Acta del órgano de asistencia
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
Versión imprimible PROCEDEMENTO ABERTO, TRAMITACIÓN ORDINARIA, PROCEDEMENTO SÚPER SIMPLIFICADO, DO CONTRATO DE SERVIZOS 'INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS DE DESEÑO E IMPRESIÓN PARA A A NOITE MEIGA 2026'. ACTA DE APERTURA DAS OFERTAS ECONÓMICAS LOTES 1 E 2
<!-- image -->
O día 26/05/2026, ás 13:20 horas, procédese á apertura das ofertas económicas no procedemento mencionado, segundo as previsións contidas nos pregos de cláusulas administrativas que rexen esta licitación.
Efectúan a apertura Ana Velo Ruíz, Secretaria da corporación, e Xesús M. Soto Vivero, administrativo do Departamento de Contratación.
## Lote 1
Neste lote da licitación só se presenta un licitador que presenta a súa oferta dentro do prazo previsto no prego de cláusulas administrativas particulares.
A oferta presentada é a seguinte:
Contrato/concurso:
Noite Meiga 2026. Lote 1
Prezo de licitación:
29.742,34 €
| Nº | Nome Empresa | Oferta Económica Baixa (%) | Oferta Económica Baixa (%) | Puntuación Val. económica | Temeraria | Total |
|------|------------------------------|------------------------------|------------------------------|-----------------------------|-------------|---------|
| 1 | Santacompaña Producciones SL | 28.641,88 | 3,70 | 17,27 | Non | 17,27 |
Límite oferta temeraria:
28.552,65€
Non concorren empresas vinculadas. A oferta non presenta valores anormais ou desproporcionados.
De acordo co artigo 159.4 e 6 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante, LCSP), aplicable, de acordo co artigo 159.6 da LCSP, supletoriamente no procedemento aberto súper simplificado, proponse ao órgano de contratación a adxudicación a favor do único licitador que presentou a proposición que contén a oferta economicamente máis vantaxosa, o licitador Santa Compaña Producciones, SL, cunha oferta económica de 28.641,88 € (sen IVE) e 34.656,67 € (con IVE).
Deseguido, ao abeiro do artigo 159.4.3º da LCSP, comprobouse se o licitador proposto como adxudicatario está inscrito no ROLECE e no rexistro autonómico equivalente. O licitador atópase inscrito en ámbolos dous rexistros. De conformidade coa dita inscrición, queda acreditado que a empresa non está incursa en ningunha prohibición para contratar, que a entidade goza de capacidade xurídica e de obrar e verificase o apoderamento do asinante da proposición para formular a oferta. Nesta licitación non se esixe solvencia. O licitador está ao corrente das súas obrigas tributarias autonómicas, estatais e da Seguridade Social. O Concello das Pontes verificará que a empresa licitadora está ao corrente coas súas obrigas tributarias co concello.
## Lote 2
Neste lote da licitación hai un só licitador que presenta a súa oferta dentro do prazo previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, co seguinte resultado:
Versión imprimible
## CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
Parque Municipal s/n CP 15320 Teléf.981453116 REL 01150709 CIF P1507100D https://sede.aspontes.org/opencms/gl/index.html
Expte. núm. 2026/C004/000008 Ref.: JSV
<!-- image -->
| Nº | Nome Empresa | Oferta Económica | Baixa (%) | Puntuación Val. económica Temeraria | Total |
|------|-------------------------|--------------------|-------------|---------------------------------------|---------|
| 1 | Publiprinters Global SL | 1.377,32 | 33,97 | 100,00 Si | 100 |
Nesta licitación non concorren empresas vinculadas. Esta oferta presenta valores anormais ou desproporcionados.
De acordo co artigo 159.4 e 6 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante, LCSP), aplicable, de acordo co artigo 159.6 da LCSP, supletoriamente no procedemento aberto súper simplificado, proponse ao órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador que presentou a proposición que contén a oferta economicamente máis vantaxosa, o licitador Publiprinters Global, SL, cunha oferta de 1.377,32 € (sen IVE) e 1.666,56 € (con IVE), atopándose en oferta anormalmente baixa, polo que, acórdase requirir a dito licitador para que presente no prazo de 3 días hábiles dende o envío da notificación pertinente a documentación xustificativa da oferta presentada (paxs. 8 e 9 do PCAP do contrato). A documentación presentarase en formato dixital (PDF con firma electrónica) a través da sede electrónica do concello (https://sede.aspontes.com/es) ou da Plataforma de Contratación do Sector Público (https://contrataciondelestado.es).
Finalmente, remátase o acto de apertura de ofertas ás 13:30 h, da que se estende esta acta para a súa constancia.
As Pontes de García Rodríguez, 26 de maio de 2026.
A Secretaria Municipal
O administrativo de contratación