Execución das obras contidas na «Separata do reformulado do proxecto básico e de execución de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos: Avda. Constitución e contorna dos Xardíns da Xiralda (R/ Concha Brey)».
Objeto y condiciones del contrato
Alcaldía del Ayuntamiento de Ponteareas convoca la licitación «Execución das obras contidas na «Separata do reformulado do proxecto básico e de execución de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos: Avda. Constitución e contorna dos Xardíns da Xiralda (R/ Concha Brey)»», un contrato de obras con un valor estimado de 182.404,30 EUR (sin impuestos) con lugar de ejecución en Pontevedra. Clasificación CPV: Trabajos de paisajismo en zonas verdes.; Trabajos de construcción de tuberías para agua y aguas residuales.; Trabajos de pavimentación de calles.. El plazo de presentación de ofertas finalizó el 3 de agosto de 2026 a las 23:59. Estado actual del expediente: Resuelta.
Plazo de presentación
As proposicións presentaranse exclusivamente de forma electrónica a través da Plataforma de Contratación do Sector Público. O prazo de presentación será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación, e finalizará o último día ás 23:59 horas.
Requisitos de los licitadores
Capacidad de obrar
Solvencia económica y financiera
A solvencia económica e financeira acreditarase mediante o volume anual de negocios da persoa licitadora, referido como máximo aos tres últimos exercicios dispoñibles. Abondará con que nun dos ditos exercicios se supere a contía de 273.606,45 euros, IVE excluído, equivalente a unha vez e media o valor estimado do contrato. O cumprimento deste requisito declararase inicialmente mediante a declaración responsable prevista no Anexo I do PCAP ou, alternativamente, mediante o DEUC. A documentación xustificativa será requirida unicamente á persoa licitadora que presentase a mellor oferta, con carácter previo á adxudicación.
Solvencia técnica o profesional
A solvencia técnica ou profesional acreditarase mediante unha relación das principais obras executadas, relacionadas co obxecto do contrato, nos últimos cinco anos, que inclúa o importe, as datas e o destinatario, público ou privado. Será necesario acreditar a execución de obras por importe igual ou superior a 127.683,01 euros, IVE excluído, nalgún dos anos comprendidos no dito período, equivalente ao 70 % do valor estimado do contrato. As obras acreditaranse, cando sexa requirida a documentación previa á adxudicación, mediante certificados expedidos polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa privado, mediante certificado expedido por este ou, na súa falta, mediante declaración do empresario. No caso de empresas de nova creación, cunha antigüidade inferior a cinco anos, a solvencia técnica acreditarase mediante declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico dispoñible para a execución das obras. Alternativamente, a clasificación no Grupo G, Subgrupo 6, Categoría 2, acreditará a solvencia esixida. O cumprimento do requisito declararase inicialmente mediante a declaración responsable prevista no Anexo I do PCAP ou, alternativamente, mediante o DEUC.
Condiciones de ejecución
Consideraciones de tipo social: Constitúe condición especial de execución a correcta xestión dos residuos xerados durante a obra, favorecendo a súa prevención, separación, reutilización, reciclaxe e valorización, así como a súa entrega a xestores autorizados, de conformidade coa normativa aplicable. Esta condición será igualmente esixible ás empresas subcontratistas.
Motivación de la adjudicación
Única proposición presentada y admitida. EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES LAUREANO COVELO, S.A. resulta clasificada en primer lugar con una puntuación total de 80,00 puntos, por lo que se adjudica el contrato a dicha entidad.
Criterios de adjudicación
| Criterio | Tipo | Peso |
|---|---|---|
|
Compromiso de aplicación de un sistema de control de calidad
Indicarase «SI» ou «NON». Outorgaranse 20 puntos cando a persoa licitadora se comprometa a aplicar durante a execución da obra un sistema de control de calidade vinculado ás prestacións obxecto do contrato e o acredite mediante certificado UNE-EN ISO 9001 ou equivalente, ou mediante outra proba documental que acredite un sistema de xestión ou control de calidade equivalente aplicable á obra. As ofertas que non acrediten este compromiso obterán 0 puntos.
|
Objetivo / Automático | 20% |
|
Ampliación del plazo de garantía
Introducirase o número de meses completos adicionais de garantía ofertados, sen custo adicional para a Administración. O prazo mínimo obrigatorio de garantía é dun ano. Valorarase unha ampliación máxima de 48 meses adicionais. As ampliacións superiores a 48 meses non obterán maior puntuación e non se admitirán fraccións inferiores a un mes completo.
|
Objetivo / Automático | 30% |
|
Menor precio
Introducirase o prezo ofertado sen IVE. Non poderá superar o orzamento base de licitación sen IVE, fixado en 182.404,30 euros. A oferta deberá indicar separadamente o IVE correspondente. A puntuación calcularase mediante a fórmula P = 25 × Pmin / Pofert, sendo Pmin o menor prezo ofertado sen IVE entre as ofertas admitidas e Pofert o prezo ofertado sen IVE pola persoa licitadora.
|
Objetivo / Automático | 25% |
|
Memoria técnica de la obra
Deberá achegarse unha memoria técnica específica da obra, cun máximo de 10 páxinas en formato DIN A4, permitíndose diagramas ou esquemas técnicos en DIN A3 cando resulten relevantes. Valorarase: a) coñecemento do terreo e doutros condicionantes externos, ata 7 puntos; b) descrición do proceso construtivo e organización técnica da obra, ata 11 puntos; e c) medidas de seguridade, protección ambiental e afeccións a terceiros, ata 7 puntos. Non poderá incluír información relativa á oferta económica nin a outros criterios automáticos.
|
Subjetivo / Manual | 25% |
Presupuesto
Valor estimado (sin impuestos)
Total (con impuestos)
Adjudicación
Códigos CPV
Clasificación de productos y servicios
Documentación
12 documentos
Organismo Contratante
Plazo de Presentación
Procedimiento
Fechas
Licitaciones Relacionadas
Basadas en organismo contratante, CPV y tipo de contrato