rúa de Michelena, núm. 30, 1º
986 100 185 - 986 804 300
sede.pontevedra.gal
EXPEDIENTE DO CONTRATO DE SERVIZO: MANTEMENTO E PREVENCIÓN DA LEXIONELOSE
NOS SISTEMAS DE CALEFACCIÓN E AUGA QUENTE SANITARIA NOS EDIFICIOS MUNICIPAIS.
NÚMERO DE EXPEDIENTE: 2026/ABS/000006
TRAMITE: Resolución de inicio
RESOLUCIÓN DA CONCELLEIRA DA DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE, DO BENESTAR, DA
SAÚDE E DA ECONOMÍA
Examinado a memoria xustificativa e informe de insuficiencia de medios promovendo o contrato que
consta no expediente indicado na cabeceira, no que se xustifica a natureza e extensión das
necesidades a satisfacer así como a idoneidade do obxecto e natureza do contrato para satisfacelas
e a insuficiencia de medios nos termos que esixe o artigo 28.1, 30 e 116 da Lei 9/2017, do 8 de
novembro, de contratos do Sector Público, que se asumen nesta resolución.
Considerando que está xustificada a necesidade de proceder a realizar un contrato de servizos para
satisfacer as necesidades expostas no informe mencionado.
Resultando, que a realización do contrato de servizos mencionado na cabeceira require acordo de
inicio do órgano de contratación, que no Concello de Pontevedra é a Xunta de Goberno Local de
conformidade co apartado cuarto da disposición adicional segunda da LCSP, se ben a dita
competencia para iniciar expedientes delegouse nesta Concellería da área de Promoción da
igualdade, do benestar, da saúde e da economía, mediante acordo da Xunta de Goberno Local de
data 12 de febreiro de 2026.
Á vista do exposto, por delegación da Xunta de Goberno Local de data 12 de febreiro de 2026
RESOLVO:
Primeiro.- Acordar o inicio do expediente do contrato de servizos que se menciona na cabeceira
desta resolución e considerar xustificada a natureza e extensión das necesidades que se pretenden
satisfacer no contrato así como a idoneidade do obxecto e contido para satisfacelas.
SERVIZO DE MANTEMENTO E PREVENCIÓN DA
LEXIONELOSE NOS SISTEMAS DE CALEFACCIÓN E
AUGA QUENTE SANITARIA NOS EDIFICIOS
1 / 2
Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en:
https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:R2SQ08S4WB2QC3LX
EXPEDIENTE DO CONTRATO DE SERVIZOS MUNICIPAIS (2026/ABS/000006)
ORZAMENTO 587.157,00 €
IVE: 123.302,97 €
ORZAMENTO TOTAL 710.459,97 €
PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO 3 ANOS. PLURIANUAL.
Segundo.- Que se proceda a incorporar ao expediente os documentos que correspondan ata a
formalización do contrato.
Pontevedra, na data que figura na sinatura electrónica.
2 / 2
Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en:
https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:R2SQ08S4WB2QC3LX
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.