Autorizacion de Patrimonio

Otros Documentos Ver licitación
Concello de Poio Exp.: 0400/24 Promotor: Concello de Poio Asunto: instalación dunha oficina municipal de turismo Situación: entre a Praza da Chouza e o Peirao de Combarro (Poio) ANTECEDENTES 1 Concello de Poio promove o expediente de instalación dunha oficina municipal de turismo entre a Praza da Chouza e o Peirao de Combarro, concello de Poio. 2 De acordo co artigo 3.a do Decreto 93/2017 de 14 de setembro, polo que se regula a composición e funcionamento dos consellos territoriais de Patrimonio Cultural de Galicia, do Consello Asesor dos Camiños de Santiago e da Comisión Técnica de Arqueoloxía, considérase que non é preciso o informe preceptivo previo do Consello Territorial de Patrimonio Cultural. 3 Con data 23 de febreiro de 2024 emítese informe técnico que di o seguinte: “INFORME O Concello de Poio achega solicitude de autorización para instalar unha caseta ou módulo para punto de información turística nun sobreancho da beirarrúa entre a Praza da Chouza e o Peirao de Combarro, onde anteriormente se emprazaban uns colectores de lixo soterrados que na actualidade se atopan dous bancos e dúas xardineiras. O emprazamento proposto para esta caseta atópase na contorna de protección do Ben de Interese Cultural do Conxunto Histórico de San Roque de Combarro, declarado segundo o Decreto 3394/1972. Polo anterior, o elemento referido, en aplicación do art. 30.1 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, quedou integrado no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia coa consideración de ben catalogado, polo que as actuacións que se pretenden executar deberán contar coa autorización desta consellería en aplicación do artigo 45.1.b) da mesma lei. De acordo co artigo 39.1 da lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia, as intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento, terán que ser autorizadas pola consellaría competente en materia de patrimonio cultural, coas excepcións que nela se establecen. DESCRICIÓN DAS OBRAS As obras que se pretenden levar a cabo están recollidas no documento achegado co título Instalación de módulo para punto de información turística subscrito polo enxeñeiro técnico do Concello de Poio Iván Junquera Rodríguez. Na devandito proxecto indicase que o obxecto da actuación é o subministro e a colocación dunha caseta de dimensións exteriores de 6x2,5m destinado a punto de información turística. A caseta formalízase mediante estrutura de aceiro inoxidable conformando o armazón da volumetría trapezoidal proposta, panelado exterior de pranchas de aluminio composite e panelado interior con paneis contrachapeado sintético tipo Trespa, carpintería exterior de Avenida María Victoria Moreno, 43,6º 36003-Pontevedra Teléfono: 986 805 541 Fax 986 805 548 coordinacion.cultura.pontevedra@xunta.gal 7PiPcsULFiHv :EVC evc/lag.atnux.edes//:sptth :nóicacifireV

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.