PPT.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/nº 15270 CEE (A Coruña) CIF: P1502300E Teléfono: 981 745 100 Fax: 981 746 757 correo @cee.ga l www.cee.gal PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS DA CONTRATACIÓN DO ALUGUER E INSTALACIÓN DA ILUMINACIÓN DECORATIVA DO NADAL 2026/2027 EXPEDIENTE CONTRATACIÓN Nº: 2026/C005/000006 1. OBXECTO DO CONTRATO O presente prego ten por obxecto especificar as condicións técnicas que regularán o desenvolvemento do proxecto decorativo de iluminación durante as festas do Nadal 2026/2027. A prestación executarase nas localizacións e coas características, cantidades, dimensións mínimas e demais condicións establecidas no Anexo I do presente prego. Os elementos subministrados deberán cumprir, en todo caso, as prescricións técnicas establecidas neste documento. A prestación inclúe o subministro en réxime de alugueiro dos elementos decorativos, así como os traballos de transporte, montaxe, instalación, legalización, posta en funcionamento, mantemento, desmontaxe e retirada nos prazos establecidos no presente prego. 2. CONDICIÓNS TÉCNICAS DOS TRABALLOS A DESENVOLVER 2.1 . Requisitos das instalacións O adxudicatario debe asumir toda a instalación eléctrica necesaria para dar servizo aos elementos recollidos no ANEXO I deste prego, e todos os elementos mecánicos de sustentación, soporte ou suxeición que sexan necesarios para montar os ditos elementos. O adxudicatario realizará a instalación dos elementos de decoración previstos no Anexo I nas rúas e espazos públicos nel determinados. Todas as instalacións deberán cumprir co Regulamento electrotécnico de baixa tensión, as súas instrucións técnicas complementarias e coa restante normativa técnica que resulte de aplicación. As instalacións realizaranse en tendido aéreo mediante cableado o cal deberá retirarse na súa totalidade durante o período de desmontaxe. Durante a execución, todas as actuacións relativas á montaxe dos elementos mecánicos e eléctricos deberán ser supervisadas por persoal técnico competente da empresa adxudicataria, que deberá garantir e, cando legalmente proceda, certificar que as instalacións se executan de acordo coa normativa aplicable e coas prescricións deste prego. O adxudicatario debe garantir unha eficaz e permanente dispoñibilidade do servizo de mantemento durante as 24 horas do día durante o período de funcionamento da iluminación, sendo pola súa conta a substitución de todos os elementos avariados por calquera motivo ou que non cumpran as especificacións requiridas. Cando o apoio do motivo luminoso sexa un soporte de iluminación pública existente (farolas,etc...), a fixación farase mediante ancoraxes e outros elementos que non danen as farolas. A fonte de luz será LED de alta eficacia. Os elementos subministrados deben proporcionar unha intensidade e brillantez lumínica correcta, quedando descartado o uso de elementos lumínicos usados que Página 1 de 8 )00:21:11 6202/90/40 :AHCEF( názuoL alemaL atiragraM ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV /lag.eec.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV KWAtraWBAR0QR/pq2vW1 :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.