Informe de valoración de los criterios de adjudicación cuantificables mediante juicio de valor

Otros Documentos Ver licitación
Datos Do Expediente: PROCEDEMENTO ABERTO Unidade Tramitadora: Servizos Basicos e Mantemento – JOS Número expediente: Documento:  CON/2026/77  BAS1AI0101 5Y4Q 0B4B 700Y 3R2O 04A4 ²5Y4Q0B4B700Y3R2O04A4h» ²5Y4Q0B4B700Y3R2O04A4h» SERVIZOS BÁSICOS E MTO. ASUNTO: INFORME TÉCNICO DA VALORACIÓN NUMÉRICA DO APARTADO CRITERIOS SUXEITOS A UN XUÍZO DE VALOR EN RELACIÓN AO PROCESO DE CONTRATACIÓN DO SERVIZO DENOMINADO “SUBMINISTRACIÓN DE ILUMINACIÓN EXTERIOR ORNAMENTAL DAS RÚAS E PRAZAS DO CONCELLO DE NARÓN DURANTE AS FESTAS DE NADAL 2026-2027”. O Xefe de Servizos Básicos, a efectos de evaluar as ofertas presentadas para a contratación do servizo denominado SUBMINISTRACIÓN DE ILUMINACIÓN EXTERIOR ORNAMENTAL DAS RÚAS E PRAZAS DO CONCELLO DE NARÓN DURANTE AS FESTAS DE NADAL 2026-2027, INFORMA: Para a valoración das ofertas no apartado “Criterios non avaliables de forma automática”, aplicaranse os criterios que figuran no prego de claúsulas administrativas obxeto deste contrato, que son as que seguen: “De acordo co establecido na cláusula 14.2., os criterios para a adxudicación do procedemento aberto son os seguintes: FASE I: Criterios non avaliables de forma automática (Até 40 puntos). A memoria-proxecto decorativo de iluminación exterior das rúas e presentada será valorada segundo os seguintes aspectos - Coherencia do deseño da iluminación, así como con respecto ao PPT (13 puntos). - Orixinalidade e innovación nos deseños da iluminación. (15 puntos). - Plan de instalación e mantemento. (12 puntos). Establécese unha puntuación mínima do 50% (20 puntos) dos criterios relacionados “ut supra”, para poder continuar no proceso de licitación, en aplicación do estipulado no artigo 146.3 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público”. Tendo en conta os parámetros a evaluar expostos e unha vez analizada a oferta presentada pola única empresa licitante, CREACIONES LUMINOSAS S.L.; puntúase a proposta conforme figura no seguinte cadro: EMPRESA COHERENCIA ORIXINALIDADE INST. E MANTEMENTO TOTAL OFERTANTE PUNTUACIÓN CREACIONES 8 12 10 30 LUMINOSAS S.L. Pasando a expoñer as consideracións a ter en conta da oferta presentada: CREACIONES LUMINOSAS S.L.: 1.- Percíbese segundo o proxecto artístico incluído na memoria, un aceptable nivel de coherencia entre os elementos que conforman o deseño da iluminación e con respecto ao indicado no PPT, tanto en medidas, como en tipoloxía dos elementos. 2.- Á vista do proxecto iluminación presentado, constátase un notable nivel de orixinalidade e innovación dos elementos que o compoñen, aportando deseños en algún caso moi aillado, foron reproducidos na iluminación ornamental deste concello en anos anteriores. 3.- No apartado de Plan de Instalación, faise referencia aos medios persoais e equipos a dispoñer para a realización do contrato. Establécese unha planificación de traballos, aínda que non acota os tempos de execución de cada unha das fases. Con respecto ao mantemento, establece os medios persoais e equipos asignados, o seu reforzo en condicións meteorolóxicas previsibles, así como o procedemento de mantemento diario e reparación de avarías. Indica o tempo de intervención en avarías. Este é o meu informe que emito para os efectos oportunos en Narón, CONCELLO DE NARÓN FIR$TECNICOS 33 CONCELLO DE NARÓN Concello de Narón - Praza de Galicia S/N - 981 33 77 00 - Narón