informe prazo execucion obra

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE PONTECESURES OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL Avda. de Vigo, 2, 36640 Pontecesures, Pontevedra T. 986 564 412 / F. 986 557 554 / E.arquitecto@pontecesures.org INFORME TÉCNICO Asunto : Estimación do prazo de execución Proxecto / obra : Obras de Mellora rúa Ensanche Expedientes : 1064 / 2026 Promotor : Concello de Pontecesures Situación : rúa do Ensanche, Pontecesures 1. Con data 22.05.2026, rexistro de entrada núm. 2026-E-RE-581, recíbese o Proxecto de Mellora rúa Ensanche, asinado polo enxeñeiro D. Pablo Blanco Ferreiro con data 21.05.2026. 2. En data 26.05.2026 emitín un informe de supervisión do proxecto, no que indiquei, entre outras cuestións, que o prazo previsto no proxecto (6 meses) non é acorde coa entidade da obra, sendo un prazo realmente excesivo para a obra de asfaltado dun camiño duns 650 metros de lonxitude e uns 5 metros de largo. 3. No proxecto prevese unha obra que basicamente se limita á limpeza do camiño e as súas marxes, a execución dunha capa de rodadura de aglomerado asfáltico sobre o firme existente, e pintado de sinalización horizontal. Logo de analizar a entidade dos traballos a realizar, resultarían apropiados os seguintes prazos: traballo prazo estimado Actuacións previas: limpezas e fresados : 1 semana Aglomerado e formación de RFV : 2,5 semanas Sinalización horizontal : 0,5 semana prazo total : 4 semanas 4. Tendo en conta o anterior, e aos efectos da licitación do contrato para a execución da obra, resulta adecuado establecer un prazo de execución de 4 semanas. Pontecesures, setembro de 2026 O arquitecto municipal Carlos D. Besada Ferreiro < documento asinado á marxe > 26.1064_Via Depo 26_mellora rua do ensanche_informe prazo execucion_v01_20260924.docx 1/1 OMSINABRU ED SEMROFNI Z4DM6ZPG7SSCGZ92FSQYCAYZ5 :nóicadilaV .doC 6202/90/42 :ataD 5410-6202 :oremúN /lag.acinortceledes.serusecetnop//:sptth :nóiccerroC 1 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD