AUTORIZACION PATRIMONIO

Otros Documentos Ver licitación
DELEGACIÓN TERRITORIAL DA CORUÑA Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude Servizo do Patrimonio Cultural Expte. XTC-2025-1866.AUI RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DO PATRIMONIO CULTURAL SOBRE INTERVENCIÓN QUE AFECTA A UN BEN DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA EXPEDIENTE: XTC-2025-1866.AUI PROMOTOR: Concello INTERVENCIÓN: Mellora da capa de rodadura, Caamaño CONCELLO: Porto do Son ANTECEDENTES 1. O expediente iniciouse o día 19.08.2025 coa solicitude de autorización, remitida polo concello, con entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia núm. 2025/2275403. As obras viñan definidas no documento: “Proyecto de mejora de capa de rodadura en el núcleo de Caamaño, en la Parroquia de Caamaño, Ayuntamiento de Porto do Son (A Coruña)”, asinado en agosto de 2025 polo arquitecto Manuel Rodríguez Mourelle. Este expediente foi informado polos servizos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (en diante, DXPC), do que resultou unha resolución da DXPC do 25.09.2025 pola que non se autorizaron as obras solicitadas conforme a proposta achegada e se esixiu, para poder valorar a intervención, remitir un novo proxecto que corrixise as omisións e contradicións detectadas e incorporase fotografías dos ámbitos nos que se intervén, de xeito que se defina inequivocamente e a unha escala axeitada a actuación no contorno dos elementos protexidos, tal e como se indicaba no informe dos servizos técnicos. O día 15.10.2025 ten entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia nova documentación en relación ao expediente, entrada núm. 2025/2851202. A documentación que se achega é: “Anexo al proyecto de mejora de capa de rodadura en el núcleo de Caamaño, en la parroquia de Caamaño, Ayuntamiento de Porto do Son (A Coruña)”, asinado en outubro de 2025 polo arquitecto redactor do proxecto inicial, Manuel Rodríguez Mourelle. 2. Consta no expediente informe da arquitecta e da xefa da Sección de Arqueoloxía do Servizo de Patrimonio Cultural da Coruña no que se sinala que: “ [...] Con respecto á solicitude anterior, incorpórase anexo no que se realizan as seguintes aclaracións: • Os tramos 1 e 2 e sobreancho 1, pavimentaranse en aglomerado, se ben nas zonas de edificación, muros de peche, etc, deixarase unha franxa verde de 10-15 cm. • Os tramos 3, 4, 5 e 6 e sobreancho 6 recibirán unha capa final de formigón con acabado fratasado. Nestes tramos colocarase unha banda de pavimento de lastra de granito Branco Berrocal de 8x8x5, en cada lateral, nos encontros cos peches. • O encontro do pavimento do camiño coa fonte actualmente atópase a distinta altura; o desnivel está marcado por un bordo de granito con remate lateral en pedra e un pequeno canlón, que serve de recollida das augas sobrantes da fonte. O encontro neste punto da obra a obra farase retirando previamente o entroncamento do pavimento existente mediante o fresado do vial, e aglomerando leste de forma que o pavimento dispoñerá cun remate final igual ao actual. Fóra da zona da fonte, realizarase un sobreancho que estará delimitado polos muros de pedra existentes, deixando unha franxa verde de 10-15 cm. Rúa Vicente Ferrer, 2 15071 – A Coruña Telf.: 981182657 / 981182210 e-mail: patrimonio.cultura.coruna@xunta.es 1 de 3 nóicidnoc a neñet otnemucod etsed lepap ne saipoc sA .ogidóc etsed sévart a selbacifirev náres e aipoc ed evc/lag.atnux.edes//:sptth 6IlABFqdtDVL :EVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.