Condicionantes Augas de Galica

Otros Documentos Ver licitación
CONDICIONANTES INFORME SECTORIAL DE AUGAS DE GALICIA PROXECTO DE ORDENACIÓN PO-00021708L(1.3) Segundo consta na resolución de aprobación do proxecto de ordenación PO- 00021708L(1.3), aprobado con data 01.07.2022 e inscrito no Rexistro Galego de Montes Ordenados co número 360029-02: "Informe do Organismo Augas de Galicia. Recibido con data 09/05/2022 en sentido favorable condicionado". No devandito informe, en relación ás zonas de policía, fora da zona de servidume, indícase: En todo caso, respectarase o condicionado establecido na Orde do 25 de marzo de 2020, conxunta da Consellería do Medio Rural, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se aproban os pregos de condicións aos que haberán de suxeitarse os aproveitamentos madeireiros das especies contempladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, en terreos suxeitos a algún réxime de protección ou afectados por lexislación de protección do dominio público. Nesta Orde establécese o Prego de condicións para os aproveitamentos madeireiros das especies recollidas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, nos terreos que forman parte da zona de policía de leitos (5-100 m), no ámbito da demarcación hidrográ(cid:165)ica de Galicia-Costa. Este prego considérase xeneralizable para a realización de calquera tipo de traballo forestal ou tratamento silvícola na zona de policía, dende o punto de vista da protección ao Dominio Público Hidráulico. • Prohíbese utilizar as marxes ou ribeiras dos leitos, así como a zona de servidume como depósito de materiais, parques de maquinaria, lavados e, en xeral, todas cantas actividades que supoñan un risco de contaminación das augas ou alteracións do ecosistema asociado. • Prohíbese o depósito de restos da corta ou das podas, nin no leito do curso nin nas súas zonas de servidume. • Prohíbese acumular substancias, calquera que sexa a súa natureza e lugar en que se depositen, que constitúan ou poidan constituír un perigo de contaminación das augas (super(cid:165)iciais ou subterráneas) ou de degradación do seu contorno. • Prohíbese a vertedura directa ou indirecta de augas ou produtos residuais susceptibles de contaminar as augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico, agás que se conte coa previa autorización de Augas de Galicia. • Prohíbese vadear os ríos ou regatos coa maquinaria de corta e transporte, agás que se conte coa preceptiva autorización de Augas de Galicia. • Adoptaranse as medidas necesarias que garantan a estabilización de forma adecuada dos solos alterados tanto pola propia corta como polo tránsito de maquinaria necesaria para a corta e transporte, evitando a erosión e o posible arrastre de materiais que se puidesen incorporar ao leito, CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL XEFATURA TERRITORIAL Servizo de Montes Edi(cid:165)icio administrativo Campolongo, 2ª planta 36071 Pontevedra Tel. + 34 986 805 477 servizo.montes.pontevedra@xunta.gal ed nóicidnoc neñet otnemucod etsed lepap ne saipoc sA .ogidóc etsed sévart a selbacifirev náres e aipoc evc/lag.atnux.edes//:sptth 7qs9LueAMJcf :EVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.