Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
PROVIDENCIA DE INICIO DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN NUMERO EXPEDIENTE 2025081416 INICIO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA XESTION, ASUNTO DESENVOLVEMENTO E EXECUCION PROGRAMA PROVINCIA ACTIVA 2026-2029 TRÁMITE Incoación do expediente A Deputada Delegada de Igualdade e Benestar Social, de conformidade có establecido na Resolución Presidencial nº2025008021, de 3 de outubro de 2025, de delegación de atribucións do presidente, e no exercicio das facultades que lle confire a normativa local vixente, dita a seguinte PROVIDENCIA O art. 116 da Lei de Contratos do Sector Público (en diante LCSP), dispón a celebración dos contratos das Administracións Públicas requirirá a previa tramitación do correspondente expediente, que se iniciará motivando a necesidade do contrato nos termos previstos no art. 28 LCSP NECESIDADE E IDONEIDADE* 1º. A atención ás persoas dos distintos colectivos sociais constitúe un dos principais retos dos países desenvolvidos e ten como finalidade apoiar aquelas actividades da vida diaria para acadar un maior nivel de autonomía persoal. Neste sentido, o art. 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos sinala que todas as persoas teñen dereito a un nivel de vida digno que lles asegure, xunto coa súa familia, a saúde e o benestar e, en especial, a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios. Desde o punto de vista competencial, este programa está dentro das atribucións conferidas no artigo 36.1.d) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, na que se establece como competencia propia da Deputación a cooperación no INFORME PROPOSTA 1.2 1 (cid:10):ozeredne etniuges on otnemucod etsed edadirgetni a racifirev edoP (cid:10)lag.oped.edes//:sptth H5MMVUJO9YI75INT:nóicacifirev ed oruges ogidóC fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial. Así mesmo, no artigo 109.d) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, establécese que serán competencias propias das deputacións provincias as que baixo este concepto lles atribúan as leis e, en calquera caso, entre outras, fomentar e administrar os intereses peculiares da provincia. Por outra banda, na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establécese que os poderes públicos fomentarán o desenvolvemento de actuacións solidarias destinadas a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social, mediante intervencións que permitan acadar os obxectivos de proporcionar oportunidades e recursos que aseguren a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral, así como garantir o apoio ás familias como o marco de referencia no que se desenvolven as persoas. No artigo 63, relativo ás competencias das deputacións provincias, establécese que, de conformidade co previsto na normativa de réxime local, estas proporcionaranlles asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos na execución das súas competencias en materia de servizos sociais. Adicionalmente, cómpre indicar que a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, por razóns de interese social, promove dende hai máis de 20 anos programas análogos como “Ti tamén Contas” ou “Depo en Marcha” a través dos cales, os colectivos sociais da provincia de Pontevedra teñen participado moi activamente.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.