PPT.pdf
Documento Adicional
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
## CONCELLERÍA DE CULTURA CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
Rúa Rosalía de Castro, Nº 28, 1º · CP 15320 · Telf. 981440344· cultura@aspontes.org · NIF P1507100D https://sede.aspontes.org/opencms/gl/index.html Ref.:cultura Expdte.2026/C004/000008
## PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS BÁSICAS QUE REXERÁN A LICITACIÓN DO CONTRATO DE SERVIZO DE INFRAESTRUTURA E SERVIZO DE DESEÑO E IMPRESIÓN PARA A NOITE MEIGA 2026 e 2027.
## OBXECTO E ÁMBITO DO CONTRATO
O obxecto do presente contrato é a prestación de servizos para o programa de Noite Meiga 2026 e Noite Meiga 2027 que se vai desenvolver o día 23 de xuño na canle IV das Pontes. Esta actividade responde a celebración da noite de San Xoán que no noso Concello ten grande arraigo.
A celebración desta festa tradicional tende a organizarse en pequenos grupos pechados o que multiplicou os focos de folións. Por isto e co fin de facer unha celebración conxunta máis popular e aberta a toda a veciñanza organízase, dende hai anos un espazo con actividades que se desenvolven durante a tarde e noite do día 23 de xuño.
E para dar cobertura as necesidades de infraestrutura tanto para a realización de actividades como a para cubrir as condicións recollidas na LEI 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. No seu artigo 7º1. e. 'Os establecementos ou espazos abertos ao público, os espectáculos públicos e as actividades recreativas sometidas a esta lei deberán reunir as condicións de seguridade,calidade, comodidade, accesibilidade, salubridade e hixiene apropiadas para garantir os dereitos do público asistente e de terceiras persoas afectadas, a convivencia veciñal e a integridade dos espazos públicos, atendendo, como mínimo, a normativa reguladora dos seguintes aspectos: e) Salubridade, hixiene e acústica'
## PRAZO EXECUCIÓN :
Prazo de duración do contrato: edicións de Noite Meiga dos anos 2026 e 2027 .
LUGAR : As actividades realizaranse na Zona Canle IV (As Pontes)
Sen prexuízo do anteriormente exposto, cando a prestación do servizo de infraestrutura así o requira, ou cando por circunstancias de diversa índole (climatolóxicas, organizativas u outras ) se considere necesario, poderá realizarse a actividade en calquera outro lugar e ou adiarse a criterio do Concello das Pontes, sen que por parte da empresa adxudicataria poida formularse obxección algunha, sempre que a variación, alteración o modificación da programación fora comunicado con unha antelación mínima de 3 días á data de inicio da prestación dos servizos.
## LOTE 1.- INFRAESTRUTURAS PARA ACTIVIDADES
Os servizos abarcarán os seguintes aspectos: instalación en réxime de alugueiro incluídos a montaxe, desmontaxe, material necesario para montaxe e desmonte (grúas, cestos etc..), mantemento e traslados das infraestruturas necesarios, das carpas, módulos, iluminación e conexións eléctricas descritas no prego.
Todas as operacións de montaxe, deberán ser completadas coa garantía de que a montaxe foi
<!-- image -->
## CONCELLERÍA DE CULTURA CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
Rúa Rosalía de Castro, Nº 28, 1º · CP 15320 · Telf. 981440344· cultura@aspontes.org · NIF P1507100D https://sede.aspontes.org/opencms/gl/index.html Ref.:cultura Expdte.2026/C004/000008
realizada acorde a normativa e seguindo todas as medidas de seguridade establecidas. O Concello determinará onde se colocan as infraestruturas que a continuación se detallan.
## 1.- MÓDULO SANITARIO
- 1.1.-1 Módulo prefabricado de tamaño 6 x 2,40 m para servizos, con 8wc individuais con portas de acceso, máis 1 Wc para mobilidade reducida con lava máns interior . O módulo contará con 1 lava máns no exterior .
