ACTA DE ADMISIÓN DE TODOS OS INTERESADOS MEDIANTE A APERTURA E
CUALIFICACIÓN DO SOBRE ELECTRÓNICO A (DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA),
APERTURA DO SOBRE ELECTRÓNICO B (CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE XUÍZO
DE VALOR) E REQUIRIMENTO Á OFICINA TÉCNICA DE ARQUITECTURA (OTA) PARA
QUE EMITA INFORME VALORANDO AS OFERTAS FORMULADAS POLAS EMPRESAS
INTERESADAS NO SOBRE ELECTRÓNICO B.
EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN: 2026/ABS/000006
MANTEMENTO E PREVENCIÓN DA LEXIONELOSE NOS SISTEMAS DE CALEFACCIÓN
E AUGA QUENTE SANITARIA NOS EDIFICIOS MUNICIPAIS.
ACTO: Proceder a realizar a apertura e cualificación da documentación contida no sobre
electrónico A (documentación administrativa), así como a apertura do sobre electrónico B
(criterios avaliables mediante xuízo de valor) e remisión á OTA para que emita informe de
valoración das ofertas formuladas polas empresas interesadas no sobre electrónico B.
ÓRGANO QUE SE REÚNE: Mesa de Contratación.
DÍA: 29/07/2026
LUGAR: Sala de reunións do primeiro andar do Edificio Municipal sito en Michelena, 30,
Pontevedra.
HORA DE INICIO: 10:03 horas.
HORA DE FIN: 10:14 horas.
No expediente mencionado na parte superior desta acta e no lugar, día e hora indicados,
comparecen as persoas que de seguido se relacionan co obxecto de proceder a realización do
acto mencionado no expediente de contratación indicado.
ASISTENTES:
PRESIDENTE: Don Raimundo González Carballo
Concelleiro da área legal e económica
SECRETARIO: D. José Francisco González Neira (Xefe do
Servizo de Contratación).
VOGAIS: Dona Blanca Vega Lorenzo (Interventora
Xeral Municipal).
D. José Antonio García Mon (Director da
Asesoría Xurídica).
D. Ángel Francisco Velando Rodríguez
(Arquitecto Xefe da OTA).
A secretaría deste órgano da lectura ás empresas que se presentaron a este procedemento de
contratación:
EMPRESAS QUE SE PRESENTARON A COSAPLAG, S.L.U.
ESTE PROCEDEMENTO DE
CONTRATACIÓN KINDLING, S.L.U.
Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en:
https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:RHC87FXE6WNLNUDU
Acto seguido, en acto non público, procédese á apertura dos sobres electrónicos A, que
conteñen a documentación administrativa e a Mesa de Contratación, por unanimidade, acorda:
Determinar que a documentación administrativa presentada polas entidades mencionadas
anteriormente é correcta e en consecuencia admitir estas empresas a este procedemento de
contratación.
Posteriormente, en acto non público, procédese á apertura dos sobres electrónicos B das
ofertas formuladas polas entidades admitidas a este procedemento de contratación
correspondente aos criterios avaliables mediante xuízos de valor, que deben avaliarse con
carácter previo á avaliación dos criterios avaliables automaticamente, contidos nos sobres
electrónicos C.
Unha vez aberta esta oferta dos sobres electrónicos B a Mesa de Contratación, por
unanimidade, acorda:
Dar traslado destas ofertas contidas nos sobres electrónicos B para informe por parte da OTA.
Finalizada a apertura dos sobres, o Sr. Presidente da por finalizado o acto mencionado
anteriormente e levanta a sesión do que eu, como Secretario, dou fe.
Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en:
https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:RHC87FXE6WNLNUDU
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.