Documento de aprobación del expediente
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
Expte. 3276/2026
Procedemento: Licitación por lotes das actuacións pertencentes ao PERTE de dixitalización do ciclo urbano da auga LOTE\_1: Actuacións B3: (A075.M002), (A081.M002) e (A083.M002); LOTE\_2: Actuacións B4: (A088.M002) e complementaria do B5 (A107.M002) .
Asunto: Aprobación da licitación de proxectos tipo B3, B4 e Complementaria do B5 do PERTE de dixitalización do ciclo urbano da auga
## RESOLUCIÓN DA CONCELLERÍA DELEGADA DE CONTRATACIÓN
Á vista dos seguintes antecedentes:
| Documento | Fecha/N.º |
|---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------|-------------|
| Proxecto tipoloxía B3 - Dixitalización de sistemas de saneamento e depuración | 06/04/2026 |
| Proxecto Tipoloxía B4 e complementaria do B5 - Dixitalización de puntos de verquido | 06/04/2026 |
| Decreto Nº 2026-0502 da Alcaldía, de aprobación dos proxectos de obras e nomeamento de Director de Obra e Coordinador de Seguridade e Saúde | 08/04/2026 |
| Providencia da Concellería de Contratación solicitando informes a Secretaría e Intervención | 10/04/2026 |
| Informe Xurídico de lexislación aplicable e procedemento | 13/04/2026 |
| Informe Intervención: RC Nº 2721/2026 (Proxecto Nº 2420016) | 14/04/2026 |
| Decreto Nº 2026-0543 aprobando o inicio do proceso de licitación | 14/04/2026 |
| Prego de Prescricións Técnicas | 06/04/2026 |
| Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares | 14/04/2026 |
| Informe de Intervención 2026-0091 | 15/04/2026 |
Á vista das características do contrato que se pretende adxudicar:
Tipo de contrato: administrativo
Subtipo del contrato: Obras
Obxecto do contrato: A contratación das obras consistentes na dixitalización dos sistemas de saneamento, depuración e puntos de vertedura no municipio do Carballiño, no marco do Proxecto integral de dixitalización do ciclo urbano da auga (tipoloxías B3 e B4).
O contrato inclúe a execución de instalacións, subministración de equipos e posta en marcha de sistemas de monitoraxe e control en infraestruturas existentes, conforme ao definido no Prego de Prescripcio-nes Técnicas Particulares e que inclúen:
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
## Lote\_1 - Proxecto tipoloxía B3 (Dixitalización de sistemas de saneamento e depuración)
- Instalación de sondas de nivel, sondas de pH, sondas de osíxeno, sondas de amonio/ nitrato, sondas de sólidos en suspensión, sondas de nivel de lodos, sondas de turbidez, analizadores de amonio, analizadores de redes, equipos de filtración e controladores de sensorización na EDAR do Carballiño (Arenteiro), na EDAR de Carrás e nas fosas sépticas do municipio (Actuación A075).
- Instalación de controladores de nivel, alivio e calidade de auga en puntos singulares dá rede de saneamento (Actuación A081).
- Instalación de sondas de nivel, sondas de pH, sondas de condutividade, sondas de turbidez e controladores de sensorización nos alivios dá EDAR do Carballiño (Arenteiro) e dá EDAR de Carrás (Actuación A083).
## Lote 2 - Proxecto Tipoloxía B4 e complementaria do B5 (Dixitalización de puntos de verquido)
- Instalación nos puntos de vertedura de equipos de filtración de mostras e de analizadores de fósforo total (Actuación A088 complementada ca A107)
Procedemento de contratación: aberto simplificado
Tipo de Tramitación: ordinaria
## Código CPV:
## Lote 1 - Proxecto Tipoloxía B3
- 38420000-5 - Instrumentos de medida do caudal, nivel e presión
- 38424000-3 - Equipos de medida e de control
- 32441100-7 - Instrumentos de medida de líquidos
- 45300000-0 - Traballos de instalación e montaxe
- 45259000-5 - Traballos relacionados co abastecemento e saneamento
## Lote 2 - Proxecto Tipoloxía B4 e complementaria do B5
- 38434000-6 - Analizadores
- 42912300-5 - Aparatos de filtrado ou depuración de auga
- 45300000-0 - Traballos de instalación e montaxe
- 45259000-5 - Traballos relacionados co abastecemento e saneamento
Valor estimado do contrato: 562.255,66 € + IVE
Presuposto base de licitación IVE excluído: 562.255,66 €
Lote\_1 (Actuacións tipo B3): 459.762,68 €
Lote\_2 (Actuacións tipo B4 + Comp.B5): 102.492,99 €
IVE%: 89.178,26 € (21%)
Lote\_1 (Actuacións tipo B3): 96.550,16 €
Lote\_2 (Actuacións tipo B4+B5): 21.523,53 €
Presuposto base de licitación IVE incluído: 680.329,35 €
Lote\_1 (Actuacións tipo B3): 556.312,84 €
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
Lote\_2 (Actuacións tipo B4 + Comp.B5): 124.016,51 €
Duración da execución:
Lote\_1 (Actuacións tipo B3): 8 semanas
Lote\_2 (Actuacións tipo B4 + Comp.B5): 6 semanas
Examinada a documentación que a acompaña, visto o informe de secretaría, e de conformidade co establecido na Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 e visto o decreto Nº 2024-1030 de delegación de competencias
## RESOLVO:
- I. Aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado das obras de 'Dixitalización dos sistemas de saneamento e depuración no Concello do Carballiño' (Proxectos tipoloxía B3) e o proxecto de 'Dixitalización de puntos de verquido de augas residuais' (Proxecto Tipoloxía B4 e complementaria B5)
- II. Aprobar os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares que rexerán o contrato e que figuran no expediente (CSV: 77HE5QANJEDDX35CW7CE5PLNA).
- III. Aprobar o gasto correspondente:
- IV. Dar conta da presente Resolución a Intervención aos efectos de practicar as anotacións contables que procedan .
- V. Publicar o anuncio de licitación no perfil de contratante co contido contemplado no anexo III da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
- VI. Publicar no perfil de contratante toda a documentación integrante do expediente de contratación, en particular o prego de cláusulas administrativas particulares e o de Prescricións Técnicas xunto cos Proxectos.
| Exercicio | Aplicación presupostaria | Importe |
|-------------|----------------------------|--------------|
| 2026 | 161.00.623.02 | 680.329,35 € |
A documentación necesaria para a presentación das ofertas ten que estar dispoñible o mesmo día da publicación do anuncio de licitación.
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
<!-- image -->
- VII. Designar aos membros da mesa de contratación e publicar a súa composición no perfil de contratante:
2. -Monserrat Casas Cabido, (Tesoureira da Corporación), que actuará como Presidente da Mesa
- María Eugenia Pérez Antón, Vocal (Secretaria da Corporación), que actuará como Secretaria da Mesa.
- Luis Nieves Alonso, Vocal (Interventor da Corporación).
- Diego Caderno González, Vocal (Técnico de Intervención).
- Sergio Mascareñas Nogueiras, Vocal (Arquitecto Municipal).
## <DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE>
<!-- image -->