PPT.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
O PINO – A CORUÑA PROXECTO DE EXECUCIÓN DE: LOCAL CULTURAL E SOCIAL EN SAN MAMEDE - FERREIROS AUTOR: Isidro López Yáñez Arquitecto Col. Nº.: 2.261 DATA: SETEMBRO DE 2026 POLÍG 15 O 8 N 90 O - D S E A L N T T A IA M G B O R D E E - C V O ÍA M L P A O S C T IE E R L V A A Nº 15 Teléfono:(981)57 07 70 - Fax:(981) 57 01 11 ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO, S.A. e-mail: estudiotg@estudiotg.es Ref: 26PI26003 Ayuntamiento de O Pino Local Cultural e Social en San Mamede - Ferreiros MEMORIA ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S.A. MEMORIA PROXECTO EJECUCIÓN DE: LOCAL CULTURAL E SOCIAL EN SAN MAMEDE AMES - A CORUÑA I.- ANTECEDENTES Redáctase o presente Proxecto a petición do Excmo. Concello de O PINO, coa finalidade de presentar ante os organismos oportunos para solicitar as oportunas subvencións que lle permitan executar as obras á maior brevidade posible. II.- OBXECTO DO PROXECTO Promotor: Concello de O Pino Redactor do Proxecto: Isidro López Yáñez ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. III. OBXECTO DO PROXECTO O presente proxecto ten por obxecto a execución dun novo edificio destinado a local cultural e social no lugar de San Mamede de Ferreiros, no termo municipal de O Pino (A Coruña), promovido polo Concello co fin de dotar á parroquia dun espazo de uso público para actividades sociais, culturais e recreativas. A actuación consiste na construción dunha edificación de nova planta, de configuración rectangular e dimensións aproximadas de 15,00 x 9,60 metros, complementada cun porche cuberto na súa parte traseira de arredor de 50 m². Este elemento concíbese como unha ampliación funcional do espazo interior, permitindo a súa utilización en diferentes condicións climáticas e reforzando a relación coa contorna. A proposta arquitectónica baséase na configuración de dous volumes diferenciados pero complementarios. Por unha banda, un volume principal compacto, de carácter máis tradicional, resolto mediante cuberta inclinada a dúas augas e acabado en cor branca, que se integra na linguaxe construtiva propia do medio rural. Por outra, un volume secundario correspondente ao porche, de menor altura, cuberta plana e acabado en cor gris antracita, que se presenta como un elemento anexo máis lixeiro e aberto. Esta diferenciación volumétrica permite unha lectura clara do conxunto e reforza a relación entre o espazo interior e o exterior, entendendo o porche como un espazo intermedio que amplía o uso do edificio e favorece a súa integración coa paisaxe. A disposición do acceso, mediante un retranqueo na fachada principal, introduce unha diagonal que organiza o espazo e conecta visualmente co porche, potenciando a continuidade espacial e funcional do edificio. A proposta responde á necesidade de mellorar a dotación de espazos públicos nun ámbito clasificado como sistema de espazos libres, sendo plenamente compatible co uso previsto e coa ordenación urbanística vixente, sen supoñer alteración substancial das condicións do lugar. IV. SITUACIÓN A actuación sitúase no campo da festa de San Mamede, no lugar de Ferreiros, dentro do termo municipal de O Pino (A Coruña), nun ámbito de carácter rural vinculado a espazos libres de relación veciñal. A parcela conta cunha superficie aproximada de 8.133 m² segundo a información catastral dispoñible, correspondente á referencia 15067A511013780000QY, e presenta unha configuración aberta con presenza de pradería e masas arbóreas próximas.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.