PPT DEFINITIVO.pdf
Pliego Técnico
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARTICULARES PARA A CONTRATACIÓN DA CONCESIÓN DE SERVIZOS PARA PRESTACIÓN DE SERVIZO DE BALNEARIOS NO BALNEARIO DE BERÁN-LEIRO (OURENSE)
1. Obxecto e natureza do contrato. Código CPV
2. Xustificación da non división en Lotes.
3. Valor estimado del contrato
4. Descrición das necesidades a satisfacer.
5. 3.1 Antecedentes
6. 3.2 Necesidades a satisfacer
7. 3.3 Fases de execución do contrato.
8. 3.4 Obrigas do adxudicatario.
5. Recursos Humanos
6. Programa de servizos e explotación
11. 5.1 Publico destinatario
12. 5.2 Proposta de horarios
13. AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE 5.3 Mantemento e conservación
14. 5.4 Vixilancia
15. 5.5 Plan de mellora e adaptación
16. 5.6 Seguros
17. 5.7 Imaxe corporativa
7. Monotorización e Control da Xestión.
8. Calidade do servizo e dereitos das persoas usuarias
9. Retribucións do adxudicatario
10. Dereitos do concesionario
## 1.- Obxecto e natureza do contrato.
1 O obxecto do presente prego é a celebración dun contrato de concesión de servizos , de conformidade co artigo 15 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP) Conforma o obxecto do presente contrato a concesión da xestión explotación do Balneario de Berán, Leiro (Ourense), así como a realización das obras de reforma e adecuación das instalacións AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE para a súa posta en funcionamento. O presente contrato ten cualificación de contrato mixto de obras e concesión de servizos, resultando aplicable o réxime xurídico da concesión de servizos. Polo que se refire á subministración de mobiliario e equipamento, este é inseparable do contrato principal de concesión de servizos, dado que a contido do mesmo virá determinado pola oferta final do proxecto de negocio que leve a cabo o concesionario, polo que, sendo accesorio respecto do principal da concesión de servizos é de aplicación o previsto no artigo 18.1b) da LCSP Igualmente , segundo o recollido nos articulo 19 e 20.1 LCSP tratase dun contrato de concesión de servizos non suxeito a regulación harmonizada, o non acadar o seu valor estimado os umbrais para a regulación como contrato SARA O artigo 284 da LCSP, posibilita á Administración a xestionar indirectamente, mediante contrato, os servizos da súa titularidade ou competencia sempre que sexan susceptibles de explotación por particulares e non impliquen exercicio da autoridade inherente aos poderes públicos. O Obxecto deste contrato require de recursos humanos e técnicos especializados , así como un plan de explotación para a súa prestación: a oferta balnearia dentro das súas instalacións con altos criterios de calidade, para o que precisan un coñecemento do mercado sectorial no que están chamados a operar, coñecemento da normativa específica que lles afectan, capacidade de reciclaxe, de innovación tecnolóxicas, de localizacións de perfís de persoas usuarias , desenvolvemento de campañas de penetración etc. Todos estes elementos precisan de medios materiais, humanos, coñecemento dos que carece a Entidade Menor de Berán, pertencente ao concello de Leiro, que ten a titularidade das instalacións balnearias Órgano de contratación: Entidade Menor de Berán (Concello de Leiro)- Ourense Código CPV.Servizos de Balneario 98332000-9 Este Prego ten por finalidade establecer as prescricións técnicas particulares que, xunto co Prego de Prescricións Administrativa rexen o proceso de contratación.
<!-- image -->
## 2.- Xustificación da non división en lotes do obxecto do contrato.
<!-- image -->
Segundo o previsto no artigo 99 da LCSP , a división en lotes, regra xeral na contratación pública, permite xustificar e motivas a non división en lotes do seu obxecto. Neste caso non existe división en lotes do obxecto do contrato ao amparo do artigo 99.3 da LCSP, por constituir a prestación unha unidade funcional e operativa non susceptible da división, existindo motivos válidos que xustifican a conveniencia de non dividir en lotes, isto é:
A realización independente das obras de acondicionamento e mellora que se inclúen no obxecto do contrato dificultaría a correcta execución do plan de explotación do Balneario dende o punto de vista técnico, supoñendo ademais un risco que podería comprometer o proxecto de explotación e xestión balnearia que se pretende pola dificultade que podería existir no caso de que a súa execución incorporase a mais dun adxudicatario, dado que as actuacións están relacionadas entre elas, e teñen un fin común.
## 3.- Valor estimado do contrato.
AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE O valor estimado do contrato ten un importe de TRES MILLONS CINCOCENTOS SETENTA E NOVE MIL CUATROCENTOS CUARENTA E CINCO EUROS (3.579.345,00) (IVE non incluído). O calculo do valor estimado respondo ao estudo de viabilidade económico- financeiro, segundo se recolle no artigo 101 da LCSP, no que se toma en conta o importe neto da cifra de negocios, excluíndo o Imposto sobre o valor engadido, que segundo as estimacións do órgano de contratación, xerará a empresa concesionaria durante a execución do contrato como contraprestación polas obras e servizos obxecto do contarto, unha vez reducidos os costes de execución derivados da aplicación da normativa vixente.
## 4.Descrición das necesidades a satisfacer
## 4.1 Antecedentes.
A Entidade Menor de Berán (en adilante EMB), do concello de Leiro-Ourense é a titular do Balneario de Berán, incluíndose dentro desta titularidade todas as instalación , infraestruturas e maquinaria que se recollen na seguinte documentación técnica:
- Proxecto adxudicado no ano 2003 pola Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para CONSTRUCCIÓN DE EDIFICIO PARA CLUB TERMAL EN BERÁN - LEIRO - OURENSE, redactado polo Arquitecto Don Pablo
<!-- image -->
Marnotes, así como MODIFICADO Nº1, dese Proxecto, redactado en febreiro do ano 2005, polo mesmo Arquitecto.
- Proxecto de ADAPTACIÓN DO PROXECTO DE POSTA EN FUNCIONAMENTO DO BALNEARIO DE BERÁN. FASE I, redactado en agosto de 2021, polo Enxeñeiro Técnico Industrial Don Fernando Pardo Ureña e polo Arquitecto Técnico Don José Ramón Cid Álvarez .
- Proxecto de POSTA EN FUNCIONAMENTO DO BALNEARIO DE BERÁN. FASE II, redactado en abril de 2022, polo Arquitecto Oscar Menor Tesouro.
- Esquema distribución do Antigo Balneario de Berçan.
Esta documentación técnica, recollese no ANEXO II.
Tanto a edificación como as instalacións que alberga, conta coas seguintes licenzas e autorizacións:
- AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE Mediante Orden de 15 de febrero de 1941, publicada en el Boletín oficial del Estado nº 48 de 17 de febrero de 1941, se resolvió declarar de utilidad pública el manantial, de aguas minero medicinales sulfuroso-alcalinas termales, que brota en Berán, en el término municipal de Leiro(Ourense) y autorizar su explotación ajustándose a la dispuesto en el Estatuto de 25 de Abril de 1928
- Con fecha 22 de Mayo de 2003, la Dirección Xeral de Turismo de la Consellería de Cultura de la Xunta de Galicia, adjudicó las obras de CONSTRUCCIÓN DE EDIFICIO PARA CLUB TERMAL EN BERÁN - LEIRO - OURENSE, siendo comenzadas las obras el 6 de Junio de 2003. En febrero de 2005, se redacto el Proyecto Modificado Nº 1 del Proyecto CONSTRUCCIÓN DE EDIFICIO PARA CLUB TERMAL
- Con fecha 11 de mayo de 2006, se presentó ante la Delegación Provincial de Ourense de la Consellería de Innovación Industria e Comercio de la Xunta de Galicia la documentación relativa a PUESTA EN MARCHA DE LA INSTALACIÓN DE CALEFACCIÓN - CLIMATIZACIÓN - Y AGUA CALIENTE SANITARIA.
- Con fecha 4 de mayo de 2007, se presentó ante la delegación provincial de Ourense de la Consellería de de Innovación Industria e Comercio de la Xunta de Galicia la documentación relativa a INSTALACIÓN ELÉCTRICA EN BAJA TENSIÓN.
- Acta de recepción de la obra denominada CONSTRUCCIÓN DE EDIFICIO PARA CLUB TERMAL EN BERÁN, firmada el 25 de maio de 2007.
- Con data 12 de novembro de 2007, a Consellería Xeral de Turismo fai entrega formal das instalacións a Entidade Local Menor de Berán.
- Con fecha 8 de septiembre de 2008, el Director General de Industria, Energía y Minas, de la Xunta de Galicia, dictó resolución de reconocimiento de los derechos adquiridos, aprobación del perímetro de protección e inscripción en el registro de la captación 'Alumbramiento Principal' (x:570.897, y:4.688.648)
As instalacións do Balneario sitúanse nas parcelas catastrais 32041A045000380000KB e 32041A045000300001LK, que contan cunha superficie de 7.288 m2 e 481 m2, respectivamente, dando cabida a primeira de ela a nova edificación, e a segunda, o Antigo Balneario
## BENS QUE APORTA A ENTIDADE MENOR DE BERAN
AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE A Entidade menor de Berán, pon a disposición do adxudicatario o uso das instalacións descritas, xunto coas instalacións, maquinaria, moblaxe e aparellos existentes, dos que se formalizará o inventario ou inventarios necesarios para a súa axeitada identificación e valoración. Se o adxudicatario estimase necesaria a realización de novas inversións, para completar, mellorar ou modificar as instalacións existentes, deberá levalas a cabo sempre co permiso da Entidade Local Menor non podendo, en ningún caso, reclamar a esta pola realización das mesmas.
## 4.2. Necesidades a satisfacer.
Sendo o interese desta EMB realizar este contrato de concesión de servizos que comprende todas as actividades relacionadas coa xestión, explotación e mantemento das instalacións acondicionadas como establecemento balneario, indícanse como obrigas xerais as seguintes:
- a) O adxudicatario está obrigado a cometer obras de mellora e equipamento, consistentes na colocación dun acristalamento interior de vidro, co fin de compartimentar o vestíbulo de acceso a edificación, respecto da zona onde se ubican os vasos termais, realizarase con vidro templado de seguridade de 10 mm de espesor con cantos pulidos incluíndo logos e vinilos corporativos.
Tamén deberá de equipar a zona dos vasos termais con tumbonas e mesas con sillas na terraza exterior.
