Contrato para a prestación do servizo de xestión integral da Residencia de Artistas - Artistea de Ponteareas, por procedemento aberto
Objeto y condiciones del contrato
Pleno del Ayuntamiento de Ponteareas convoca la licitación «Contrato para a prestación do servizo de xestión integral da Residencia de Artistas - Artistea de Ponteareas, por procedemento aberto», un contrato de servicios con un valor estimado de 99.156,19 EUR (sin impuestos) con lugar de ejecución en Pontevedra. Clasificación CPV: Servicios de organización de eventos culturales.; Servicios de esparcimiento, culturales y deportivos.; Servicios de entretenimiento.. El plazo de presentación de ofertas finalizó el 5 de marzo de 2026 a las 23:59. Estado actual del expediente: Resuelta.
Requisitos de los licitadores
Capacidad de obrar
Solvencia económica y financiera
(Artigo 87 LCSP). Establécense a continuación os criterios de solvencia económica e financeira, os requisitos mínimos e os medios de acreditación. Poderá acreditarse polo/s medio/s seguinte/s: VOLUME ANUAL DE NEGOCIOS, referido ao mellor exercicio dentro dos tres últimos dispoñibles, en función das datas de constitución ou inicio de actividades da empresa e da data de presentación da oferta. O volume anual de negocios será de, polo menos, unha vez e media o valor anual medio do contrato, que ascende a 49.578,09 €, polo que o volume anual de negocios esixido será de 74.367,14 €. A acreditación efectuarase mediante a presentación das contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se a empresa estivese inscrita en dito rexistro, e en caso contrario polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrita, sempre que estea vencido o prazo de presentación e se atopen depositadas. Se o último exercicio se atopase pendente de depósito, deberán presentarse acompañadas da certificación da súa aprobación polo órgano competente e da súa presentación no Rexistro. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizadas polo Rexistro Mercantil. A documentación anterior presentarase acompañada dunha declaración do empresario indicando o volume de negocios global da empresa.
Solvencia técnica o profesional
Solvencia técnica ou profesional (artigo 90 LCSP). A solvencia técnica ou profesional acreditarase conforme ao previsto no punto 10.2 do Anexo I do PCAP, mediante a presentación dunha relación dos principais servizos ou traballos realizados de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato, executados como máximo nos tres últimos anos, na que se indique o importe, a data e o destinatario público ou privado. O importe anual acumulado no ano de maior execución dentro do citado período de tres anos deberá ser igual ou superior ao 70 % da anualidade media do contrato, que ascende a 34.704,67 euros. A acreditación efectuarase mediante certificados de boa execución ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público e, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante declaración responsable da empresa acompañada da documentación acreditativa correspondente. Para as empresas de nova creación, a solvencia técnica acreditarase nos termos previstos no punto 10.2 do Anexo I do PCAP, mediante declaración indicativa da maquinaria, material e equipo técnico dispoñible para a execución das prestacións, debendo acreditarse o cumprimento dos requisitos mínimos esixidos no prego de prescricións técnicas.
Condiciones de ejecución
- Consideraciones de tipo social: Apartado 23 Anexo I PCAP: uso no sexista del lenguaje en toda la documentación, materiales y comunicaciones del contrato. La contratista adoptará medidas de igualdad efectiva entre mujeres y hombres (LO 3/2007), acreditables a requerimiento mediante plan de igualdad, acuerdos o documentación equivalente.
- Cumplimiento de las Convenciones fundamentales de la Organización Mundial del Trabajo: Apartado 23 Anexo I PCAP: si el servicio implica contacto habitual con menores, el personal adscrito aportará certificado negativo de delitos sexuales y trata (LO 8/2021) y se sustituirá de inmediato ante incidios/condena. Subcontratación: relación y justificantes de pago a requerimiento (art. 216 LCSP y Ley 3/2004).
Prórrogas
Establécense dúas (2) prórrogas de un (1) ano de duración cada unha, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder de catro (4) anos, de conformidade co previsto no PCAP e no artigo 29 da LCSP.
