Bases

Otros Documentos Ver licitación
BOPPO Mércores, 11 de febreiro de 2026 Núm.28 ADMINISTRACIÓN LOCAL PROVINCIAL DEPUTACIÓN PROVINCIAL Subvencións e axudas BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “PROVINCIA ACTIVA” 2026 BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “PROVINCIA ACTIVA” 2026 A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, organiza actividades no ámbito da educación non regrada dirixidas a persoas maiores de 50 anos, xubiladas e pensionistas, a través de distintos obradoiros e coa finalidade de favorecer o envellecemento activo. Nesta liña, no capítulo III da Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, desenvólvense os principios reitores da actuación da Administración pública galega en relación coas persoas maiores, entre os que se atopa “promover o seu benestar, a súa autonomía persoal e a súa participación na vida e nas actividades da sociedade”. Entre estes principios recóllese de xeito expreso que a Administración potenciará as políticas públicas que eviten o illamento das persoas maiores e que favorezan a socialización, as actividades interxeracionais e os servizos públicos que permitan o intercambio de experiencias; así, no artigo 22 desta lei disponse que as administracións públicas fomentarán a participación das persoas maiores en actividades formativas específicas para un envellecemento activo. Neste contexto, a Deputación de Pontevedra asume, co programa “Provincia activa”, os principios recollidos na devandita norma e o fomento da participación das persoas maiores en actividades que promovan a creación de espazos de encontro e intercambio de experiencias e que permitan impulsar a súa independencia para evitar o illamento e as situacións de soidade non desexadas. Este programa, cun grande arraigo na provincia de Pontevedra desde a súa posta en marcha na década dos noventa, promove a participación en cada edición de preto de 200 entidades sen ánimo de lucro de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia, a través das cales as e os maiores de 50 anos realizan obradoiros temáticos para favorecer a participación e a cooperación social. Deste xeito, mediante esta nova convocatoria ofertaranse 160 obradoiros, cun número máximo de 25 prazas en cada un deles, o que supón a participación de máis de 3.000 persoas. Desde o punto de vista competencial, este programa está dentro das atribucións conferidas no artigo 36.1.d da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no que se Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es (cid:10):ozeredne etniuges on otnemucod etsed edadirgetni a racifirev edoP (cid:10)lag.oped.edes//:sptth LKRT7WCWBEOXNC4A:nóicacifirev ed oruges ogidóC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.