Autorización sectorial - Deputación de Pontevedra

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE PONTEAREAS Rúa RÚA XARDÍNS DA XIRALDA Nº: S/N Ponteareas (Pontevedra) 36860 EXPEDIENTE: 2026005270 CONCELLO: Ponteareas ESTRADA: 4002 | CELEIROS - OLIVEIRA P.Q.: 0+850 M.D. TIPO OBRA: Obras xerais AUTORIZACIÓN O Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais informa de que se autoriza o solicitado, de acordo coas seguintes condicións: 1. Autorízase A execución as obras contempladas no proxecto de “ Campo de fútbol do Rabel – Santiago de Oliveira. CONCELLO DE PONTEAREAS”, dentro da zona de afección da EP-4002, coas seguintes condicións:  A afección consiste na mellora do campo de fútbol do Rable, incluindo as seguintes actuacións: Preparación do terreo e movemento de terras, recollida de augas pluviais, instalación da rede de rego, instalación de céspede sintético e marcaxe do campo, renovación do equipamiento deportivo, obra civial para un novo sistema de iluminación, substitución de barandilla e instalación de beirarrúa perimetral.  As parcelas na que se localiza o campo de fútbol é lindeira coa estrada EP-4202, estando dentro da súa zona de afección. Dita estrada ten a categoría de local, segundo a clasificación que lle outorga o Catálogo da Rede Provincial de Estradas, e polo tanto, a liña de edificación sitúase a 7 m da liña exterior de delimitación da calzada (liña branca do borde da calzada). Entre a estrada e a liña límite de edificación prohíbese calquera tipo de construción de nova planta, por encima ou por debaixo da rasante do terreo.  Respecto das instalacións de alumeado, as zapatas das futuras torres de iluminación se localizarán fóra da liña límite de edificación, e se terá en conta que as futuras torres a colocar que teñen 18 m de altura deberán estar situadas máis separadas da estrada que a liña límite de edificación e a unha distancia da calzada non inferior á súa altura. As instalacións de alumeado, polas súas características ou luminosidade, vistas desde calquera punto da calzada ou das beiravías da estrada, non poderán producir deslumbramento ou distracción ás súas persoas usuarias, confusión coas sinais de circulación nin calquera outro efecto negativo sobre a seguridade viaria. INFRAESTRUTURAS E VÍAS PROVINCIAIS • Edificio Administrativo, Avda. Montero Ríos, s/n – 36071 Pontevedra • Teléfono: +34 986 804 100 infraestruturas@depo.gal • www.depo.gal Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal(cid:10) Código seguro de verificación (CSV):53W1O45BJSMDVU4W

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.