O módulo deberá atoparse en bon estado de limpeza e funcionamento e ter iluminación interior e conexión a rede de pluviais.
- 1.2.- Para este módulo de servizos sanitarios incluirase a 1 persoa de limpeza nas datas e horarios que se detallan: 1.
- Dende as 19:00 h do día 23 de xuño ata a 00:00 h do día 24 de xuño
## - Dende a 00:01 h ás 03:00 h do día 24 de xuño
Debendo encargarse a empresa da limpeza, mantemento e subministro de papel hixiénico e material de limpeza necesario para a duración de todo o evento.
## 2.- CARPA TIPO BEDUÍNA
1 carpa beduína tensada con capacidade para 140 persoas.
Medidas: diámetro de 11x11 e alto 4,5m máximo e mínimo 2m.
Lona: Cor terra, ignífuga, transpirable 100%, impermeable e hidrófuga. Materiais de madeira ignífuga e ancoraxes con ventos.
A carpa debe estar en perfecto estado de uso e cumprir coa normativa legal vixente na materia. A instalación da carpa deberá garantir a estabilidade estrutural e a seguridade da instalación durante todo o período de uso e asegurar a estabilidade da estrutura incluídas as derivadas das accións do vento.
## 3 . -GRUPO ELECTRÓXENO
- -1 xerador eléctrico de potencia 200kva, trifásico, insonorizado e homologado segundo a normativa CE. Antigüidade máxima do grupo: como máximo 4.000 horas de funcionamento. Depósito de gasóleo A cheo.(O Concello devolverá o grupo có depósito cheo de gasóleo A). Sen ningún defecto a terra do bobinado e con proteccións magneto térmicas e limitadores.
A empresa deberá limitar o espazo onde estea situado para evitar o acceso de persoal non autorizado.
Con tomas Cetaq de 32A,63A e 125A ademais de toma eléctrica de puntas libres.
O material debe ter facilidade de uso dos equipos de control para que sexan autoexplicativos
Datas do servizo: o grupo e demais material de conexión estará na localización indicada e dispoñible dende as 19.00h do día 23 de xuño ata as 03:00h do día 24 de xuño. Horas de funcionamento máximo: 9 horas.
<!-- image -->
## CONCELLERÍA DE CULTURA CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
Rúa Rosalía de Castro, Nº 28, 1º · CP 15320 · Telf. 981440344· cultura@aspontes.org · NIF P1507100D https://sede.aspontes.org/opencms/gl/index.html Ref.:cultura Expdte.2026/C004/000008
En caso de avaría do grupo electróxeno, este deberá ser reparado ou substituído nun prazo máximo tres horas.
Os lugares exactos de colocación do grupo electróxeno serán proporcionados polo servizo eléctrico do Concello das Pontes, que tamén revisará o material subministrado, podendo ordenar o rechazo ou substitución do material defectuoso subministrado.
Todos os equipos eléctricos deberán cumprir os regulamentos e lexislación vixente. Deberá cumprir co establecido na Lei 10/2017 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia e a Instrución 2/2018, de 26 de marzo, da Dirección General de Energía y Minas, sobre instalacións eléctricas temporais de baixa tensión.
## 4.- HAIMAS
- 3.1- 4 haimas de 5x5 con estrutura de aluminio recuberta de lona de PVC branca, ignífuga de
- 2,40m de altura mínima y máxima de 4m en cono superior e provista de lonas laterais
- 3.2.-1 haima de 3x3 con estrutura de aluminio recuberta de lona de PVC verde, ignífuga con lonas laterais dotada de mesas e cadeiras a modo de camarín para 10 persoas.
As carpas deben estar en perfecto estado de uso e cumprir coa normativa legal vixente na materia.
A instalación da carpa deberá garantir a estabilidade estrutural e a seguridade da instalación durante todo o período de uso e asegurar a estabilidade da estrutura incluídas as derivadas das accións do vento.
