Concello de Vilaboa
Expediente núm.: 1915/2026
Procedemento: Contratacións – contrato aberto simplificado
PROVIDENCIA DE ALCALDÍA
Visto o proxecto de HUMANIZACIÓN DE VIAIS NAS PARROQUIAS DE
VILABOA subscrito polo enxeñeiro de camiños, canais e portos, colexiado N.º 30.511
Rubén Calvarro Rivadulla o 01/04/2026, cun orzamento IVE incluído de 445.515,67 €
(368.194,77 € + IVE 77.320,90 €), que foi aprobado por Resolución da Alcaldía 2026-
0965 do 3 de setembro, así como o anexo de melloras para a licitación da obra.
Consta acta de trazado previo do 09/09/2026.
Consta informe do arquitecto municipal para a elaboración dos pregos, do 07/09/2026.
De conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2017 do 8 de
novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento
xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e
2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, DISPOÑO
PRIMEIRO. Iniciar o expediente para a contratación descrita nos antecedentes
mediante procedemento aberto simplificado.
SEGUNDO. Xustificar a celebración do contrato polos seguintes motivos establecidos
na memoria: O estado actual de moitos viais municipais é moi deficiente, cun deterioro
acusado do acabado do asfalto que dá lugar ao depósito de auga de choiva, con
presencia de abundantes fochancas de dimensións notables co conseguinte risco para a
seguridade, polo que se considera que a actuación reviste certa urxencia.
Queda acreditado que a contratación mediante un contrato de obras é a forma máis
idónea e eficiente de levar a cabo os fins do Concello.
TERCEIRO. Ordenar a redacción dos pregos de cláusulas administrativas particulares
e de prescricións técnicas que deben rexer o contrato e o proceso de adxudicación.
CUARTO. Que se emita Informe de Secretaría e de fiscalización de Intervención
QUINTO. Dar conta de todo o actuado a esta Alcaldía para resolver o que proceda.
O alcalde, César Poza González
Concello de Vilaboa
C/ Toural, 1, Vilaboa. 36141 (Pontevedra). Tfno. 986708215. Fax: 986708387
DZKG943ZMLKDQFA3ZCRZT5TA5
:nóicadilaV
.doC
/se.acinortceledes.aobaliv//:sptth
:nóiccerroC
1
a
1 anixáP
|
ocilbuPse
anoitsex
amrofatalp
a edsed
etnemacinortcele
odanisa
otnemucoD
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.