N. Expediente 2047/2026
F. Apertura 06/07/2026
Serie
S0284 - Contratacións de subministración por procedemento aberto
documental
DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DECORATIVO DE ILUMINACIÓN
Asunto EXTERIOR DO CONCELLO DE POIO DURANTE AS FESTAS DE NADAL
2026-2027, ENTROIDO 2027, FESTA PATROAL DE SAN XOÁN 2027
Trámite Resolución de solicitude de documentación
Visto o expediente tramitado na aplicación electrónica Gestiona 2047/2026 ao que se incorpora con data 29
de setembro de 2026 acta da Mesa de Contratación no que realiza proposta de clasificación de ofertas a
favor da única empresa presentada na licitación Distribuciones Dalisa, SL así como dispón o requirimento
de documentación nos termos indicados no Prego de Cláusulas Administrativas que rexe a contratación.
Coa finalidade de minorar a carga administrativa que pode supoñer que o requirimento se faga a través de
acordo adoptado por Xunta de Goberno Local, como órgano de contratación, en atención ás consideracións
realizadas reflectidas que constan no expediente e de conformidade co establecido no art. 10 da Lei
40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público ao que se remite o art. 116 do Real Decreto
2568/1986, do 28 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, 21
da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases de réxime local, 61 da Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración
Local de Galicia e co motivo de axilizar a tramitación do correspondente expediente coa finalidade de que
non se demore o seu inicio RESOLVO:
Primeiro: Avocar a competencia da Alcaldía como órgano competente segundo o disposto no artigo
21.1º.q) da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local e concordante da Lei 5/1997, de 22 de
xullo, de Administración Local de Galicia, delegada na Xunta de Goberno Local segundo Decreto de 28 de
xuño de 2026, para o requirimento de documentación previa.
Segundo: Prestar aprobación á clasificación de ofertas realizadas pola Mesa de Contratación e así requirir a
Distribuciones Dalisa, SL para que no prazo de 10 días presente a través da Plataforma de Contratos do
Sector Público a documentación previa nos termos establecidos no Prego de Cláusulas Administrativas.
Mándao e asínao o Sr. Alcalde, co visto e prace, do que eu, Secretario Xeral dou fe.
O Alcalde O Secretario xeral
Angel Moldes Martínez Juan F. Sánchez González
Concello de Poio
Praza do Mosteiro, Nº1, Poio. 36995 (Pontevedra). Tfno. 986770001. Fax: 986771277
OTERCED
RYE66QK6G5C97JARH5RDFY443
:nóicadilaV
.doC
6202/90/92
:ataD
2901-6202
:oremúN
/lag.acinortceledes.oiopollecnoc//:sptth
:nóiccerroC
1
a
1
anixáP
|
ocilbuPse
anoitsex
amrofatalp
a
edsed
etnemacinortcele
odanisa
otnemucoD
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.