Contarán con cadros de conexión eléctrica con protección magnetotérmica e diferencial no interior das carpas.
## 5.-VALADOS ANTI-AVALANCHA:
8 valados anti-avalancha de prancha perforada, de montaxe modular, material de aceiro reforzado conforme a normativa seguridade DIN 4113 e ca normativa EN 13200-3:2005.
Medidas: 1 mt ancho x 1 mt alto x 2 mts de pé. Peso de 30 kg por unidade.
## 6- ILUMINACIÓN DECORATIVA
Na carpa beduína: 250mt lineais de microbombilla en led cor branca e cadro eléctrico segundo indique a organización.
4 cortinas de microbombillas de cor cálido e 8 proxectores
Iluminación zona da canle IV : 500mts lineais de guirnaldas de microbombilla en led de cor cálida.
Zona haimas de 5x5: 4 proxectores e cadro eléctrico
Zona módulo sanitario: con conexión e cadro eléctrico.
Todas as acometidas levarán mangueira adecuada con sección segundo potencia, con toma a terra.
A instalación eléctrica deberá cumprir co regulamento electrotécnico de baixa tensión R.E.B.T. e demais normativa aplicable as instalacións provisionais en exteriores FIRMADO POR Ana Barba Pazos (FECHA: 21/04/2026 13:48:00)
Versión imprimible
<!-- image -->
## CONCELLERÍA DE CULTURA CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
Rúa Rosalía de Castro, Nº 28, 1º · CP 15320 · Telf. 981440344· cultura@aspontes.org · NIF P1507100D https://sede.aspontes.org/opencms/gl/index.html Ref.:cultura Expdte.2026/C004/000008
A empresa adxudicataria deberá aportar as mangueiras necesarias para o subministro ao cadro eléctrico proporcionado polo Concello.
## 7- EXTINTORES
4 Extintores de 6Kg de CO 2 en perfecto estado de uso, e que cumplan a normativa legal vixente na materia.
## 8- MESAS
62 mesas de PVC de 1,80 x 0.76 x 74. pregables con sistema de seguridade antipeche
-
## 9- PHOTOCALL
Instalación de carácter escultórico que debe evocar o lume tradicional galego. A proposta deberá materializarse mediante unha composición volumétrica baseada en listóns dispostos de forma orgánica e dinámica, incorporando no seu remate superior un elemento figurativo que represente chamas e que integre a rotulación temática ' AS PONTES, NOITE MEIGA '. Esta instalación estará presente nas edicións dos dous anos de contratación.
A instalación deberá cumprir cos seguintes requisitos mínimos:
## 9. 1.Medidas
Lonxitude total: 10 metros de fronte.
Perfil de altura: deseño asimétrico, cunha altura mínima de 1,00 metro nos extremos laterais e unha altura máxima de 2,50 metros no punto central, cunha transición progresiva entre alturas. Configuración modular: que permitan o seu transporte, montaxe e desmontaxe de maneira eficiente.
## 9.2 Materiais e acabados
Os materiais empregados deberán garantir resistencia, durabilidade e seguridade, cumprindo coa normativa vixente.
Corpo principal: executarase mediante armazón de listóns de madeira tratada ou material equivalente con propiedades ignífugas, cun acabado en tons cinza e madeira natural que evoque visualmente unha pira tradicional.
Coroación: incorporarase un remate superior perimetral que simule linguas de lume, con acabado en cores vermella, laranxa e amarelo).
Rotulación: deberá incluírse na zona central o texto 'AS PONTES, NOITE MEIGA', executado no mesmo material que o conxunto.
