Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) Concello de Cee CIF: P1502300E Teléfono: 981 745 100 Fax: 981 746 757 correo@cee.gal www.cee.gal ASUNTO: MEMORIA XUSTIFICATIVA DA NECESIDADE DE CONTRATAR O SUBMINISTRO (MEDIANTE ALUGUER) DE ELEMENTOS LUMINOSOS DECORATIVOS, A MONTAXE, MANTEMENTO E DESMONTAXE DOS MESMOS PARA AS FESTAS DE NADAL 2026/2027 EXPEDIENTE: 2026/C005/000006 1. OBXECTO E NECESIDADE DA CONTRATACIÓN O Concello de Cee instala tradicionalmente durante as festas de Nadal iluminación ornamental en distintas rúas, prazas, espazos públicos e parroquias do municipio, coa finalidade de crear unha ambientación propia destas datas e contribuír á dinamización social e económica do concello. A iluminación ornamental constitúe un elemento relevante da campaña municipal de Nadal, ao favorecer a creación dun contorno atractivo nos espazos públicos, incrementar a afluencia e permanencia de persoas nas zonas comerciais e contribuír á promoción e dinamización do comercio local. Para a campaña de Nadal 2026/2027 considérase necesario reforzar e ampliar a decoración e iluminación ornamental do municipio respecto do exercicio anterior, incrementando a súa presenza en diferentes rúas, prazas e parroquias, de acordo coa distribución e características establecidas no Prego de Prescricións Técnicas. A contratación da iluminación ornamental e a ampliación da mesma respecto do exercicio anterior responden a unha planificación municipal orientada a reforzar a campaña de Nadal, favorecer a actividade comercial e incrementar o atractivo e a dinamización dos espazos públicos e das zonas comerciais do municipio durante estas datas. A maior presenza de elementos decorativos pretende contribuír á creación dun contorno atractivo e acolledor que favoreza a afluencia de persoas, a actividade comercial e a participación da cidadanía durante o período de Nadal. O Concello non dispón en propiedade dos elementos luminosos ornamentais necesarios para desenvolver a actuación prevista, polo que resulta preciso acudir á súa contratación mediante aluguer, incluíndo igualmente as prestacións necesarias para o seu transporte, montaxe e instalación, posta en funcionamento, mantemento durante o período de utilización e posterior desmontaxe e retirada. En consecuencia, considérase necesaria a contratación do subministro mediante aluguer, montaxe, mantemento e desmontaxe da iluminación decorativa de Nadal 2026/2027, nas condicións e co alcance establecidos no correspondente Prego de Prescricións Técnicas. 2. INSUFICIENCIA DE MEDIOS PROPIOS O Concello de Cee non conta con elementos de iluminación ornamental de Nadal en propiedade que permitan atender as necesidades previstas para a campaña de Nadal 2026/2027, polo que resulta necesario acudir ao seu subministro mediante aluguer. )00:21:11 6202/90/40 :AHCEF( názuoL alemaL atiragraM ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV /lag.eec.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV O1Rm3WVOz1C3kTHf3X4M :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.