Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Avda. De Ourense, s/n – 36900 Marín 986 88 03 00 I concellodemarin.es Ana Isabel del Cerro del Río, Secretaria Xeral do Concello de Marín, CERTIFICA: Que a Xunta de Goberno Local do Concello de Marín, en sesión ordinaria do día 24 de setembro de 2026 adoptou, por unanimidade dos membros presentes, o seguinte acordo: Expediente 6536/2026. Aprobación do expediente de contratación das obras contempladas no proxecto “Instalacións de saneamento e abastecemento na estrada PO-313. Tramo Cadro-Cadrelo” Plan + Provincia 2026-2027. ANTECEDENTES Primeiro. Con data 6 de agosto de 2026 a Xunta de Goberno Local, actuando como órgano de contratación, no exercicio das atribucións que lle foron delegadas por resolución da Alcaldía de data 20/06/2023, adoptou acordo motivado de iniciación da tramitación do expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, do contrato de obras “Instalacións de saneamento e abastecemento na PO-313. Tramo Cadro – Cadrelo”, motivándose a necesidade do contrato para o cumprimento e realización dos fins institucionais desta Administración Pública. Segundo. O presente investimento será financiado con cargo á subvención, por importe de 354.337,50 €, concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do Plan + Provincia 2026-2027. Terceiro. A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria celebrada o 18 de marzo de 2026, acordou aprobar o proxecto de “INSTALACIONES DE SANEAMIENTO Y ABASTECIMIENTO EN LA PO-313. TRAMO CADRO – CADRELO (MARÍN)”, segundo o proxecto asinado en outubro de 2025 polo enxeñeiro de camiños, canais e portos, D. Óscar Iglesias Vázquez, cun orzamento de execución por contrata, sen IVE, de 292.840,91 € (IVE incluído 354.337,50 €). Consta no expediente a acta de trazado previo, asinada o 24 de marzo de 2026. Cuarto. Incorporáronse ao expediente os preceptivos Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares (PCAP) e de Prescricións Técnicas (PPT), segundo os cales se tramita un expediente de carácter ordinario, cuxa adxudicación se propón por procedemento aberto simplificado con pluralidade de criterios de adxudicación suxeitos a xuízo de valor e avaliables mediante fórmulas. Quinto. Entre a documentación preparatoria do expediente, consta Memoria xustificativa da necesidade, idoneidade e eficiencia do contrato, subscrita polo enxeñeiro municipal, coa cal se dá cumprimento ás esixencias dos artigos 28 e 116.4 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. Con data 6 de agosto de 2026 incorporouse o informe xurídico favorable de Secretaría. Consta no expediente informe de fiscalización favorable do servizo de Intervención, de data 22 de setembro de 2026. Polo exposto, en virtude das competencias conferidas pola lexislación vixente e en uso das competencias delegadas por resolución da Alcaldía de 20/06/2023, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos membros presentes, acorda: 1 ODACIFITREC ES4YN44NHQKRKKR3NDDHAL374 :nóicadilaV .doC 6202/90/42 :ataD 8520-6202 :oremúN /lag.acinortceledes.niramedollecnoc//:sptth :nóiccerroC 2 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.