03_AUTORIZACION PATRIMONIO.pdf

Documento Adicional Ver licitación
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE PONTEVEDRA Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade Concello de Marín Avenida de Ourense s/n 36900 Marín Exp.: 3121/21 Promotor: Concello de Marín Asunto Rede de sumidoiros e senda peonil na PO-313 entre Cadro e Cadrelo. PK 4+120 - 5+035 Documentación: Proxecto construtivo asinado o 16.07.21 por Iago Carrasco Gago e Eloy Fernández-Valdés Gómez de Membrillera Situación: Cadro e Cadrelo, parroquia de Santo Tomé de Piñeiro (Marín) ANTECEDENTES 1 Concello de Marín promove o expediente de rede de sumidoiros e senda peonil na PO-313 entre Cadro e Cadrelo. PK 4+120 - 5+035, nos lugares de Cadro e Cadrelo, parroquia de Santo Tomé de Piñeiro, concello de Marín. 2 De acordo co artigo 3.a do Decreto 93/2017 de 14 de setembro, polo que se regula a composición e funcionamento dos consellos territoriais de Patrimonio Cultural de Galicia, do Consello Asesor dos Camiños de Santiago e da Comisión Técnica de Arqueoloxía, considérase que non é preciso o informe preceptivo previo do Consello Territorial de Patrimonio Cultural. 3 Con data 22 de novembro de 2021 emítese informe técnico que di o seguinte: “O concello de Marín remite solicitude de autorización para o proxecto Rede de sumidoiros e senda peonil na PO-313 entre Cadro e Cadrelo. PK 4+120 – 5+035, nos lugares de Cadro e Cadrelo, na parroquia de Santo Tomé de Piñeiro, no contorno de protección de varios hórreos recollidos nos planos de información do PXOM do concello de Marín. Segundo o artigo 159 da Normativa urbanística do PXOM do concello de Marín, ata que non se elabore un catálogo de hórreos, os hórreos recollidos nos planos de información considéranse protexidos cun contorno de protección de 50 metros, e calquera actuación no ámbito require autorización da Consellería de Cultura. Descrición das obras. As obras consistirán na implantación dunha rede de pluviais e unha rede de sumidoiros para a recollida das augas da choiva, e por outro a ampliación da rede de saneamento e abastecemento existentes que atende as necesidades dos núcleos de Cadrelo e O Pereiro, coa instalación de dous colectores de saneamento pola marxe esquerda da Po-313, enlazando coa rede municipal existente a altura do P.K.5+035. Asemade se realizará unha senda peonil accesible con formigón coloreado, sobre unha capa de 50 cm. de espesor de solo, manténdose unha solución uniforme para a totalidade do tramo proxectado, procurando, un ancho constante de 2,00 m (mín 1,80, adaptado), incluíndo o bordo, que excepcionalmente será de 1,50 m ( practicable) O itinerario peonil, en cruces e accesos, será rebaixado ao nivel da calzada creando un vao con baldosa táctil de advertencia. Consideracións e conclusións As actuacións consisten basicamente en obras de mellora do uso existente, sen que teñan incidencia sobre os elementos protexidos polo que, dende o punto de vista de protección do patrimonio, infórmanse favorablemente, coa condición de que no formigón se empregue unha cor beige, ocre ou gris con pouca saturación.” CONSIDERACIÓNS LEGAIS 1 É de aplicación na tramitación e resolución do presente expediente o disposto nas seguintes disposicións normativas:  Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.  Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. María Victoria Moreno, 43 – 6º 36003 Pontevedra Tlf. 986 805 543 – fax 986 805 548

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.