Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Expediente 3143/2026 Procedemento Contratacións Serie documental S0242 - Contratacións de obras por procedemento aberto simplificado Asunto Licitación do contrato de obra Humanización da Travesia da Ctra. da Praia en Meira Trámite Xustificación da necesidade e idoneidade, configuración do obxecto e lotes, elección do procedemento, solvencia, criterios de adxudicación, condicións especiais de execución e análise económica do contrato (arts. 28, 63.3.a), 99 a 103 e 116.4 da LCSP; art. 7.3 da Lei orgánica 2/2012). Documento Memoria do ógrano xestor MEMORIA XUSTIFICATIVA DA NECESIDADE E IDONEIDADE DO CONTRATO ADMINISTRATIVO DE OBRAS DE HUMANIZACIÓN DA TRAVESÍA DA CTRA. DA PRAIA DE MEIRA 1.- Necesidade que se pretende satisfacer e idoneidade do obxecto. O artigo 28.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante, LCSP), dispón que as entidades do sector público unicamente poderán celebrar os contratos necesarios para o cumprimento dos seus fins institucionais. A documentación preparatoria debe determinar con precisión a natureza e extensión das necesidades que se pretenden cubrir e a idoneidade do obxecto e do contido do contrato para satisfacelas. En cumprimento desta previsión, analízanse a necesidade municipal, a solución técnica e contractual proposta e a súa relación coas finalidades públicas que se pretenden atender. 1.1.- Necesidade que se pretende satisfacer. A actuación responde á necesidade de mellorar as condicións de mobilidade peonil, accesibilidade, seguridade e calidade urbana na Travesía da Ctra. da Praia en Meira, actualmente configurada cunha presenza predominante do tráfico rodado e cunha superficie peonil limitada. Segundo o proxecto aprobado, na situación actual o ámbito conta con aproximadamente 538 m² de superficie peonil, equivalentes ao 23 % do total, fronte a 1.790 m² destinados aos vehículos, que representan o 77 %. A actuación proxectada permitirá incrementar o espazo destinado prioritariamente ás persoas ata 2.016 m², reducir substancialmente a superficie destinada ao tráfico rodado e configurar o conxunto como un ámbito de prioridade peonil. A intervención pretende así resolver as carencias existentes na configuración do espazo público, favorecer os desprazamentos a pé, mellorar a accesibilidade e seguridade das persoas usuarias e reducir a presenza e velocidade do vehículo privado, mantendo os accesos imprescindibles para residentes, servizos e vehículos de emerxencia. A falta de actuación mantería unha ordenación do espazo público pouco favorable á mobilidade peonil, á accesibilidade e á recuperación do ámbito para o uso veciñal. Concello de Moaña Rúa As Barxas, 2, Moaña. 36950 (Pontevedra). Tfno. 986310100. Fax: 986310104 1 / 18 6PYDPFXXKJN6FWMDH4QSF2GZ5 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.anaomedollecnoc//:sptth :nóiccerroC 81 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.