Autorizacion Deputacion.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Deputación Pontevedra CONCELLO DE VILABOA Rúa TOURAL NO: 1 Vilaboa (Pontevedra) 36141 EXPEDIENTE: 2026026372 CONCELLO: Vilaboa ESTRADA: 0103 | N-550-LAGO DE CASTIÑEIRAS P.Q.: TIPO OBRA: Obras xerais AUTORIZACIÓN O Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais informa de que se autoriza o solicitado, de acordo coas seguintes condicións: 1. Autorízase: Obras contempladas dentro do proxecto de "HUMANIZACIÓN DE VIAIS NAS PARROQUIAS DE VILABOA"cumprindo o recollido na ORDE do 23 de maio de 2019 pola que se regulan os accesos nas estradas de Galicia e nas súas vías de servizo, no acceso á estrada provincial EP 0103, sempre que non prexudiquen a estabilidade da estrada ou a súa explotación, por modificación do curso das augas, redución da visibilidade ou calquera outro motivo. Incidirase nos seguintes apartados: Nas obras de reposición da drenaxe da estrada as condicións de drenaxe tanto no que se refire á drenaxe subterránea como á superficial, e outras tales como as pendentes transversais, cunetas ou desaugadoiros, disporanse cos mesmos criterios e normas vixentes que para a estrada. A continuidade da drenaxe da estrada na zona afectada polo entronque que se vaia realizar garantirase mediante unha condución de dimensións suficientes. Se a lonxitude desta resulta superior a oito metros (8 m), disporanse tantas arquetas de rexistro intermedias como sexa necesario para facilitar a limpeza da condución, de tal xeito que ningún treito presente unha lonxitude superior a aquela. No caso de que o elemento de drenaxe lonxitudinal da calzada da estrada estea constituído por unha cuneta e, para manter a súa continuidade, sexa necesario cubrila dalgún xeito (mediante conducións ou lousas, por exemplo), as súas embocaduras cubriranse mediante reixas inclinadas cunha pendente máxima de trinta graos (300). En todo caso, non se interferirá a drenaxe superficial ou profunda da estrada ou vía de servizo e impedirase a chegada de augas de escorrega desde o acceso á calzada.Excepcionalmente, se fose preciso, disporanse embornais ou reixas corridas. INFRAESTRUTURAS E VÍAS PROVINCIAIS + Edificio Administr infraestruti 0, Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra + Teléfono: +34 986 804 100 lepo.gal + www.depo.gal Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal Código seguro de verificación (CSV):GJBJVXV8RNKLKXME Deputación Pontevedra Afirmaranse, en toda a súa lonxitude e largura, de acordo coa Orde FOM/3460/2003, do 28 de novembro, pola que se aproba a Norma 6.1 IC Seccións de firme da Instrución de estradas, ou disposición análoga que a substitúa, e cun pavimento executado cun tipo de material análogo ao empregado na calzada a que se acceda. Sinalización A sinalización vertical axustarase á Orde FOM 534/2014, do 20 de marzo, pola que se aproba a Norma 8.1-IC Sinalización vertical da Instrución de estradas, e ao Catálogo de sinais de circulación da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, ou disposicións análogas que os substitúan. Disporase un sinal tipo R-2 de detención obrigatoria na marxe dereita do acceso, en prolongación da aresta exterior da plataforma da estrada As marcas viarias realizaranse conforme o establecido na Orde do 16 de xullo de 1987 pola que se aproba a Norma 8.2-IC Marcas viarias da Instrución de estradas ou disposición análoga que a substitúa.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.