<!-- image -->
Estimase que o custo destas actuacións, ascende a 16.000€ mais IVA. o que representa un investimento total de 19.360 €
- b) No prazo de 30 días naturais, dende a formalización do contrato , deberá presentar na Entidade Local Menor, para a súa aprobación, proxecto técnico específico das obras a realizar.
- c) O adxudicatario deberá ter realizadas todas as obras no prazo máximo de dous meses desde a data da formalización do contrato.
- d) Dotar os espazos de medios materiais, instalacións, mobiliario e equipos complementarios precisos para a prestación de servizo de servicios de Balneario. Estes medios materiais, instalacións, mobiliario etc. será supervisado pola Entidade Menor de Berán a fin de garantir un nivel de calidade buscado para estas instalacións, pudendo esixir a súa substitución cando non cheguen ao nivel requirido.
## 4.3.fases de execución do contrato.
A execución do contrato realizarase nas seguintes fases:
## FASE 1. Redacción do proxecto de actividade.
AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE Adxudicado o concurso e formalizado o contrato, o adxudicatario deberá redactar a súa costa , e presentar para a súa aprobación no Concello de Leiro no prazo máximo de trinta dias (30) naturais a partir da sinatura do contrato, os proxectos de actividade do BALNEARIO DE BERÁN, que deberán axustarse os presentes pregos e o contrato formalizado. Se o adxudicatario, quixera realizar obras de mellora sobre a edificación existente, con risco e ventura pola súa parte, sen que, en ningún caso se poidan alterar as características básicas da edificación, en especial, a superficie, altura, volume edificado, condicións construtiva e estéticas xerais e condicións de ocupación en dominio público, deberá de presentar o correspondente Proxecto de Execución, para a súa aprobación no concello de Leiro, debendo de executarse esas obras, no prazo máximo de cinco meses dende a formalización do presente contrato.
## FASE 2. Explotación do BALNEARIO DE BERÁN
Duración
O contrato terá unha duración de QUINCE (15) anos. A data prevista de inicio será o da sinatura do contrato ou desde a data que se estableza no documento de formalización se esta é posterior.
<!-- image -->
A entidade ou entidades que resulten adxudicatarias do contrato comprométense, aínda que finalizara a vixencia do contrato e sempre que a administración (EMB), llo requira expresamente, a seguir prestando o servizo público en idénticas condicións durante o tempo indispensable para que esta poida asegurar a continuidade na prestación do servizo. Se o adxudicatario solicitase a resolución do contrato por presunto incumprimento das obrigas que incumben a Entidade Local , e este organismo adoptase acordo recoñecendo a súa procedencia, o adxudicatario estará obrigado, se así o acorda o órgano competente, a continuar o servizo durante un prazo máximo de tres meses, contados a partir da data de entrada no Rexistro Xeral da EMB. No caso de que o adxudicatario incorra en mora, devengaranse os xuros previstos na Lei de
Orzamentos do estado (interes legal do diñeiro) o mes de decembro de cada ano. 4..4. obrigas do adxudicatario As obrigas do adxudicatario son as resultantes do contrato que se celebre.
Sen prexuízo destas , destácanse as seguintes:
1. O adxudicatario de querer realizar obras de mellora, deberá redactar o correspondente proxecto de execución.
2. AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE 2. A dirección facultativa das obras do BALNEARIO DE BERÁN elixida polo licitador respectará as ordes que se diten dende a EMB para o mellor desenvolvemento dos traballos
3. O adxudicario destinará as instalacións ás actividades, usos e fins recollidos neste prego e no contrato.
Describirán de forma detallada o sistema de prestación do servizo que se plantexará para a xestión e explotación do balneario de Berán.
4. Serán de conta do adxudicatario os gastos derivados da asunción da obrigas seguintes:
<!-- image -->
- i. Equipamento de material e equipos informáticos de xestión-administración.
- ii. Elementos que formen parte do sistema de control adoptado.
- iii. Material, moblaxe ou maquinaria necesaria para a realización dos tratamentos propostos na súa oferta.
- iv. Material, moblaxe ou maquinaria necesaria para a explotación do Balneario de Berán que non se inclúan nos bens aportados pola EMB.
Incluirase unha memoria detallada das instalacións, mobiliario, equipos informáticos, tecnoloxía e demás medios materiais qeu se compromete a adscribir a este contrato.
5. O adxudicatario está obrigado a ter un libro inventario de bens mobles existentes na instalación, con expresión das súas características, marca, modelo e estado.
6. En relación ao Persoal, o adxudicatario deberá asumir as obrigas económicas derivadas da contratación doo persoal necesario para a correcta xestión das instalacións e dos servizos que se acorda.
7. O adxudicatario asume as obrigas económicas derivadas de asumir pola súa conta:
4. AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE a. Subministración de produtos e materiais necesarios para o axeitado funcionamento das instalacións tales como:
<!-- image -->
- b. Material de administración (papelería, funxibles e similares) e comunicacións (teléfono, fax, Internet) e de mantemento e actualización da páxina web.
- c. Material de limpeza para as tarefas sinaladas neste prego.
- d. Material funxible para o desenvolvemento das actividades planeadas.
- e. Subministración para a conservación, reparación e mantemento ordinario dos elementos ou instalacións, respecto das tarefas sinaladas neste prego.