9.3 Iluminación e efectos visuais. A instalación deberá incorporar un sistema de iluminación ornamental para funcionamento en horario nocturno, que cumpra cos seguintes requisitos:
Instalación dun mínimo de 8 proxectores LED RGB, situados na parte posterior da estrutura. Os puntos de luz xerarán xerando un efecto de incandescencia interna e potenciando a instalación A instalación eléctrica deberá cumprir co Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión (REBT) e demais normativa aplicable ás instalacións provisionais en exteriores.
<!-- image -->
## CONCELLERÍA DE CULTURA CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
Rúa Rosalía de Castro, Nº 28, 1º · CP 15320 · Telf. 981440344· cultura@aspontes.org · NIF P1507100D https://sede.aspontes.org/opencms/gl/index.html Ref.:cultura Expdte.2026/C004/000008
## Condicións mínimas que debe cumprir a empresa adxudicataria
As estruturas correspondentes as carpas deberán quedar perfectamente montadas, garantidas a súa seguridade estrutural. En este aspecto se esixirán as máximas garantías e a súa estrita observancia e cumprimento de correcto montaxe das estruturas así como o resto de normativa en vigor.
A única e exclusiva responsabilidade a tales efectos corresponderá á empresa adxudicataria declinando o concello das Pontes toda clase de responsabilidades.
As carpas e as haimas, deberán cumprir as certificacións de fabricación, a cualificación ignífuga M- 2 de lonas, a normativa europea UNE-EN 13.782 (estruturas temporais, carpas e sistemas de seguridade) perfís empregados na fabricación de pórticos e cálculos de resistencias e contar con seguro de responsabilidade civil.
A instalación do photocall deberá garantir a estabilidade estrutural e a seguridade da instalación durante todo o período de uso. Os módulos deberán instalarse sobre unha estrutura auxiliar tipo Layher ou sistema equivalente homologado cun sistema de reforzo estrutural posterior, que asegure a estabilidade do conxunto, incluídas as derivadas da acción do vento.
Con carácter xeral, o anterior equipamento haberá de ser subministrado, transportado, montado e instalado por persoal técnico debidamente cualificado, ademais de polo necesario persoal auxiliar ou de apoio.
O persoal asignado ao servizo pola empresa adxudicataria dependerá exclusivamente desta, ostentando respecto ao seu persoal todos os dereitos e deberes inherentes a súa calidade de empregadora e debendo cumprir as disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social e de prevención de riscos laborais, sen que en ningún caso poida alegarse dereito algún por dito persoal en relación co Concello, nin esixirse a este responsabilidades de calquera clase como consecuencia das obrigas existentes entre o adxudicatario e os seus empregados.
A empresa adxudicataria designará unha persoa representante con poderes suficientes para a resolución inmediata de cantos defectos, incidencias ou problemas sexan observadas na prestación do servizo.
Calidade técnica: A empresa adxudicataria será a responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para o Concello das Pontes e para terceiras persoas por omisión, erro ou métodos inadecuados.
A empresa adxudicataria aportará póliza de seguro en vigor, suficiente para responder de posibles danos a terceiros producidos por la instalación.
A empresa adxudicataria deberá limitar perfectamente o espazo na montaxe e desmontaxe dos equipamentos cando estas actividades comporten risco para as persoas, cos elementos e medios de protección que sexan necesarios.
A empresa adxudicataria será a responsable da tramitación das licencias e autorizacións sectoriais precisadas ao marxe das municipais.
De acordo co disposto no artigo 202 da Lei 9/2017 do 8 de novembro de Contratos do Sector Público, resulta obrigatorio introducir unha condición especial que versa sobre o mantemento e mellora dos valores ambientais que poden verse afectados pola Execución do Contrato e que consiste no seguinte:
<!-- image -->
## CONCELLERÍA DE CULTURA CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
Rúa Rosalía de Castro, Nº 28, 1º · CP 15320 · Telf. 981440344· cultura@aspontes.org · NIF P1507100D https://sede.aspontes.org/opencms/gl/index.html Ref.:cultura Expdte.2026/C004/000008
retirada de todo tipo de refugallos correspondentes á montaxe da carpa, unha vez terminado o evento, e que o material sexa reciclado nos contedores habilitados para o efecto.
