSAFWGFFQ3 :nóicadilaV .doC 6202/90/92 :ataD 4901-6202 :oremúN /lag.acinortceledes.oiopollecnoc//:sptth :nóiccerroC 1 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD