Informe de valoración de los criterios de adjudicación cuantificables mediante juicio de valor

Otros Documentos Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
## PROXECTO LICITACIÓN POR LOTES Y VARIOS CRITERIOS DE ADJUDICACIÓN, DE LAS ACTUACIONES (A088.M002) Y (A107.M002) PERTENECIENTES AL PERTE DE DIGITALIZACIÓN DEL CICLO URBANO DEL AGUA. ## PETICIONARIO - Municipio: Concello de O Carballiño. - NIF: P3202000J. - Domicilio: Praza Maior, 1, 32500, O Carballiño, Ourense. ## AUTORÍA - Redactor: Juan Carlos Castro García - Titulación: Enxeñeiro Técnico Industrial - Colexiado: Nº 1.717 Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña ## INFORME DE VALORACIÓN ## 1. Disposicións xerais A pedimento da Mesa de Contratación, subscribe o presente informe o Enxeñeiro Técnico Industrial Juan Carlos Castro García, colexiado número 1.717 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos da Coruña, polo que se procede á valoración dos criterios susceptibles de xuízo segundo o exposto no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares no Anexo II, sendo os devanditos criterios os seguintes: - Proposta técnica (25 puntos). Valóranse as propostas das seguintes empresas: - Construelectric Systems Galicia, S.L. - Copasa Infraestruturas, S.L.U. ## 2. Valoración ## 2.1. Construelectric Systems Galicia, S.L. A memoria presentada realiza unha análise detallada do ámbito da actuación e das características do sistema de saneamento municipal, describindo as EDAR afectadas, os puntos de vertido e os condicionantes asociados á instalación dos analizadores de fósforo e ás actuacións complementarias de obra civil. Evidénciase coñecemento das infraestruturas existentes e das condicións nas que se desenvolverán os traballos. A metodoloxía de execución estrutúrase en fases diferenciadas de implantación, obra civil, instalación dos equipos e integración final, describindo procedementos de replanteo, execución de soportes e canalizacións, instalación da instrumentación e validación funcional dos sistemas. Incorpóranse ademais medidas de control de calidade, xestión ambiental e rexistro documental das actuacións executadas. A planificación temporal resulta coherente co prazo previsto, incorporando cronograma detallado, indicadores internos de seguimento e posibilidade de execución simultánea de actuacións independentes. A memoria identifica riscos sanitarios, técnicos, climatolóxicos, organizativos e asociados ao PRTR, propoñendo medidas preventivas orientadas á minimización das afeccións e ao mantemento da continuidade do servizo. A proposta incorpora ademais un desenvolvemento específico da xestión de riscos e das medidas de continuidade do servizo, identificando de maneira detallada afeccións potenciais de carácter técnico, sanitario, organizativo e ambiental. Así mesmo, inclúe melloras técnicas e ferramentas orientadas á explotación futura das instalacións, como a actualización do inventario xeorreferenciado e sistemas de identificación dixital da documentación técnica, reforzando a operatividade e trazabilidade das actuacións executadas Así mesmo, defínese un sistema estruturado de xestión de incidencias, con clasificación por natureza e criticidade, comunicación directa co Concello e procedementos de seguimento e peche documental das actuacións realizadas. En conxunto, trátase dunha proposta moi completa e ben adaptada ao obxecto do contrato, cun elevado nivel de desenvolvemento técnico, planificación clara e medidas operativas orientadas á explotación e control das instalacións. ## Puntuación asignada: 24 puntos. ## 2.2. Copasa Infraestruturas, S.L.U. A memoria presentada realiza unha análise adecuada do ámbito da actuación correspondente á dixitalización dos puntos de vertido das EDAR de O Carballiño e Carrás, describindo as características das instalacións, os puntos de vertido e os condicionantes asociados á implantación dos analizadores de fósforo e á obra civil complementaria necesaria para o seu aloxamento. A proposta incorpora inspección previa dos puntos de mostraxe e análise das condicións hidráulicas e operativas para adaptar a implantación dos equipos ás condicións reais das instalacións. A metodoloxía de execución estrutúrase en fases diferenciadas de implantación, obra civil, instalación dos equipos e posta en marcha, describindo procedementos de montaxe, canalizacións, soportes, integración eléctrica e configuración dos sistemas de medida. Inclúense ademais procedementos de control de calidade, trazabilidade documental e validación funcional da transmisión de datos. A planificación temporal resulta coherente co prazo previsto para o lote, definindo fases sucesivas de execución e mecanismos de seguimento mediante indicadores internos e fitos intermedios de control. Así mesmo, identifícanse riscos sanitarios, técnicos, climatolóxicos e organizativos, propoñéndose medidas preventivas orientadas a minimizar afeccións ao funcionamento das EDAR e garantir a continuidade do servizo durante os traballos. A proposta incorpora tamén melloras técnicas orientadas á optimización do funcionamento dos sistemas de mostraxe e análise, incluíndo melloras operativas nas tomas de mostra, purgas programables, sistemas de limpeza e recirculación, alarmística baseada en limiares dinámicos, actualización xeorreferenciada do inventario e documentación dixital mediante códigos QR para facilitar explotación e mantemento. En canto á xestión de incidencias e coordinación, a memoria define unha estrutura organizativa específica, protocolos de comunicación co Concello, rexistro e clasificación das incidencias segundo criticidade e procedementos de resposta e seguimento documental. En conxunto, trátase dunha proposta moi completa e ben adaptada ao obxecto do contrato, cun bo desenvolvemento metodolóxico, medidas preventivas definidas e melloras orientadas á explotación futura das instalacións. ## Puntuación asignada: 21 puntos. ## 3. Puntuación En base ao exposto anteriormente, a puntuación asignada a cada licitador para cada lote é a mostrada na seguinte táboa. | Licitador | Memoria técnica Lote 2 (puntos) | |---------------------------------------|-----------------------------------| | Construelectric Systems Galicia, S.L. | 23 | | Copasa Infraestruturas, S.L.U. | 21 | En O Carballiño, a 20 de maio de 2026 Juan Carlos Castro García