Don Pablo Montero Carrera, Secretario da Mesa de Contratación da Deputación de
Pontevedra
C E R T I F I C A:
Que na sesión da Mesa de Contratación da Deputación de Pontevedra celebrada o día
30 de abril de 2026 e segundo resulta do borrador da acta correspondente, e coa
salvidade que establece o artigo 206 do Regulamento de Organización, Funcionamento
e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 28 de novembro de 1986, aprobado por R.D.
2568/1986, de 28 de novembro, adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:
Asunto: Apertura electrónica dos sobres “A" correspondentes á documentación
administrativa do procedemento aberto convocado para a contratación
do servizo de xestión, desenvolvemento e execución do programa
“PROVINCIA ACTIVA 2026-2029” (Expte.- 2025081416) .
O Secretario da Mesa de Contratación informa que, por acordo de Xunta de Goberno,
adoptado na sesión do día 26 de marzo de 2026, aprobouse o expediente de
contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do “servizo de
xestión, desenvolvemento e execución do programa PROVINCIA ACTIVA 2026-2029.
O anuncio de licitación deste contrato enviouse ao Diario Oficial da Unión Europea con
data 27 de marzo de 2026, sendo publicado no Perfil do Contratante da Deputación de
Pontevedra, aloxado na Plataforma de Contratación do Sector Público con data 29 de
marzo de 2026. Así mesmo, publicáronse na mesma data os pregos de cláusulas
económico-administrativas e de prescricións técnicas deste procedemento aberto.
O Secretario informa que a presentación de ofertas realizouse a través da Plataforma
de Contratación do Sector Público que xera, en cada procedemento de licitación, un
certificado dixital que se utiliza para cifrar todas as ofertas presentadas polos
licitadores.
O Secretario da Mesa de Contratación accede á plataforma mediante as súas claves
persoais, quedando garantidas todas as súas actuacións mediante o uso de selos de
validación cronolóxica (selos de tempo), e a continuación procédese á desencriptación
e descarga da documentación dos sobres correspondente á documentación
administrativa e ofertas presentadas polas empresas ó devandito procedemento.
Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal(cid:10)
Código seguro de verificación (CSV):CJ1YDAEZCM1NYF77
Unha vez descargada a documentación administrativa, a Mesa de Contratación acorda
admitir as seguintes empresas:
-Ebone Servicios Educación Deporte SL (CIF B73405599)
-Estudios Rafer SL ( CIF B27239136)
-Osventos Innovación en Servizos SL (CIF B70493275)
-Xestión Cultural Aurea SL (CIF B36394203)
E para que conste, esténdese a presente, en Pontevedra, na data que figura á marxe.
Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal(cid:10)
Código seguro de verificación (CSV):CJ1YDAEZCM1NYF77
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.