Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Concello de Pontecesures Expte nº: 1064/2026 Procedemento: Aberto simplificado Tipo de contrato: Obras Asunto: Mellora da Rúa do Ensanche RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Visto o proxecto técnico denominado MELLORA DA RÚA DO ENSANCHE, redactado e asinado polo arquitecto, Pablo Blanco Ferreiro (EstudioTécnico Gallego, colexiado 22.292), en data 26.05.2026, e cun orzamento base de licitación de 56.320,165 €, máis o IVE do 21%, por importe de 11.827,23 €, que fan un total de 68.147,39 €, e cun prazo de execución de catro semanas. Lida a resolución da Alcaldía núm. nº 2026-1222 de 24.09.2026 pola que se aproba o proxecto técnico. Visto o acordo da Xunta de Goberno da Deputación provincial de Pontevedra, do 11.09.2026 concedendo subvención ao Concello de Pontecesures de 62.502,04 euros, ao abeiro do Plan Vía Depo 2026, para a realización do investimento Mellora da Rúa do Ensanche. Visto que en data 25.09.2026, asínase acta de reformulo do proxecto por parte da Alcaldesa- Presidenta do Concello e o redactor do mesmo, na que se comproba a realidade xeométrica das obras proxectas, a dispoñibilidade dos terreos precisos para a súa normal execución, cantos supostos figuran no proxecto aprobado e que son básicos para a execución do investimento. Visto que en data 25.09.2026, a Alcaldía asina os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares desta licitación. Vista a providencia da Alcaldía de data 24.09.2026 pola que se dispón a iniciación do expediente de contratación, a redacción dos Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares e mediante a que se solicita acreditación por parte da Secretaría-Intervención sobre este asunto. Lida a Memoria xustificativa asinada pola Alcaldía con data 25.09.2026. Visto o certificado da Secretaría- Intervención municipal de data 25.09.2026 acreditativo da existencia de crédito axeitado e suficiente por importe de 68.147,39 € na aplicación 1532.619.08 do estado de gastos do orzamento do Concello vixente. Visto o informe de Secretaría-Intervención nº 2026-0547 de data 28.09.2025 e con código de validación 7X7HST4FM269FGP3H276TWGR2 Á vista das características do contrato que se pretende licitar: Órgano de contratación: Xunta de goberno local (por delegación da Alcaldía mediante Decreto número 2023-0524 de data 11.07.2023). Procedemento contratación: Aberto simplificado Concello de Pontecesures Avda. de Vigo, 2, Pontecesures. 36640 (Pontevedra). Tfno. 986557125. Fax: 986557554 OTERCED MSKCXHQ2HW3HHLERSTK2XMQA5 :nóicadilaV .doC 6202/90/82 :ataD 0421-6202 :oremúN /lag.acinortceledes.serusecetnop//:sptth :nóiccerroC 3 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.