- f. Vestiario do seu persoal.
- g. Os gastos derivados dos contratos de mantemento de instalacións como ascensor, climatización, sistema de xestión centralizada, anti-intrusión e anti-incendios.
- h. Os consumos de auga, gas, gasóleo, electricidade, telefonía, internet...
- i. Os derivados do mantemento preventivo e correctivo.
- j. Os derivados da vixilancia das instalacións.
- k. Os de limpeza de todas as dependencias, cuberta, instalacións e moblaxe.
- l. Os derivados dos seguros que sexa necesario subscribir.
AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE
- m. Os de carácter tributario que puideran producirse pola actividade desenvolvida ou en ocasión desta.
- n. Os derivados das campañas de promoción e difusión dos servizos que se desenvolvan: folletos, dípticos, anuncios e similares.
- o. Todos os resultantes da actividade proposta e que non estean expresamente excluídos ou sinalados a cargo da EMB.
8. Aportará unha memoria descritiva referidas, como mínimo, a todos estes puntos sinalados, onde incorporará deseños gráficos cando proceda.
9. O adxudicatario obrigase a respetar que a denominación das instalacións balnearias deberá incluir necesariamante, como nome principal , BALNEARIO DE BERÁN salvo que a entidade menor acepten e autoricen unha denominación diferente para as instalacións balnearias.
10. O adxudicatario comprométese a promover e difundir o termalismo ourensano de forma activa, para o que presentará unha memoria descritiva las accións e/ou iniciativas previstas
<!-- image -->
para elo.
11. O adxudicatario promoverá e tratará de acadar os máximos niveis de satisfacción e afluencia de público, incluindose na oferta a descripción dos protocolos que porá en funcionamento para medir estos grados de satisfacción asi como medidas correctoras que estén previstas aplicar para reorientar, de ser o caso, o grado de satisfacción
12. O adxudicatario elaborará unha Memoria Anual da actividade e xestión do servizo unha vez finalizado cada exercicio. Este documento deberá entregarse ao inicio de cada ano e ao remate do último ano a EMB, tres meses antes da finalización do contrato.
13. O adxudicatario elaborará e editará en diferentes formatos dirixidos ao público en xeral, e ou público obxectivo os contidos informativos que se consideren oportunos para a promoción do turismo de saúde e benestar.
14. O adxudicatario comprometese a conservar, manter e vixiar o edificio, cuberta e as súas instalacións, repoñendo os danos que se orixinen derivados do funcionamento ordinario do servizo.
5. AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE 15. O adxudicatario xestionará a explotación comercial das instalacións. Implica entre outros xestionar o cobro do servizos que nel se presten. A empresa farase cargo de tódolos gastos precisos para desenvolver a actividade.
16. O adxudicatario realizará accións de comunicación e marketing do BALNEARIO necesarias para a promoción das actividades e mellora dos servizos, para elo presentará unha memoria desenvolvemento estas accións.
## 5.- Recursos Humanos.
10 A empresa adxudicataria queda obrigada a que todo o persoal que empregue para a prestación do servizo estea afiliado á Seguridade Social. Todos os gastos de carácter social, así como os relativos aos tributos do referido persoal serán por conta do adxudicatario. Será esixible ao adxudicatario a demostración documental de estar ao corrente no pagamento das custas á Seguridade Social correspondentes ao persoal que dispoña para prestar o servizo. Do mesmo xeito, a empresa adxudicataria será responsable, ante os tribunais de xustiza dos accidentes que puidesen sobrevir ao seu persoal polo exercicio da súa profesión nas instalacións do Balneario de Berán. O persoal que utilice a empresa adxudicataria non terá ningunha vinculación nin coa Entidade Menor de Berán, ni co Concello de Leiro, polo que non terá dereito ningún respecto a esta, xa que AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE dependerá única e exclusivamente da empresa adxudicataria, a cal terá todos os dereitos e deberes respecto ao devandito persoal, conforme a lexislación vixente e á que no sucesivo se promulgue. En ningún caso será responsable a parte contratante das obrigas do adxudicatario respecto os seus traballadores; aínda cando o despido e medidas que adopten sexan consecuencia directa ou indirecta do cumprimento ou interpretación do contrato. Sen prexuízo da obriga de exercer directamente o contrato, o adxudicatario poderá contratar con terceiros a prestación de determinados servizos complementarios ou secundarios das actividades principais, de acordo co disposto neste prego e o de cláusulas administrativas. O deseño e a imaxe contemplada para os uniformes do persoal e da tarxeta de identificación terá que constar no proxecto definitivo de xestión e explotación. O adxudicatario designará un/unha Coordinador/a xeral, persoa responsable do bo funcionamento do servizo, que será a/o interlocutor/a coa Entidade Local Menor para todas aquelas cuestións que afecten ao desenvolvemento do contrato. A empresa adxudicataria deberá ofrecer ao seu persoal a formación específica necesaria para o desenvolvemento do conxunto heteroxéneo de actividades vinculadas ao funcionamento ordinario do balneario. O adxudicatario definirá os posibles cursos de formación para o persoal ao servizo do balneario na procura dunha oferta de máis calidade e dunha experiencia máis satisfactoria para o público visitante. O adxudicatario deberá presentar no proxecto definitivo de xestión e explotación o plan de formación dirixido ao referido persoal. No caso de que calquera membro do persoal teña que ser substituído, provisional ou definitivamente, deberá acreditar igual ou superior capacitación e formación específica do substituto. O licitador detallará na súa oferta a dotación de persoal, por quenda de traballo, que estime necesaria para desempeñar a correcta xestión e explotación do Balneario de Berán: Os licitados detallarán e xustificarán na súa oferta o deseño da plantilla que consideren adecuada para a realización do todos os traballos que abarca o contrato, especificando o organigrama xeral, posto de traballo, funcións e categorías de asignación en función do número de persoas as que se lles ofertan os diferentes servizos e que, como mínimo serán as
<!-- image -->
- seguintes:
<!-- image -->
- o Unha Directora/Director que será a responsable da dirección do servizos de Balnearios, terá titulación universitaria e experiencia na xestión dun servizo semellando ó obxecto principal do contrato.
