4__2__- PCAP-HUMANIZACION PRAZA MAIOR.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
CONCELLO DO CARBALLIÑO Expediente n.º: 10558/2026 Procedemento: Execución do Proxecto de obra "HUMANIZACIÓN DA PRAZA MAIOR DO CONCELLO DO CARBALLIÑO" PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES CAPÍTULO I. ELEMENTOS DO CONTRATO CLÁUSULA PRIMEIRA. Obxecto do contrato. a) É obxecto do presente contrato, por procedemento aberto e un único criterio, a prestación que se describe no cadro resumen (Cadro de Características) aos presentes pregos, que forma parte integrante dos mesmos para todos os efectos, debendo considerarse as remisións, puntualizacións, aclaracións, desenvolvementos ou especificacións que nos mesmos se contemplan como de aplicación plena. b) As obras realizaranse con suxeición ao Proxecto Técnico que se refiren no Anexo I. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto teñen carácter contractual. c) Se así se sinala no Anexo I destes pregos existirá a posibilidade de licitar por lotes. As limitacións na adxudicación dos mesmos indicaranse no seu caso no Anexo I conforme os criterios alí indicados. Todas as referencias efectuadas no presente prego ao contrato ou adxudicatario entenderanse feitas a cada lote nos que se divida o obxecto do contrato no seu caso. d) As necesidades para satisfacer mediante o contrato son as contidas na memoria xustificativa deste expediente de contratación. CLÁUSULA SEGUNDA. Valor estimado, presuposto base de licitación, prezo e financiamento do contrato. a) O valor estimado do contrato, recollido no Anexo I.2.D) destes pregos, foi tido en conta para elixir o procedemento de licitación aplicable a este contrato e a publicidade á que vai someterse. b) O importe do orzamento de licitación do contrato é o sinalado no Anexo I.2.C) destes pregos. Cando se indique no Anexo I.2.F) destes pregos que o sistema de determinación do prezo sexa por prezos unitarios e as prestacións estean subordinadas ás necesidades da Administración, o orzamento base de licitación ten carácter estimativo. Concello Do Carballiño Praza Maior, 1, O Carballiño. 32500 (Ourense). Tfno. 988530007. Fax: 988530008 1/71 HZCRK74KNGJYF37E2SWWH4MAC :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.onillabrac//:sptth :nóiccerroC 17 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.