Informe técnico 1

Otros Documentos Ver licitación
Expediente: 2026/ABS/000006 Contrato: Servizo de prevención e control da lexionelose nas instalacións e/ou sistemas de auga sanitaria (auga quente sanitaria e auga fría sanitaria) existentes nos edificios de titularidado do Concello de Pontevedra Documento: Informe de avaliación de criterios suxeitos a xuízo de valor. No lugar e data e en relación ao contrato reflectido no encabezado e seguindo as instrucións dos órganos do Goberno de que se proceda á contratación do citado mantemento, de conformidade cos artigos 28.1, 116, 136, etc., da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP) e 73.2 do RD 1098/2001, emítese o presente informe de avaliación das ofertas presentadas por cada un dos licitadores, en referencia aos criterios suxeitos a xuízo de valor. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN SUXEITOS A XUÍZO DE VALOR A AVALIAR NO PRESENTE INFORME. De acordo co contido do prego que rexe o presente concurso, os criterios para avaliar no presente informe serán os contidos no sobre B referentes a criterios cuantificables por xuízo de valor, que se transcriben literalmente a continuación: “B.1 Memoria de melloras ás operacións de mantemento programado e control programados: de 0 a 30 puntos. Valoraranse neste apartado, conforme se indica no mesmo, as melloras ás operacións de mantemento e control programados ou operacións de prevención e control da lexionelose incluídas no prego de prescricións técnicas que rexe a presente licitación. Debe terse en conta que neste criterio cuantificable mediante xuízo de valor debe alcanzarse a puntuación mínima de 15 puntos. Isto determina que o licitador necesita obter puntuación neste apartado para alcanzar esa mínima, e necesariamente deberá presentar unha memoria que conteña melloras ás operacións de prevención e control da lexionelose ás que se refire este criterio de adxudicación e alcanzar nos criterios cuantificables mediante xuízo de valor a puntuación mínima que esixida para alcanzar o devandito limiar, dado que en caso contrario, será excluído deste procedemento de adxudicación. A memoria que inclúa as melloras ás operacións de mantemento e control programados ou operacións de prevención e control da lexionelose contidas no prego de prescricións técnicas debe ser clara, precisa, adecuada e completa; estruturada de forma anual, cunha programación trimestral, e tendo unha duración total coincidente co período de duración do presente contrato. Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:NUOKN029Y0P90YC1

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.