- o Unha persoa que asuma as funcións de coordinación xeral.
- o Persoal con perfíl profesional-académico para poder atender os servizos que formen parte da oferta balnearia que se deseñe, conformarán un equipo suficiente e dimensionado para ter unha oferta balnearia eficiente, efectiva e de calidade.
- o Persoal de perfíl profesional e/ou técnicos que sexá preciso para poder cumprir coa normativa sectorial, nacional, autonómica ou local que se refira as instalacións balnearias e afecten ao balneario de Berán
Este organigrama completarase cunha memoria descriptiva de organización de servizos, sinalando as misions de cada unha das categorias que se identifiquen, funcións e responsabilidades de cada posto de traballo. O licitador cumprirá de forma estricta toda a normativa laboral, de seguridad social, e sectorial que sexa de aplicación no eido do recursos humanos.
- AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE
No proxecto definitivo de xestión e explotación, e en cada unha das Memorias Anuais da actividade e de xestión, o adxudicatario fará constar a relación do persoal adscrito ao servizo mediante a presentación do organigrama e catálogo de postos de traballo co conseguinte desagregación de información por posto:
- Nome e funcións do posto.
- Xornada de traballo.
- Titulación que acredite a súa capacitación.
- Tipo de contrato.
Durante a vixencia do contrato, calquera modificación ou substitución desas persoas deberá comunicarse a ENTIDADE LOCAL MENOR DE BERAN.
## 6. Programa de servizos e explotación
O licitador deberá garantir un funcionamento eficiente do Balneario de Berán, presentará unha memoria detallada onde se describan de forma pormenorizada o programa de servizos e explotacion que se levará a cabo, dando, en todo caso, resposta aos seguintes aspectos:
## 6.1. Público destinatario.
A instalación será de libre acceso para o conxunto da cidadanía, sen máis limitación que o cumprimento das condicións e requisitos de acceso derivados da aplicación deste prego, o pago dos prezos dos servizos, a propia capacidade, a seguridade e características do equipamento e o respecto polas normas de réxime interno. Debe por tanto o licitador intentar reducir este carácter estacional mediante promocións e actuacións ou colaboracións con empresas privadas e organismos e institucións públicas, que persigan atraer máis usuarios para as épocas de menor grado de ocupación.
## 6.2 Proposta de horarios
AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE Como mínimo, o Balneario de Berán permanecerá aberta, como mínimo, nos seguintes periodos e horarios: Do 1 de abril ao 1 de outubro, de 10:00 a 20:horas de luns a domingo. Do 1 de novembro ao 31 de marzo, de 10:00 a 18:00 horas, sábados e domingos. A empresa, previa comunicación a Entidade Menor, poderá tamén pechar ao público as instalacións por razóns técnicas (organización de tarefas de limpeza extraordinaria, revisión de instalacións, mantemento, etc.). En todo caso, este peche evitará momentos de afluencia alta de visitantes. O adxudicatario efectuará o control estatístico dos principais indicadores de xestión (idades, procedencia, individuais, grupos...) aos efectos de poder avaliar o desenvolvemento do contrato.
## 6.3.-Mantemento e conservación
O adxudicatario será responsable de realizar o mantemento preventivo e correctivo de todas as instalacións balnearias, achegando todos os medios materiais e humanos necesarios, garantindo, en todo caso, as instalacións en perfectas condicións de conservación e funcionamento, e levando a cabo as reparacións e reposicións que sexan necesarias. O adxudicatario contemplará a conveniencia de subscribir pola súa conta contratos externos de mantemento de equipos, cando o devandito mantemento sexa moi especializado. Serán tarefas inherentes ao bo funcionamento do balneario, a título orientador, as seguintes:
- a) Apertura e peche do edificio e instalacións.
- b) Acendido e apagado de luces e luminarias.
- c) Mantemento do edificio, cuberta e instalacións.
- d) Control do funcionamento das instalacións e equipos con periodicidade axeitada e suficiente, así como as reparacións ordinarias do edificio e instalación no prazo máximo de 24 horas desde que foi detectado o dano, debendo dispor de repostos suficientes para o cumprimento do referido prazo.
- e) Limpeza de todas as súas dependencias, instalacións e moblaxe, fomentando unhas condicións adecuadas de aspecto, olor, hixiene e ventilación, que xeren satisfacción nos usuarios. Para isto disporanse os elementos necesarios para a limpeza e desinfección de todas as súas dependencias e definirase a periodicidade das tarefas de limpeza..
O adxudicatario responsabilizarase tamén das reparacións e mantemento das instalacións e maquinaria, aportada pola entidade menor de Berán, así como dos gastos de adecuación e mantemento da moblaxe existente.
## 6.4. Vixilancia.
- AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE
O Adxudicatario será responsable de realizar a vixilancia das instalacións incluídas no presente contrato; e, no seu caso, completará a dotación no edificio da instalación do sistema de seguridade contra intrusións e vixilancia pasiva.
## 6.5. Plans de mellora e innovación
Cando o adxudicatario pretenda realizar calquera tipo de mellora ou ampliación nas instalacións existentes deberá contar coa aprobación da Entidade Menor de Berán, e do Concello e coas licenzas que correspondan. Neste sentido:
- a) Na proposta de inversión e adquisición deberá propoñer as adecuacións que considere necesarias nas diferentes unidades a fin de conseguir a máxima funcionalidade do conxunto. Estas propostas deberán ser realizadas, unha vez aprobadas pola Entidade Menor, na fase de equipamento e sempre antes da apertura do servizo.
- b) Con posterioridade á apertura, deberá comunicalo por escrito para o seu exame e informe. O custe da súa realización será por conta do adxudicatario.
c)
As melloras e adaptacións e toda clase de obras realizadas na instalación, pasarán a
## 14
propiedade da Entidade Menor de Berán á finalización do contrato, sen dereito ningún por parte do adxudicatario a recibir indemnización nin compensación.
## 6.6 Seguros
O adxudicatario responsabilízase de todos os danos e perdas que se ocasionen con motivo da execución do contrato obxecto do concurso. A empresa adxudicataria deberá manter vixente, durante o prazo de duración do contrato, as seguintes pólizas:
- Seguro de responsabilidade civil que ampare as responsabilidades derivadas de danos e perdas causados a terceiras persoas e aos seus bens como consecuencia da execución do contrato. A suma asegurada non será inferior aos 300.000 € por sinistro.
- Seguro de danos que ampare os danos propios que poidan sufrir as instalacións obxecto do contrato, en base aos capitais e condicións mínimas que se establecen a continuación: Continente e contido valorado en 3.500.000 €.
## 6.7. Imaxe corporativa
AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE O adxudicatario queda obrigado a non utilizar o nome, nin a imaxe externa ou interna da instalación con motivos publicitarios ou por calquera outro de interese exclusivo da entidade, excepto que medie autorización previa da Entidade Menor. De calquera modo, a entidade comprométese a someter ao exame da ambalas entidades un proxecto de cada actuación publicitaria con quince días hábiles de antelación á súa difusión pública. As tarifas, impresos, avisos, propaganda, elementos de rotulación ou sinalización, así como os elementos lingüísticos de máquinas expendedoras de produtos e sistemas informáticos que estean a disposición do público redactaranse sempre nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma, dándolle ao galego un tratamento preferente. Deberase manifestar diante de terceiros en todas as comunicacións que realice, a condición de xestor ou adxudicatario do servizo. Deberá así mesmo proxectar a imaxe da Entidade Menor de Berán (concello de Leiro), como titular do Servizo a toda a cidadanía e persoas usuarias do servizo en cantos medios de comunicación, difusión e información estea presente, facendo mención expresa do carácter autonómico das instalacións e dos servizos.
## 7- Monitorizacion e control da xestión
<!-- image -->
O adxudicatario designará unha/un Coordinadora/coordinador Xeral, persoa responsable do bo funcionamento do servizo, que será a/o interlocutora/interlocutor coa entidade menor para todas aquelas cuestións que afecten ao desenvolvemento do contrato. O responsable do contrato designado será o interlocutor do órgano de contratación co Coordinador/a Xeral designado pola empresa e corresponderanlle as funcións de control e supervisión da forma na que se realizan as prestacións obxecto do contrato, podendo adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Para o seguimento da xestión remitirase a Entidade Menor a seguinte documentación, con carácter anual:
- As contas anuais de explotación.
Memoria anual da actividade e xestión
## 8.- Calidade do servizo e dereitos das persoas usuarias.
AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE O adxudicatario está obrigado a realizar todas aquelas tarefas derivadas do bo funcionamento do balneario que se inclúen no presente prego para conseguir os máximos niveis de satisfacción, calidade e afluencia de público. Con carácter xeral a actividade que se desenvolva no Balneario de Berán deberá significarse pola alta calidade , a súa avanzada tecnoloxía , innovación na oferta e adecuación para a atracción dos e das usuarias. Por elo, deberá prestarse, en todo caso, coas seguintes características:
<!-- image -->
- AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE a) O persoal dedicado a tarefas de información e acollida, así como de toda aquela persoa traballadora que no desempeño das súas funcións teña que ter relación directa cos usuarios, deberá coñecer as dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e mesmo recoméndase o coñecemento doutros idiomas, especialmente o inglés. b) O persoal irá debidamente uniformado e acreditado, portando nun lugar visible unha tarxeta de identificación. c) O persoa, prestará os seus servizos con cortesia e amabilidade cara as persoas usuarias e atenderanse todas as reclamacións formuladas. d) Ofertarase a gama de servizos que se estime necesarios para obter a prestación dun servizo de calidade, garantindo aqueles considerados básicos e que resultan inherentes ao bo funcionamento dun establecemento desta natureza. e) O adxudicatario será responsable de realizar o mantemento preventivo e correctivo do balneario, achegando todos os medios materiais e humanos necesarios, garantindo, en todo caso, as instalacións en perfectas condicións de conservación e funcionamento, e levando a cabo as reparacións e reposicións que sexan necesarias. f) Limpeza de todas as súas dependencias, instalacións e moblaxe, fomentando unhas condicións adecuadas de aspecto, olor, hixiene e ventilación, que xeren satisfacción nos usuarios. Para isto disporanse os elementos necesarios para a limpeza e desinfección de todas as súas dependencias e definirase a periodicidade das tarefas de limpeza. Para facilitar a toma de decisións e o labor de control pola Entidade Menor de Berán, do cumprimento dos estándares de calidade, o adxudicatario deberá presentar a seguinte información
sempre que lle sexa requirida pola E.M ou pola persoa representante do contrato designado:
<!-- image -->
- Parte de incidencias.
- Información significativa que afecte á marcha do servizo.
- Cuadrante de uso das instalacións.
- Xustificante do cumprimento dos diversos aspectos da lexislación laboral de persoal ao seu cargo, de seguridade e hixiene no traballo e de cumprimento de obrigacións fiscais.
- Estado do cumprimento do Programa de Explotación e datos estatísticos relativos á xestión do servizo, como número de usuarios, procedencia, idade, grupos, índice de aceptación das diferentes actividades, ou calquera outra de carácter análogo.
- Estado do cumprimento do Plan de mantemento establecido.
- Enquisas do grao de satisfacción realizadas ás persoas usuarias dos servizos acerca da calidade e atención ao público, instalacións, tratamentos, suxestións, queixas e reclamacións.
AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE As persoas usuarias do servizo poderán formular suxestións e queixas sobre a prestación do servizo ao contratista, que deberá remitilas ao responsable do contrato ou ben presentalas directamente ante este último. O responsable do contrato, remitirá unha proposta ao órgano de contratación sobre a suxestión ou queixa recibida. No caso das queixas, a proposta do responsable do contrato pronunciarase motivadamente sobre
a eventual vulneración dos dereitos da persoa usuaria, e propoñerá as medidas concretas que se adoptarán.
## 9. Retribucións do adxudicatario
As retribucións a aplicar definitivamente serán as que resulten do acordo de adxudicación.
## Canon a aboar
O canon mínimo anual a abonar polo concesionario á Entidade Local Menor de Beran será de 5.000 euros (IVE excluído do 21%). Establecese un perido de carencia de dous anos dende a adxudicación de concesión. O primeiro canon correspondente ao contrato, devengarase a partir do terceiro ano da concesión
por períodos anuais anticipados e aboarase pola empresa concesionaria no mes de xaneiro de cada ano.
<!-- image -->
As instalación serán entregada en perfecto estado de funcionamento para o cál no momento da sinatura do contrato formalizarase a correspondente acta de conformidade que será asinada polos representates da entidade contratante e da empresa adxudicataria. Dita cantidades aboaranse por anticipado dentro dos primeiros 10 dias de cada mes de xaneiro. Os licitadores poderán mellorar a cantidade á alza, consignando nas súas ofertas unha cantidade anual concreta e determinada.
## Cantidades aboadas polos usuarios do servizo
O adxudicatario recibirá o importe íntegro das tarifas que deberán aboar as persoas usuarias pola utilización dos servizos ofrecidos polo Balneario
## Sobre o sistema de cobro dos prezos
AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE A recadación dos prezos a pagar polas persoas usuarias realizarase polo adxudicatario baixo os principios de seguridade e transparencia e coa emisión, en todo caso, de xustificantes documentais dos pagos producidos. O adxudicatario deberá permitir en todo momento a auditoría e o control do proceso de recadación por parte da Entidade Menor de Berán, abarcando entre outros aspectos o referido control, á verificación dos procesos operativos, programas informáticos empregados na xestión e movementos de tesourería xerados polo proceso recadador. Para o cobro de tarifas o adxudicatario poderá utilizar os seus propios medios persoais e materiais, ou apoiarse na colaboración de entidades bancarias. Cando o adxudicatario utilice os seus propios medios materiais e persoais na sede das instalacións ou noutro lugar designado, utilizará para o cobro de tarifas medios fundamentalmente mecánicos e informatizados (como a título de exemplo máquinas expendedoras, ou caixas rexistradoras informatizadas).
## Dereitos do concesionario
O concesionario terá os seguintes dereitos:
- Dereito a explotar o servizos e percibir as tarifas de uso previstas durante o tempo de concesión como contraprestación económica.
- Dereito o mantementos o equilibrio económico da concesión, na forma e extensión do artigo 270.
- Dereito a utilizar os bens de dominio publico da administración concedente para a modificación, conservación e mantemento necesario para a explotación. Este dereito inclue
utilizar exclusivamente as aguas minero medicinales sulfuroso-alcalinas termales, que brota en Berán, declaradas de utilidade pública. Calesqueira outro dos recoñecidos la LCSP ou outras leis ou neste prego. O Concesionario terá dereito a desistir do contrato cando resulte extraordinariamente oneroso para él como consecuencia dalgunha das seguintes circunstancias: 1. Aprobación dunha disposicón xeral por algunha administración distinta á concedente con posterioridade á formalización do contrato. 2. Cando o concesionario veña obrigado a incorporar legal ou contractualmetne ,
## ANEXO NÚMERO 1.Criterio de valoración.
Os determinados no Prego de claúsulas adminstrativas particulares.
## ANEXO NÚMERO 2. Dotacións a financiar polo adxudicatario.
AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE A Entidade Menor de Berán considera necesaria a dotación de elementos de inmovilizado. Os elementos de dotación de infraestrutura no balneario que deberán ser financiados pola empresa que xestione o centro termal son: 1.- O adxudicatario está obrigado a cometer obras de mellora e equipamento, consistentes na colocación dun acristalamento interior de vidro, co fin de compartimentar o vestíbulo de acceso a edificación, respecto da zona onde se ubican os vasos termais, realizarase con vidro templado de seguridade de 10 mm de espesor con cantos pulidos incluíndo logos e vinilos corporativos. 2.-Tamén deberá de equipar a zona dos vasos termais con tumbonas e mesas con sillas na terraza exterior. Estimase que o custo destas actuacións, ascende a 16.000€ mais IVA. o que representa un investimento total de 19.360 €. Para simplificar y homogenizar los valores medios de la amortización anual de los elementos mencionados, se ha considerado por parte la Entidad Menor un período de amortización de los mismos de 15 años, coincidente con el plazo de concesión de las instalaciones.
20
<!-- image -->
## ANEXO NUMERO 3 Proxecto Técnico.
## ANEXO NUMERO 4 Melloras valoradas.
A continuación, recollende unha serie de melloras valoradas, que os licitadores poderán incluir na súa oferta, as cales serán valoradas tal e como se recollen no Prego de Claúsulas Administrativas.
| 1. CONEXIÓN BALNEARIO NUEVO CON PISCINA ANTIGUO | 38.000 € |
|---------------------------------------------------|------------|
Pasarela cerrada para comunicar la zona del gimnasio del nuevo Balneario con la zona de piscina exterior del antiguo.
Se ejecutaría un elemento lo más discreto posible, ligero, mediante estructura metálica y acristalado.
En reunión mantenida con Patrimonio, se considera viable esta actuación.
| 2. CLIMATIZACIÓN VASOS TERMALES | 80.000 € |
|-----------------------------------|------------|
AREA DE BENESTAR \_ DIPUTACION OURENSE Planteamos instalar un nuevo sistema para calefactar los vasos termales, en sustitución de la actual caldera de gasóleo, pudiendo quedar esta como simple apoyo para momentos puntuales.
Se propone equipar al edificio con tres bombas de calor aire-agua, con sus correspondientes equipos, que calentarían un depósito de inercia, que a su vez alimentaría el circuito de los tres vasos termales.
| 3. PLACAS FOTOVOLTAICAS | 36.000 € |
|---------------------------|------------|
Con la intención de reducir el elevado consumo eléctrico que deben de presentar, las antiguas climatizadoras del edificio, parece interesante dotar a la edificación de placas fotovoltaicas.
El cálculo inicial, se plantea para una potencia total de 49,56 KWp, mediante 84 módulos fotovoltaicos de 590Wp, que se considera que es la cantidad máxima que se podría instalar en las zonas planas de la cubierta.
En reunión mantenida con los técnicos de Patrimonio, consideran viable la instalación, siempre que se ocultasen esas placas de cubierta, queda abierta la posibilidad de instalarlos sobre el terreno, lo que facilitaría la autorización de Patrimonio y permitiría ampliar el número de módulos.
| 4. URBANIZACIÓN Y ALUMBRADO EXTERIOR | 45.000 € |
|----------------------------------------|------------|
<!-- image -->
Parece oportuno intervenir sobre el entorno más próximo de la edificación, con la intención de ayudar a integrar la nueva pasarela y sobretodo, intentar suavizar en la medida de lo posible la 'dureza', con que se presenta la actual edificación, hacia su zona principal de acceso.
Se actuaría sobre pavimentos, alumbrado exterior, mobiliario urbano, ajardinamiento y arbolado que permita 'maquillar' alguna zona de la fachada de la edificación
## RESUMEN PRESUPESTO
## CAPÍTULO
| 1. CONEXIÓN BALNEARIO NUEVO CON PISCINA ANTIGUO | 38.000,00 € |
|---------------------------------------------------|---------------|
| 2. CLIMATIZACIÓN VASOS TERMALES | 80.000,00 € |
| 3. PLACAS FOTOVOLTAICAS | 36.000,00 € |
| 4. URBANIZACIÓN Y ALUMBRADO EXTERIOR | 45.000,00 € |
| TOTAL EJECUCIÓN MATERIAL | 199.000,00 € |
| 13,00%GG 25.870,00 | |
| 6,00% BI 11.940,00 suma GG+BI | 37.810,00 € |
| 21,00% IVA | 49.730,10 € |
| TOTAL PRESUPUESTO CONTRATA | 286.540,10 € |
Berán, a 7 de abril de 2026.O PRESIDENTE
## DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE