Informe de insuficiencia de medios

Otros Documentos Ver licitación
EXPEDIENTE Nº 29/2026 INFORME DE INSUFICIENCIA DE MEDIOS DO CONTRATO PRIVADO PARA O ALLEAMENTO DE MADEIRA NO M.U.P. N.º 547 GALIÑEIRO, CALDEIRÓN E OUTROS (LOTE 14/2026) A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transponen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, no seu artigo 30 expón en que suposto debe actuarse con medios propios e cando procede recorrer a terceiros. A este respecto para a prestación de servizos senta o principio de execución pola propia administración, ao establecer: “3. A prestación de servizos realizarase normalmente pola propia Administración polo seus propios medios. Con todo, cando careza de medios suficientes, previa a debida xustificación no expediente, poderase contratar de conformidade co establecido no Capítulo V do Título II do Libro II da presente Lei.” A efectos de garantir esta análise, ao regular a preparación dos contratos das Administracións públicas no artigo 116 establece a esta obrigatoriedade “4. No expediente xustificarase adecuadamente: f) Nos contratos de servizos, o informe de insuficiencia de medios.” O cal, de acordo co art. 63.3 debe ser obxecto de publicación xunto cos pregos que haxan de servir de base á contratación. Na contratación de servizos de carácter intelectual, haberá que xustificar a imposibilidade de acometelos con empregados públicos, e ademais ter en conta que estes contratos non poden encubrir relacións laborais. A este respecto o artigo 308.2 LCSP ACFGMRX9PWF5GGR99Y6Z6PJEA :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.snadagrom//:sptth :nóiccerroC 2 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD advirte de que en ningún caso a entidade contratante poderá instrumentar a contratación de persoal a través do contrato de servizos, incluídos os que por razón da contía tramítense como contratos menores. A plantilla de persoal da Entidade non conta con persoal profesionalizado e axeitado para a realización do obxecto do contrato, que consiste na tala e saca do aproveitamento madeirable no M.U.P Galiñeiro, Caldeirón e outros. Polo tanto, non existe persoal que teña asignadas as funcións obxecto da contratación que se pretende, requiríndose ademais os medios técnicos precisos. Considerando o anterior, enténdese que queda acreditada a insuficiencia de medios respecto á contratación do alleamento de aproveitamentos madeirables no M.U.P Galiñeiro, Caldeirón e outros. DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE AO MARXE ACFGMRX9PWF5GGR99Y6Z6PJEA :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.snadagrom//:sptth :nóiccerroC 2 a 2 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD