Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
Decreto Nº: 803/2026 - Fecha de decreto: 07/05/2026 Versión imprimible <!-- image --> ## CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA) Parque Municipal s/n CP 15320 Teléf.981453116 REL 01150709 CIF P1507100D https://sede.aspontes.org/opencms/gl/index.html Expte. Núm.: 2026C004/000008 Ref.: JSV DECRETO DE APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE LICITACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO SÚPER SIMPLIFICADO DO CONTRATO DE SERVIZOS 'INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS DE DESEÑO E IMPRESIÓN PARA A NOITE MEIGA 2026-2027' ## ANTECEDENTES DE FEITO -  En data 21/04/2026, emítese o informe de necesidade do servizo e de insuficiencia de medios. -  O PPT asinouse tamén en data 21/04/2026. -  O estudo de custes, que consta no expediente, ten data 28/04/2026, rexistrado pola sede electrónica municipal nesa mesma data (nº rex. 202699900001666) -  O PCAP ten data de abril; asínase o día 30/04/2026. -  A CPV do contrato, que se divide en dous lotes, é a seguinte: - Lote 1: Infraestrutura para actividade de feira (CPV 79955000-3). - Lote 2: Servizo de deseño gráfico e impresión (CPV 79823000-9). -  En data 30/04/2026 o secretario municipal emite informe xurídico favorable ao prego de cláusulas administrativas e á aprobación do expediente. -  O informe de fiscalización da intervención municipal núm. 250/2026 é de data 07/05/2026; no informe confírmase a existencia de crédito e fiscalízase de conformidade o expediente. ## FUNDAMENTOS Os artigos 28, 117.1, 135, e 159.6 da Lei 9/2017, do 08 de novembro, de contratos do sector público; nos artigos 184 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e 54 e 55 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, de desenvolvemento do capítulo I do título VI da Lei reguladora das facendas locais, que regulan a autorización dos créditos orzamentarios e o Decreto nº 2000/2024, de 4 de novembro, corrixido polo Decreto nº 2001/2024, de 5 de novembro, de delegación de competencias nos membros da corporación municipal, no seu punto 1º c), que designa a María Tania Pardo Cabarcos, como concelleira delegada da Área de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación. Á vista dos antecedentes e fundamentos citados, RESOLVO: - 1º) Aprobar o expediente de licitación do contrato de servizos 'Infraestruturas e servizos de deseño e impresión para a Noite Meiga 2026-2027'. O expediente tramitarase mediante procedemento aberto súper simplificado. - 2º) Publicar a licitación no perfil do contratante do órgano de contratación. - 3º) Autorizar crédito por importe de 38.512,25 € (19.018,40 para o 2026 e 19.493,85 € para o 2027) con cargo á partida orzamentaria 3383.22608. As Pontes de García Rodríguez, 7 de maio de 2026. A concelleira delegada da Área de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación María Tania Pardo Cabarcos