Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
2026/ABS/000006 Certificación do acordo Raimundo González Carballo, Concelleiro Secretario da Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra. Certifico: que a Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión Ordinaria que tivo lugar o día 18.06.2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: 4.- MANTEMENTO E PREVENCIÓN DA LEXIONELOSE NOS SISTEMAS DE CALEFACCIÓN E AUGA QUENTE SANITARIA NOS EDIFICIOS MUNICIPAIS.. APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN. 2026/ABS/000006. Examinado o expediente do contrato de servizos que se menciona na parte dispositiva deste acordo, resultan relevantes os seguintes feitos: 1.- Elaborouse o prego de prescricións técnicas do contrato de servizos mencionado na parte dispositiva deste acordo. 2.- A Concelleira da área de promoción da igualdade, do benestar, da saúde e da economía acordou o inicio deste procedemento. 3.- Formulouse o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán este procedemento aberto. 4.- Emitiuse o informe preceptivo do Secretario da Administración Municipal (por delegación da Asesoría Xurídica). 5.- Emitiuse o informe preceptivo pola Intervención Xeral Municipal, co resultado de conformidade, se ben efectúa unha serie de observacións coa consideración de irregularidade leve. Fundamentos xurídicos Primeiro.- O artigo 131 da LCSP establece que o procedemento aberto constitúe un dos procedementos ordinarios para adxudicar os contratos, e en consecuencia pode acudirse a este procedemento neste caso. Así mesmo, deberá publicarse anuncio de licitación no perfil do contratante do Concello de Pontevedra e no DOUE. Segundo.- O prego de cláusulas administrativas particulares que consta no expediente de contratación cumpre coas determinacións establecidas no artigo 122 da LCSP e nos apartados 2 e 3 do artigo 67 do regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas aprobado por Real decreto 1098/2001, e nel se indica o réxime aplicable a este contrato. Terceiro.- No informe de fiscalización emitido pola Intervención Xeral, se informa o expediente de conformidade, se ben se formulan unha serie de observacións coa consideración de irregularidade leve, entre outras, a seguinte: - Deberá modificarse o apartado F) do PCAP no relativo ás previsións de modificación do contrato xa que figura un NON cando si que se recollen supostos de modificación. Con respecto a esta observación, incorporouse ao expediente un novo PCAP, subsanando o erro material detectado. Cuarto.- A competencia para a aprobación do expediente de contratación así como dos pregos é da Xunta de Goberno Local de conformidade cos artigos 117 e apartado cuarto da disposición adicional segunda da LCSP. 1 / 2 Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:WGDMOCER1TP0OZ0W

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.