Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE NOIA INFORME XUSTIFICATIVO DA NECESIDADE DE CONTRATAR Expediente: 3686/2026 relacionado co da subvención 603/2026 Asunto: Licitación por Procedemento Aberto Simplificado para a execución das obras do proxecto "Mellora camiño en Obre-Noia" dentro das Actuacións en Camiños Rurais 2026-2027. 1. Antecedentes de feito Conforme ao indicado no artigo 28 da Lei 9/2027, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público ( LCSP): “As entidades do sector público non poderán celebrar outros contratos que aqueles que sexan necesarios para o cumprimento e realización dos seus fins institucionais. Para ese efecto, a natureza e extensión das necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato proxectado, así como a idoneidade do seu obxecto e contido para satisfacelas, cando se adxudique por un procedemento aberto, restrinxido ou negociado sen publicidade, deben ser determinadas con precisión, deixando constancia diso na documentación preparatoria, antes de iniciar o procedemento encamiñado á súa adxudicación”. Vista a Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España, en réxime de concorrencia non competitiva mediante tramitación anticipada de gasto, publicada no DOG n.º 24 do 5 de febreiro de 2026. Considerando que o obxecto destas subvencións estriba nas actuacións de mellora das infraestruturas rurais, en particular, os camiños rurais que facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio e contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias, nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado, e por ende, o investimento que proxecta acometer o Concello de Noia diríxense a mellora do camiño municipal de acceso ao Obre. As actuacións previstas se encadran dentro das competencias que lle corresponden ao concello, conforme ao previsto no artigo 25.2) da LBRL, onde se indica que os municipios exercerán como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e da CCAA, entre outras: “d) Infraestructura viaria y otros equipamientos de su titularidad” Asemade no artigo 26.1.a) da LBRL sinala que: “Los Municipios deberán prestar, en todo caso, los servicios siguientes: a) En todos los Municipios: ..., acceso a los núcleos de población y pavimentación de las vías públicas” En base a todo o anteriormente exposto, os servizos municipais do Concello de Noia encargan a redacción dun proxecto técnico “Mellora Camiño en Obre", que recolle un Presuposto Total de Base Impoñible (sen IVE) de 47.120,52€ e un Presuposto de WLF4KEDXEEH77FRSWC9SH6NH5 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.aion//:sptth :nóiccerroC 5 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.