concesion subvencion anualidade 2026

Otros Documentos Ver licitación
A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 20 de febreiro de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: 5.36094.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE MOAÑA, AO ABEIRO DO PLAN + PROVINCIA 2026-2027 LIÑA 1-INVESTIMENTOS (ANUALIDADE 2026), CO OBXECTO DO FINANCIAMENTO DA DEVANDITA ANUALIDADE DO INVESTIMENTO “HUMANIZACIÓN DA TRAVESÍA CTRA. EN MEIRA”. (EXPTE. 2026002532) ANTECEDENTES - O Pleno da Deputación, na sesión do día 26/12/2025, mediante acordo núm. 4.8555, acordou aprobar as bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan + Provincia 2026- 2027), en adiante Plan + Provincia 2026-2027, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 1 do 02/01/2026. - Mediante resolución presidencial núm. 2026000127 de data 14/01/2026 aprobouse a repartición total e a que por liña lle corresponde a cada concello; mais a disposición de crédito se fará por cada solicitude de subvención, unha vez revisada a documentación achegada e instruído o procedemento que se recolle no capítulo I. Liña 1-Investimentos. - En data 05/09/2025, mediante acordo da Xunta de Goberno núm. 3.35582 e no marco do Plan + Provincia 2025, se lle concedeu ao concello de Moaña unha subvención, por importe de 254.360,85 euros, co obxecto do financiamento do investimento “Humanización da Travesía Ctra. da Praia de Meira” (expediente 2025021169), cuxo orzamento de execución de contrata ascendía 510.858,50 euros (desagregado en dúas anualidades de execución/financiamento: a correspondente ao ano 2025 por importe de 254.360,85 euros e a correspondente ao ano 2026 por importe de 256.497,65 euros). - En data 07/01/2026, mediante rexistro WEB2026000806, formalmente e en prazo, consta entrada na sede electrónica da Deputación, ao abeiro do Plan + Provincia 2026-2027, dunha petición do concello de Moaña na que solicita, con cargo a cantidade que lle correspondeu na repartición unha subvención, por importe de 256.497,65 euros, co obxecto do financiamento da anualidade de execución/financiamento do exercicio 2026 do investimento “Humanización da Travesía Ctra. da Praia de Meira” (expediente 2026002532). - Conforme a base 19ª do Plan + Provincia 2026-2027, o proxecto proposto ten carácter bienal e os fondos concedidos a través dos Plans + Provincia, constitúen a súa única fonte de financiamento, cumpríndose todos os requisitos que se establecen na referida base tanto no relativo ao aspecto cuantitativo (orzamento de execución e importe das subvencións solicitadas) como no referente á natureza do investimento. Así mesmo, a subvención que se solicita ao abeiro do Plan + Provincia 2026-2027, anualidade 2026, constitúe a última anualidade de execución/financiamento do gasto bienal. Xunta de Goberno 20/02/2026 1 Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal(cid:10) Código seguro de verificación (CSV):54XZ279J28TCYU1U

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.