Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Concello de Ponteareas Expediente: 5204/2026 Asunto: Contratación, mediante procedemento aberto simplificado, das obras contidas no proxecto «Campo de Fútbol do Rabel – Santiago de Oliveira» MEMORIA XUSTIFICATIVA Motivación da emisión deste documento: de conformidade cos artigos 1, 28.1 e 116.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP), este Concello pode celebrar aqueles contratos que sexan necesarios para o cumprimento e realización dos seus fins institucionais. A natureza e extensión das necesidades do contrato, a idoneidade do seu obxecto e contido para satisfacelas, deben determinarse antes de iniciar o procedemento encamiñado para a súa adxudicación, debendo publicarse no perfil de contratante. Ademais, de conformidade co artigo 28.2 da LCSP, favorecerase a axilización de trámites. Por todo isto, emítese polo Primeiro Tenente de Alcaldesa, na súa condición de órgano de contratación, a seguinte memoria xustificativa respecto da: 1) Necesidade e obxecto da obra que se pretende contratar 2) División en lotes 3) Competencia 4) Orzamento de licitación e valor estimado 5) Clasificación esixida, solvencia económica e técnica 6) Procedemento de adxudicación 7) Criterios de adxudicación 8) Condicións especiais de execución Finalmente, de conformidade coa regra de axilización de trámites, disponse neste documento o inicio do procedemento de contratación, a solicitude de certificado de existencia de crédito e de elaboración de pregos, así como a realización dos trámites que sexan necesarios para aprobar o expediente. Concello de Ponteareas Xardíns da Xiralda s/n, Ponteareas. 36860 (Pontevedra). Tfno. 986640000. Fax: 986660647 3MACNERQHT6FZ3KXZ7Q4MK3H5 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.saeraetnop//:sptth :nóiccerroC 02 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD Concello de Ponteareas 1) NECESIDADE E OBXECTO DO CONTRATO O obxecto do presente contrato é a execución das obras definidas no «Proyecto básico y de ejecución. Campo de fútbol do Rabel – Santiago de Oliveira. Ponteareas. Pontevedra», redactado por NAOS 04 ARQUITECTOS, S.L.P., e subscrito polos arquitectos D. Santiago González García, Dª Paula María Costoya Carro e Dª Mónica María Fernández Garrido, na versión asinada electronicamente o 18 de setembro de 2026, aprobada mediante a Resolución do Primeiro Tenente de Alcaldesa núm. 2026-3725, do 22 de setembro de 2026. As actuacións previstas teñen como finalidade a renovación e mellora integral do terreo de xogo e das instalacións vinculadas ao campo de fútbol, actualmente constituído por unha superficie de terra compactada que presenta un significativo estado de deterioración, irregularidades e unhas condicións que non resultan adecuadas para a práctica deportiva. O proxecto prevé a súa substitución por unha superficie de céspede artificial, co obxecto de mellorar as condicións de uso, seguridade, durabilidade e mantemento da instalación deportiva. O contrato comprende, entre outras actuacións, os traballos previos de desmontaxe e retirada do equipamento deportivo existente e a anulación ou retirada das instalacións afectadas polas obras, así como os movementos de terras, o caxeado, nivelación e compactación do terreo e a execución das bases necesarias para a posterior renovación da superficie de xogo. Así mesmo, inclúese a subministración e instalación dun novo sistema de céspede artificial para un

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.