Informe de valoración de los criterios de adjudicación cuantificables mediante juicio de valor
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
## PROXECTO
LICITACIÓN POR LOTES Y VARIOS CRITERIOS DE ADJUDICACIÓN, DE LAS ACTUACIONES (A075.M002), (A081.M002), (A083.M002), (A088.M002) Y (A107.M002) PERTENECIENTES AL PERTE DE DIGITALIZACIÓN DEL CICLO URBANO DEL AGUA.
## PETICIONARIO
- Municipio: Concello de O Carballiño.
- NIF: P3202000J.
- Domicilio: Praza Maior, 1, 32500, O Carballiño, Ourense.
## AUTORÍA
- Redactor: Juan Carlos Castro García
- Colexiado: Nº 1.717 Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña
- Titulación: Enxeñeiro Técnico Industrial
## INFORME DE VALORACIÓN
## 1. Disposicións xerais
A pedimento da Mesa de Contratación, subscribe o presente informe o Enxeñeiro Técnico Industrial Juan Carlos Castro García, colexiado número 1.717 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos da Coruña, polo que se procede á valoración dos criterios susceptibles de xuízo segundo o exposto no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares no Anexo II, sendo os devanditos criterios os seguintes:
- Proposta técnica (25 puntos).
Valóranse as propostas das seguintes empresas:
- Espina y Delfin, S.L.
- Copasa Infraestruturas, S.L.U.
## 2. Valoración
## 2.1. Espina y Delfín, S.L.
A memoria presentada realiza unha análise detallada do ámbito da actuación, describindo de forma diferenciada as actuacións previstas nos distintos elemento, identificando a finalidade operativa de cada elemento de sensorización e a súa integración cos sistemas existentes. Evidénciase un coñecemento adecuado das instalacións e do funcionamento do sistema de saneamento municipal.
A metodoloxía de execución atópase amplamente desenvolvida e estruturada por actuacións e por tipoloxía de equipos, incluíndo fases de replanteo, preparación de materiais, instalación mecánica, eléctrica e de comunicacións, configuración, calibración, probas funcionais e posta en servizo. Descríbense ademais procedementos específicos para cada elemento de instrumentación, detallando condicións de montaxe, validación de medidas e integración cos sistemas de supervisión. A planificación temporal complétase cun cronograma detallado mediante diagrama de Gantt adaptado ás distintas fases do contrato.
En relación coa continuidade do servizo, a proposta identifica riscos específicos asociados ás instalacións en funcionamento, aos equipos de proceso, aos sistemas eléctricos e ás comunicacións, incorporando medidas preventivas concretas e estratexias operativas de execución orientadas a minimizar afeccións. Inclúense procedementos de preconfiguración en taller, posta en marcha progresiva e execución secuencial das actuacións, mellorando a seguridade e reducindo o impacto sobre a explotación habitual das instalacións.
A proposta incorpora melloras técnicas orientadas á optimización da explotación e control do sistema, destacando a definición dunha alarmística adaptada ás distintas instalacións e a implantación de protocolos específicos de verificación e posta en marcha dos puntos de medida. Así mesmo, prevese a configuración de parámetros de control e ferramentas de seguimento que contribúen a mellorar a supervisión, trazabilidade e capacidade de detección de incidencias durante a explotación das instalacións.
A memoria incorpora igualmente mecanismos de coordinación e validación das actuacións, así como de xestión de incidencias e comunicación co Concello.
En conxunto, trátase dunha proposta sólida e ben adaptada ao obxecto do contrato, cun elevado desenvolvemento metodolóxico e unha correcta planificación.
## Puntuación asignada: 19 puntos.
## 2.2. Copasa Infraestruturas, S.L.U.
A memoria presentada realiza unha análise detallada do ámbito da actuación correspondente á dixitalización do sistema de saneamento municipal, describindo as actuacións previstas nos distintos elementos da rede. A proposta identifica adecuadamente as características das infraestruturas existentes, a distribución das instalacións e os obxectivos de control e monitorización previstos para cada actuación.
A metodoloxía de execución preséntase estruturada segundo as distintas actuacións do lote, describindo os procedementos previstos para a instalación de sensores de proceso, analizadores de redes, control de fosas sépticas, instrumentación nos puntos singulares e sistemas de monitorización dos alivios. A memoria desenvolve as localizacións previstas, criterios de montaxe, integración e condicións de accesibilidade e mantemento dos equipos, incorporando apoio gráfico e descrición dos puntos de implantación.
A planificación temporal inclúe programación das actuacións mediante diagrama de Gantt e contempla a execución sobre infraestruturas en servizo, incorporando criterios orientados a compatibilizar a execución coa explotación habitual das instalacións.
En relación coa continuidade do servizo, identifícanse riscos asociados á instalación de sensores en liña, traballos sobre pozos e alivios, integracións e actuacións eléctricas, propoñéndose medidas preventivas específicas para minimizar afeccións. Inclúense protocolos de montaxe en carga, mantemento temporal de equipos existentes, probas previas, preconfiguración en taller, execución progresiva e posta en marcha controlada dos sistemas.
A proposta incorpora tamén melloras técnicas orientadas á mellora da explotación e control das instalacións, destacando a centralización dos sistemas de medida para facilitar mantemento e calibración, integración avanzada cos sistemas existentes, desenvolvemento de indicadores de seguimento enerxético, utilización de paneis específicos de control e adaptación das instalacións para facilitar a accesibilidade dos equipos e operación futura.
En canto á xestión de incidencias e coordinación, a memoria incorpora medidas organizativas e operativas para garantir a execución ordenada das actuacións e minimizar interferencias co funcionamento ordinario do servizo.
En conxunto, trátase dunha proposta moi completa e ben adaptada ao obxecto do contrato, cun elevado nivel de desenvolvemento metodolóxico, planificación clara, medidas preventivas ben definidas e melloras útiles para a explotación e control das instalacións.
## Puntuación asignada: 22 puntos.
## 3. Puntuación
En base ao exposto anteriormente, a puntuación asignada a cada licitador para cada lote é a mostrada na seguinte táboa.
| Licitador | Memoria técnica Lote 1 (puntos) |
|--------------------------------|-----------------------------------|
| Copasa Infraestruturas, S.L.U. | 22 |
| Espina y Delfin, S.L. | 19 |
En O Carballiño, a 20 de mayo de 2026
Juan Carlos Castro García