concesion subvencion anualidade 2025

Otros Documentos Ver licitación
A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 5 de setembro de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: 3.35582.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE MOAÑA, AO ABEIRO DO PLAN + PROVINCIA 2025 LIÑA 1-INVESTIMENTOS, CO OBXECTO DO FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “HUMANIZACIÓN DA TRAVESÍA CTRA. DA PRAIA EN MEIRA” (EXPTE.2025021169). ANTECEDENTES: - O Pleno da Deputación, na súa sesión do 27/12/2024, mediante acordo núm. 3.8316, acordou aprobar as bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Máis Provincia) 2025, en adiante Plan + Provincia 2025, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 1 do 02/01/2025. - Mediante resolución presidencial núm. 2025000147 de data 13/01/2025 aprobouse a repartición total e a que por liña lle corresponde a cada concello; mais a disposición de crédito se fará por cada solicitude de subvención, unha vez revisada a documentación achegada e instruído o procedemento que se recolle no capítulo I. Liña 1-Investimentos. - En data 01/04/2025, mediante rexistro WEB2025024522, formalmente e en prazo, consta entrada na sede electrónica da Deputación, ao abeiro do Plan + Provincia 2025, dunha petición do Concello de Moaña na que solicita, con cargo a cantidade que lle correspondeu na repartición unha subvención, por importe de 254.360,85 euros, co obxecto do financiamento do investimento “HUMANIZACIÓN DA TRAVESÍA CTRA. DA PRAIA EN MEIRA” (expdte 2025021169), cuxo orzamento de execución de contrata ascende 510.858,50 euros (desagregado en dúas anualidades de execución: a correspondente ao ano 2025 por importe de 254.360,85 euros e a correspondente ao ano 2026 por importe de 256.497,65 euros) - Conforme a base 19ª das reguladoras do Plan + Provincia 2025, o proxecto, de natureza estratéxica para os fins que pretende acadar o Concello no marco do Plan de Mobilidade Sustentable Municipal (PMUS), ten carácter bienal constituíndo os fondos do Plan + Provincia a súa única fonte de financiamento. Deste modo, a petición do Concello de Moaña, queda configurada tal é como se reflicte na seguinte táboa: Subvención -Plan + Orzamento- € Anualidades ---- Provincia 2025-€ 2025 254.360,85 0,00 510.858,50 2026 0,00 256.497,65 - En datas posteriores, o Concello completa a documentación achegada. - Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas bases reguladoras do Plan + Provincia 2025 e achega a documentación que se recolle na base 27ª, contando co informe favorable do persoal facultativo técnico do servizo de cooperación. Xunta de Goberno 5/09/2025 1 Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal(cid:10) Código seguro de verificación (CSV):P4DL671TVUGG3U6J

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.