Motivación de la adjudicación
PRIMEIRO.- Asumir a motivación e a proposta formuladas pola Mesa de Contratación na súa sesión do 3 de setembro de 2026, recollidas na Acta nº 6, relativa ao exame e valoración da documentación presentada por INTER-ANIMA EVENTS, S.L. en cumprimento do requirimento de emenda efectuado en execución da Resolución nº 189/2026 do TACGal. SEGUNDO.- Considerar non acreditada por INTER-ANIMA EVENTS, S.L., con NIF B27443225, a solvencia técnica ou profesional esixida no apartado 10.2 do Cadro de Características do PCAP, polos motivos expostos na Acta nº 6 da Mesa de Contratación e reproducidos nos antecedentes da resolución. TERCEIRO.- Considerar que INTER-ANIMA EVENTS, S.L. non cumprimentou adecuadamente o requisito de solvencia técnica ou profesional necesario para resultar adxudicataria do contrato e, de conformidade co artigo 150.2 da LCSP e coa cláusula 21.2 do PCAP, ter por retirada a oferta presentada pola dita licitadora. CUARTO.- Declarar deserta a licitación do contrato para a prestación do servizo de xestión integral da Residencia de Artistas “Artistea” do Concello de Ponteareas, expediente 8097/2025, ao non existir ningunha proposición válida e admisible que permita a adxudicación do contrato. QUINTO.- Non impoñer a INTER-ANIMA EVENTS, S.L. a penalidade do 3 % do orzamento base de licitación, IVE excluído, prevista no artigo 150.2 da LCSP. SEXTO.- Declarar que non procede manter a garantía definitiva constituída por INTER-ANIMA EVENTS, S.L., por importe de 4.743,75 euros, dispoñendo a súa cancelación. SÉTIMO.- Publicar a resolución no perfil de contratante do Concello de Ponteareas. OITAVO.- Notificar a resolución ás entidades interesadas. NOVENO.- Dar traslado da resolución aos departamentos de Intervención e Tesourería. DÉCIMO.- Dar coñecemento da resolución ao Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co artigo 57.4 da LCSP, como actuación adoptada para dar cumprimento á Resolución nº 189/2026, do 13 de agosto de 2026.
Criterios de adjudicación
| Criterio | Tipo | Peso |
|---|---|---|
|
Oferta económica
O licitador deberá indicar o importe total da oferta económica (IVE excluído), conforme ao modelo do Anexo de oferta. A puntuación calcularase coa fórmula: Puntuación oferta X = (Importe da oferta máis económica / Importe da oferta da licitadora X) x 45.
|
Objetivo / Automático | 45% |
|
Incremento da experiencia en dirección artística e coordinación técnico-operativa
Outorgarase 1 punto por cada ano de experiencia adicional ao mínimo exixido de tres anos para o perfil de dirección artística e coordinación técnico-operativa, computado a razón de 100 xornadas completas cotizadas por ano, ata un máximo de 5 puntos. A experiencia acreditarase mediante informe de vida laboral e certificado da empresa ou entidade contratante, ou subsidiariamente mediante declaración responsable acompañada de documentación acreditativa equivalente.
|
Objetivo / Automático | 5% |
|
Ampliación do número mínimo de actividades
Outorgarase 1 punto por cada actividade ofertada a maiores do número mínimo anual establecido no PPT, ata un máximo de 10 puntos. O licitador deberá indicar o número de actividades adicionais que oferta respecto do mínimo esixido.
|
Objetivo / Automático | 10% |
|
Proxecto técnico
Criterio de adxudicación por xuízo de valor: Proxecto técnico, cunha puntuación máxima de 40 puntos. A valoración realizarase segundo a adecuación da proposta ao PPT, distribuíndose en dous bloques: Xestión e funcionamento interno da residencia (15 puntos) e Plan de programación e dinamización cultural (25 puntos). No primeiro bloque valorarase a definición e coherencia dos obxectivos (3 puntos), a calidade, concreción e viabilidade das accións de xestión (8 puntos), incluíndo protocolos e normativa de uso, coordinación e convivencia, mantemento de instalacións e equipamentos, seguridade e prevención de riscos e procedementos administrativos, así como o calendario de implementación inicial (4 puntos). No segundo bloque valorarase a calidade, coherencia e viabilidade do plan cultural e a súa adecuación ao contexto local e ao marco económico do contrato, atendendo ao enfoque metodolóxico (4 puntos), ao plan estratéxico con diagnose e planificación plurianual (5 puntos), ao plan de programación anual (8 puntos) que inclúe modelo de residencias, programación trimestral, xornadas anuais de retorno e colaboracións con programas municipais ou comarcais, ao plan de comunicación (4 puntos), aos recursos materiais e técnicos comprometidos (2 puntos) e ao sistema de avaliación, seguimento e control con indicadores (2 puntos). O proxecto técnico terá unha extensión máxima de 30 páxinas (A4), excluíndo portada e índice, e non se valorará o contido que exceda ese límite. O informe de valoración deberá motivar a puntuación asignada conforme á distribución indicada. O proxecto non poderá incluír referencia aos criterios avaliables de forma automática, en especial non deberá mencionar o número de actividades ofertado no sobre tres, sendo causa de exclusión automática o seu incumprimento. A xustificación do criterio é seleccionar a oferta máis axeitada, coherente e viable para a xestión integral da residencia artística municipal, garantindo calidade na planificación, adecuación ao obxecto do contrato e capacidade real de execución dentro do marco económico establecido.
|
Subjetivo / Manual | 40% |
Presupuesto
Valor estimado (sin impuestos)
Valor global estimado
Total (con impuestos)
Códigos CPV
Clasificación de productos y servicios
Documentación
28 documentos
Organismo Contratante
Plazo de Presentación
Procedimiento
Fechas
Licitaciones Relacionadas
Basadas en organismo contratante, CPV y tipo de contrato