Informe técnico 2

Otros Documentos Ver licitación
Expediente: 2026/ABS/000006 Contrato: Servizo de prevención e control da lexionelose nas instalacións e/ou sistemas de auga sanitaria (auga quente sanitaria e auga fría sanitaria) existentes nos edificios de titularidado do Concello de Pontevedra Documento: Informe de avaliación de criterios avaliables automaticamente por aplicación de fórmulas. No lugar e data e en relación ao contrato reflectido no encabezado e seguindo as instrucións dos órganos do Goberno de que se proceda á contratación do citado mantemento, de conformidade cos artigos 28.1, 116, 136, etc., da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP) e 73.2 do RD 1098/2001, emítese o presente informe de avaliación das ofertas presentadas por cada un dos licitadores, en referencia aos criterios avaliables automaticamente por aplicación de fórmulas: CRITERIOS AVALIABLES AUTOMATICAMENTE POR APLICACIÓN DE FÓRMULAS A AVALIAR NO PRESENTE INFORME. De acordo co contido do prego que rexe o presente concurso, os criterios a avaliar no presente informe serán os referentes a criterios avaliables automaticamente por aplicación de fórmulas, que se transcriben literalmente a continuación: “A.1. Oferta económica de diminución de prezo do mantemento e control programado: de 0 a 55,00 puntos. Valorarase a diminución no presuposto tipo de licitación (587.157,00 €, sen IVE; 710.459,97 €, con IVE). Dita valoración efectuarase por regra matemática de proporcionalidade inversa, segundo a seguinte fórmula: Puntuación= 55,00 x Pmo/Plic sendo Pmo o prezo da mellor oferta e Plic o prezo ofertado por cada licitador.” OFERTA AVALIADA. A partir da documentación examinada en apertura pública, compróbase que referentes aos criterios obxecto do presente informe, avalíase a seguinte oferta: Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:TIHX2PZVMF785U9G A.1 KINDLING, S.L.U. 377.520,00 € 710.459,97 € EXISTENCIA DE OFERTAS INCURSAS EN TEMERIDADE. No PCAP se conten a seguinte especificación de parámetros para apreciar ofertas con presunción de valores desproporcionados ou anormais.: “Como aplicación preferente ao sinalado no art. 9 do prego, polo que se refire á cuantificación económica, presumiranse inicialmente desproporcionadas as ofertas que supoñan unha baixa efectiva (Be) superior en seis (6) puntos porcentuais, respecto da baixa efectiva media das ofertas (Bm), de tal forma que: Be ≻ Bm+6 A baixa efectiva media das ofertas (Bm) resultará de dividir o sumatorio das baixas efectivas realizadas por cada un dos licitadores (Be) entre o número total de licitadores (Nlic). Bm = ( ∑ Be ) / Nlic Cando concorran máis de tres licitadores, caso de existir ofertas tales que, Be ≺ Bm-N o cálculo da baixa efectiva media das ofertas (Bm), realizarase, tras un novo cálculo da mesma, excluíndo as ofertas de contía máis elevada nas que concorra a condición anterior. A baixa efectiva (Be) realizada por cada licitador será a expresión en porcentaxe base 100 do resultado de dividir a Oferta total de diminución de prezo realizada polo licitador (Dp) entre o Presuposto Tipo (Ptipo) segundo o seguinte algoritmo. Be = 100 x Dp / Ptipo A diminución de prezo referida á oferta económica (De) será o resultado de restar ao presuposto tipo de licitación (Ptipo) o prezo ofertado polo licitador para a realización do contrato (Plic). De = Ptipo - Plic “

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.