MEMORIA DE JUSTIFICACION.pdf

Documento Adicional Ver licitación
ASUNTO: MEMORIA DE NECESIDADE DO CONTRATO DE OBRA “MELLORA ACCESO A VILARMEAO (CERCEDA)” 1.- Necesidade de execución da obra e competencia: A presente actuación ten por obxecto a execución dun novo edificio destinado a local cultural e social no lugar de San Mamede de Ferreiros, no termo municipal de O Pino (A Coruña), promovido polo Concello co fin de dotar á parroquia dun espazo de uso público para actividades sociais, culturais e recreativas. O Concello de O Pino de conformidade co artigo 25 da Lei de Bases de Réxime Local ten a competencia no mantemento da Infraestructura viaria e outros equipamentos da súa titularidade. Dada a necesidade deste Concello de executar o proxecto “LOCAL CULTURAL E SOCIAL EN SAN MAMEDE - FERREIROS”, elaborado polo arquitecto D. Isidro López Yañez con motivo da subvención concedida pola CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE ao abeiro do CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE E O CONCELLO DO PINO PARA A CONSTRUCIÓN DUN LOCAL CULTURAL E SOCIAL EN SAN MAMEDE DE FERREIROS por importe de 150.000,00€. Con tal motivo preténdese por parte do Concello realizar actuacións recollidas no proxecto referido. 2.- Contido - Obxecto do contrato: Aos efectos de concreción e determinación do obxecto do contrato faise constar que o obxecto do contrato está constituído pola execución do proxecto “LOCAL CULTURAL E SOCIAL EN SAN MAMEDE - FERREIROS”, elaborado polo arquitecto D. Isidro López Yañez con motivo da subvención concedida pola CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE ao abeiro do CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE E O CONCELLO DO PINO PARA A CONSTRUCIÓN DUN LOCAL CULTURAL E SOCIAL EN SAN MAMEDE DE FERREIROS por importe de 150.000,00€. 3.- Duración: O prazo para executar o porxecto anteriormente descrito e de seis meses. 4.- Xustificación do procedemento empregado: KCRH3FD67JJDEP5F3QW2W6796 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.onipo//:sptth :nóiccerroC 3 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD A contratación da execución do proxecto verificarase de conformidade co artigo 159 da LCSP, mediante procedemento aberto simplificado. 5.- Valor estimado, orzamento de licitación e aplicacións orzamentarias: O orzamento base de licitación (gasto máximo autorizado) para este contrato determinado de conformidade co previsto no artigo 100 da LCSP queda fixado na cantidade de 249.985,43€ - I.V.E. e demais tributos incluídos. O importe da adxudicación abonarase con cargo ao orzamento do Concello. O valor estimado do contrato resulta: 206.599,53 euros. Parttida presupuestaria de aplicación: 330.62203 6.- Lugar de prestación: Concello de O Pino. 7.- División en lotes: O obxecto do contrato non resulta susceptible de ser dividido en lotes segundo se desprende do informe emitido polo redactor do proxecto 8.- Responsable do Contrato: O enxeñeiro de camiños, canais e portos D. Isidro López Yañez. 9.- Órgano de contratación: O órgano de contratación competente é a Xunta de Goberno Local. 10.- Criterios de solvencia e adxudicación: Enténdese que a solvencia esixible considerarase acreditada por algún dos medios previstos na LCSP, concretamente esixirase en relación coa solvencia económica un volume mínimo de negocio igual ou superior ao valor do contrato (IVE incluído). Respecto a solvencia técnica esixirase unha relación dos principais traballos realizados análogos aos que se licitan.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.