## PRAZO DE EXECUCIÓN :
Prazo de duración do contrato: días 23 e 24 de xuño de 2026 e 2027 , non obstante, a montaxe dalgúns elementos poderá comenzar días antes e as de desmontaxe os días seguintes do evento.
## LOTE2.- TRABALLOS DE IMPRESIÓN E DESEÑO.
Este contrato ten por obxecto a realización de carteis do evento Noite Meiga para o ano 2026 e para o ano 2027, incluíndo o deseño das dúas edicións, impresión e distribución dos mesmos. Os servizos abarcarán os seguintes aspectos:
## 1.- DESEÑO DO CARTEL
Deseño de cartel que será a imaxe promocional da 'Noite meiga'. A obra presentada deberá referirse a noite de San Xoán, plasmando as referencias desta celebración. O traballo debe ser orixinal e inédito, todos os elementos do cartel deberán ser orixinais, agás os logos ou grafías do Concello das Pontes de García Rodríguez. A obra será presentada exclusivamente en soporte dixital en cuatricomía excluíndo cores, prata, ouro ou fluorescentes. Tódalas imaxes presentadas terán que estar libres de dereitos a terceiros.
A empresa adxudicataria remitirá a proposta de cartel e incluirá o texto indicado polo Concello.
## 2.- ADAPTACIÓNS E PRESENTACIÓN
As adxudicataria deberá presentar as adaptacións das creatividades seguintes:
- Adaptación a formato A3.
- Adaptación do deseño para cartel, que será distribuído polos establecementos locais, de medida maior a un A3.
- Adaptación do deseño do cartel a gran formato para os edificios de Dopeso (en formato A19 e para Auditorio Municipal Cine Alovi ( 0,70x 1,00m).
- Adaptación do cartel para os diversos formatos de prensa (papel e dixital) para banners e cabeceiras de RRSS e web.
- 3.- IMPRESIÓN e DISTRIBUCIÓN
- 3.1. Impresión de 300 unidades do cartel do evento ( da adaptación realizada para distribución por establecementos) a toda cor, en papel estucado, de 150 gr.
- 3.2. Impresión das adaptacións de gran formato para edificios Dopeso e Alovi: 1 cartel por edificio.
- 3.3. O contrato inclúe o reparto de carteis do evento nos seguintes establecementos e espazos:
<!-- image -->
## CONCELLERÍA DE CULTURA CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
Rúa Rosalía de Castro, Nº 28, 1º · CP 15320 · Telf. 981440344· cultura@aspontes.org · NIF P1507100D https://sede.aspontes.org/opencms/gl/index.html Ref.:cultura Expdte.2026/C004/000008
edificios municipais, comercios e locais de hostalería do núcleo urbano e parroquias, así como noutros lugares designados polo Concello.
Os traballos realizados en calquera dos apartados serán propiedade do Concello das Pontes .
De acordo co disposto no artigo 202 da Lei 9/2017 do 8 de novembro de Contratos do Sector Público, resulta obrigatorio introducir unha condición especial que versa sobre o mantemento e mellora dos valores ambientais que poden verse afectados pola execución do contrato e que consiste no seguinte: o adxudicatario verase obrigado a unha recollida selectiva dos residuos xerados durante a execución do contrato. Así mesmo deberá retirar os embalaxes e envases baleiros, para depositalos nos contedores correspondentes ou, no punto limpo ou outro sistema de xestión de residuos autorizado. Todo o material que poida ser reutilizado, unha vez recollido entregarase no Concello para a súa reutilización .
## PRAZO DE EXECUCIÓN
Data de entrega: 10 días antes do evento.
As Pontes de García Rodríguez a data da sinatura dixital Ana Barba Pazos-Xestora Cultural