jsjsjsjsjsjsieieo.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO, DAS OBRAS CONTIDAS NO PROXECTO «CAMPO DE FÚTBOL DO RABEL – SANTIAGO DE OLIVEIRA» 1ª OBXECTO DO CONTRATO E XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE O obxecto do presente contrato é a execución das obras definidas no «Proyecto básico y de ejecución. Campo de fútbol do Rabel – Santiago de Oliveira. Ponteareas. Pontevedra», redactado por NAOS 04 ARQUITECTOS, S.L.P., e subscrito polos arquitectos D. Santiago González García, Dª Paula María Costoya Carro e Dª Mónica María Fernández Garrido, na versión asinada electronicamente o 18 de setembro de 2026, aprobada mediante a Resolución do Primeiro Tenente de Alcaldesa núm. 2026-3725, do 22 de setembro de 2026. As actuacións previstas teñen como finalidade a renovación e mellora integral do terreo de xogo e das instalacións vinculadas ao campo de fútbol, actualmente constituído por unha superficie de terra compactada que presenta un significativo estado de deterioración, irregularidades e unhas condicións que non resultan adecuadas para a práctica deportiva. O proxecto prevé a súa substitución por unha superficie de céspede artificial, co obxecto de mellorar as condicións de uso, seguridade, durabilidade e mantemento da instalación deportiva. O contrato comprende, entre outras actuacións, os traballos previos de desmontaxe e retirada do equipamento deportivo existente e a anulación ou retirada das instalacións afectadas polas obras, así como os movementos de terras, o caxeado, nivelación e compactación do terreo e a execución das bases necesarias para a posterior renovación da superficie de xogo. Así mesmo, inclúese a subministración e instalación dun novo sistema de céspede artificial para un campo de fútbol 11 de aproximadamente 105 x 64 metros, co correspondente marcaxe regulamentario para fútbol 11 e dous campos transversais de fútbol 7. As obras comprenden igualmente a execución dunha nova rede de drenaxe e recollida de augas pluviais, mediante canaletas perimetrais conectadas á correspondente rede de evacuación; a instalación dunha nova rede de rega automática; as actuacións eléctricas previstas no proxecto e a execución de tres zapatas de formigón e das canalizacións para unha futura instalación de torres de iluminación, mantendo o alumeado existente; a renovación das proteccións e barandillas perimetrais; a execución dunha acera perimetral; e a instalación do novo equipamento deportivo necesario para o adecuado funcionamento do campo. As actuacións proxectadas responden, polo tanto, á necesidade municipal de mellorar as condicións de seguridade, funcionalidade e calidade da instalación deportiva, renovando unha superficie de xogo deteriorada e dotando o campo das infraestruturas e equipamentos necesarios para permitir a práctica deportiva en condicións adecuadas. XUSTIFICACIÓN DA NON DIVISIÓN EN LOTES 1 de 60 YFP3ADRQLCSX7A4WRZ42GMR53 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.saeraetnop//:sptth :nóiccerroC 06 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.