Composición de la mesa de contratación

Otros Documentos Ver licitación
BOPPO Mércores, 25 de outubro de 2023 Núm.206 ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL MOAÑA Outros documentos, notificacións e informacións públicas MODIFICACIÓN PUNTUAL NA COMPOSICIÓN NOMINATIVA DA MESA DE CONTRATACIÓN PERMANENTE DO ÓRGANO DE CONTRATACIÓN–XUNTA DE GOBERNO LOCAL Expediente: Código SIA: 2461/2023 (S0304–Actuacións preparatorias de contratos) Procedemento: 1791278 Asunto: Actuacións Preparatorias de Contratos Constitución mesas de contratación permanente dos órganos de contratación do Unidade Xestora: concello de Moaña Documento: Secretaría Trámite: Anuncio da Alcaldía Modificación puntual na composición nominativa da mesa de contratación permanente do órgano de contratación do concello de Moaña- XUNTA DE GOBERNO LOCAL ANUNCIO A Xunta de goberno local do concello de Moaña, na sesión ordinaria celebrada en data 09 de outubro de 2023 acordou, entre outros, e de acordo coas competencias da Alcaldía delegadas neste órgano por Resolución da Alcaldía nº 562 de data 19.06.2023, o seguinte: Primeiro.— “ Designar a Ana María Llorca Maneiro como Vocal titular 3º, Tesoureira, en propiedade do concello de Moaña, funcionaria de administración local con habilitación de carácter nacional pertencente á subescala de intervención-tesourería.” Dito acordo supón unha modificación puntual na composición nominativa da mesa de contratación permanente do órgano de contratación do concello de Moaña- XUNTA DE GOBERNO LOCAL (expdts de contratación dos que resulte órgano de contratación por delegación da alcaldía) concretamente na 3ª vocalía deste órgano de asistencia por mor do cese da funcionaria que exercía as funcións correspondente ao posto reservado a funcionarios con habilitación de carácter nacional de Tesourería do concello, e considerando a toma de posesión do posto de Tesoureira do concello, de Ana María Llorca Maneiro funcionaria de administración local con habilitación de carácter nacional pertencente á subescala de intervención-tesourería, categoría de entrada, polo nomeamento, con carácter definitivo, en dito posto efectuado por Resolución do 23.08.2023 da Dirección xeral da Función Pública (DXFP) do Ministerio de Política Territorial e Función Pública. Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es (cid:10):ozeredne etniuges on otnemucod etsed edadirgetni a racifirev edoP (cid:10)lag.oped.edes//:sptth RNLM9JD42CZXMUPD:nóicacifirev ed oruges ogidóC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.