03_AUTORIZACION AXI.pdf

Documento Adicional Ver licitación
CONCELLO DE MARIN Avenida de Ourense, s/n 36900 Marín (Pontevedra) Expediente nº: IF204A/PO/2024/0321 Asunto: Resolución de autorización de obras na zona de dominio público da estrada PO-551 Solicitante: CONCELLO DE MARIN Actuación solicitada: PROXECTO "REDE DE SUMIDOIROS E SENDA PEONIL DA PO-313 ENTRE CADRO E CADRELO" Concello: MARÍN Estrada: PO-551 MARÍN (PAVILLÓN E. NAVAL) - RANDE (N-554) Puntos quilométricos: 4+130 A 5+040 Marxe: ESQUERDA (No sentido de avance da quilometraxe) ANTECEDENTES 1. O 29/02/2024 recibiuse neste servizo a solicitude de autorización presentada polo Concello de Marín para realizar as obras contempladas no proxecto construtivo Rede de sumidoiros e senda peonil na PO- 313 entre Cadro e Cadrelo. PK 4+120 - 5+035 2. Con data do 11/04/2024 o equipo de vixilancia de explotación emitiu un informe de campo tras visita ao lugar da solicitude. 3. O 28/05/2024 o enxeñeiro facultativo deste servizo emitiu un informe sobre a solicitude presentada. NORMATIVA APLICABLE 1. Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG 12/07/2013) e as súas modificacións. 2. Decreto 66/2016, do 16 de maio polo que se aproba o regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG 20/06/2016) e as súas modificacións. 3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE 02/10/2015). 4. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público. (BOE 02/10/2015). AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS Servizo Provincial de Pontevedra Avda. María Victoria Moreno, 43; 36003 Pontevedra 886 206 500 sp.axi.pontevedra@xunta.gal 1 / 6 7ozZFtwRkKe6 :EVC evc/lag.atnux.edes//:sptth :nóicacifireV CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS 1. De acordo co artigo 47.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade na zona de dominio público da estrada ou nas súas zonas de protección está suxeita ao deber de obter a correspondente autorización previa. 2. O obxecto da solicitude presentada cumpre co sinalado na Lei 8/2013, do 28 de xuño de estradas de Galicia e o seu regulamento, segundo o informe técnico do enxeñeiro facultativo de data 28/05/2024. 3. O artigo 43 Lei de Estradas de Galicia recolle os usos autorizables na zona de dominio público 1. Na explanación da estrada e na dos seus elementos funcionais só se poderán autorizar os seguintes usos. a) Cruzamentos subterráneos ou aéreos que sexan imprescindibles para darlles continuidade ás redes e infraestruturas de servizos públicos ou para conectarse a eles. b) Pasos inferiores ou superiores. c) Obras de acceso á propia estrada. d) Excepcionalmente, apoios de redes e infraestruturas aéreas de servizos públicos cando sexan empregados de xeito compartido coa rede de iluminación pública, fóra dos seus treitos urbanos e sempre que non se trate de apoios de redes eléctricas de alta tensión. Así mesmo, reposición de apoios de redes e infraestruturas aéreas de servizos públicos afectados por obras na estrada, no caso de que estas obras sexan promovidas pola administración titular da estrada. e) Excepcionalmente, conducións subterráneas lonxitudinais correspondentes a redes e infraestruturas de servizos públicos, cando se xustifique debidamente que polas condicións extremadamente dificultosas da orografía do terreo, ou pola súa condición urbana, non existe outra solución tecnicamente viable e se

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.